Compromiso

CONVOCATORIA CORREOS

Foto noticia
CONVOCATORIA BOLSAS EMPREGO EN CORREOS
No taboleiro de anuncios de Correos publicouse o 24 de xuño de 2011 a Convocatoria para a constitución de Bolsas de Emprego destinadas á cobertura temporal de postos operativos.
Os ámbitos xeográficos de cada Bolsa de Emprego son os que figuran relacionados no Anexo a esta convocatoria.
En cada ámbito xeográfico existirán como máximo catro bolsas de emprego:
  • Atención ao cliente
  • Axente/Clasificación
  • Repartición 1 (moto/servizos rurais motorizados)
  • Repartición 2 (pié/servizos rurais non motorizados)
Estas Bolsas perseguen o obxectivo de posibilitar a contratación de persoal laboral para atender, por distintas necesidades, a cobertura temporal dos postos mencionados de Correos.
Por isto recomendámos presentar a solicitude en prazo xa que Corréos utilizará estas Bolsas para chamar aos candidatos que as integren e por orde de puntuación.

TITULACIÓN E REQUISITOS
Educación Secundaria Obrigatoria, Graduado Escolar, ou titulación oficial que a substitúa ou coñecementos, experiencia e aptitudes no desempeño da súa profesión equivalentes a esta titulación.
Para a bolsa de Repartición en moto requirirase a posesión do permiso de conducir moto A, A1 (A2 antigo), ou a posesión do permiso de conducir B (B1 antigo), cunha antigüidade superior a tres anos salvo para os servizos rurais con automóbil.

SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse exclusivamente de forma online na páxina habilitada ao efecto en internet e na intranet de Correos.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 11 ao 29 de xullo de 2011, ambos inclusive.
 
DATOS DE INTERESE
1º CONVOCATORIA BOLSAS DE EMPREGO
2º CONVOCATORIA DE INGRESO EN CORREOS
Unha vez convocada a constitución das Bolsas de Emprego, espérase que en breve publíquese a Convocatoria de Ingreso en Correos. Aconsellámos que se inicie a preparación do exame que se deberá superar.

Volver al listado de noticias

Nós Oposicións 2008-2012 Deseño web: Argos-Galaica