Compromiso

OFERTA DE PRAZAS DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

Foto noticia
O Consorcio propón aos sindicatos comezar a executar este ano a oferta complementaria de emprego público de 2008
[09/02/2012] Representantes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e das organizacións sindicais mantiveron hoxe unha xuntanza para abordar diversas cuestións relativas ás condicións laborais dos traballadores dese organismo e á posta en marcha da axencia de servizos sociais.
Nese encontro, o xerente do Consorcio, Roberto Rodríguez, plantexou ás organizacións sindicais a posibilidade de comezar neste ano a execución da oferta complementaria de emprego público aprobada no ano 2008.

A execución desa oferta complementaria artellaríase en dúas fases, comenzando nun primeiro momento polas 178 prazas das escolas infantís (45 prazas de mestre, 106 de educadores infantís e 27 prazas de persoal de servizos xerais) e as dez prazas de persoal técnico dos servizos centrais do Consorcio.

Nunha segunda fase se convocarían as 65 prazas de persoal non técnico de centros de atención a persoas maiores do Consorcio e as 85 prazas de persoal técnico tamén dos centros de maiores, incluídas na mesma oferta complementaria.

Volver al listado de noticias

Nós Oposicións 2008-2012 Deseño web: Argos-Galaica