981.927.420nosoposicions@nosoposicions.com Colabora con NósQuen somos

Mestres

Inicio / Mestres
I

OPOSICIÓN A MESTRES

A EXPERIENCIA DE LEVAR FORMANDO OPOSITORES DE EDUCACIÓN DENDE 2004.

      • EXCELENTES RESULTADOS NAS OPOSICIÓNS DE CONVOCATORIAS ANTERIORES.
      • PREPARADORES DA MÁXIMA SOLVENCIA E EXPERIENCIA.
      • PREPARACIÓN DE TODAS AS PARTES DA OPOSICIÓN (PRÁCTICOS, TEMAS, PROGRAMACIÓN, UNIDADES DIDÁCTICAS).
      • REALIZACIÓN DE SIMULACROS DE EXAME CON TRIBUNAIS.
      • POSIBILIDADE DE CONTAR COA COLABORACIÓN DUNHA COACHING PARA MELLORAR AS EXPOSICIÓNS ORAIS.
      • SEGUIMENTO PERSONALIZADO POR PARTE DO PREPARADOR/A.
      • CENTROS EN A CORUÑA, LUGO, SANTIAGO E VIGO.
OFERTA CURSO 2017-2018:

SE TE MATRICULAS ANTES DO 31 DE AGOSTO PARA A PREPARACIÓN DAS OPOSICIÓNS DE MESTRES E SECUNDARIA, PARA O CURSO 2017-2018, TERÁS:

  • MATRÍCULA GRATUÍTA.
  • IMPORTE DA MENSUALIDADE IGUAL AO DO CURSO DO CURSO 2012-2013.
  • PODERÁS ASISTIR A DUAS CLASES DE PROBA. SE DECIDES QUE NON TE CONVENCEN NON TERÁS NADA QUE ABOAR POR ELAS NIN TERÁS NINGUN TIPO DE COMPROMISO, E SÓ SE DECIDES QUEDARTE É CANDO AS TERÁS QUE PAGAR.

^ Subir

OFERTA 2017-2018

OFERTA FORMACIÓN 2017-2018:

SE TE MATRICULAS PARA A PREPARACIÓN DAS OPOSICIÓNS DE MESTRES E SECUNDARIA, PARA O CURSO 2017-2018, TERÁS:

  • DUAS CLASES DE PROBA DE XEITO GRATUITO. SE DECIDES QUE NON TE CONVENCEN NON TERÁS NADA QUE ABOAR POR ELAS NIN TERÁS NINGUN TIPO DE COMPROMISO, E SÓ SE DECIDES QUEDARTE É CANDO AS TERÁS QUE PAGAR.
  • MATRÍCULA GRATUITA.
  • IMPORTE DA MENSUALIDADE IGUAL AO DO CURSO 2012-2013.
  • NUMEROSOS GRUPOS DAS DISTINTAS ESPECIALIDADES PARA QUE SE ADAPTEN ÁS TUAS NECESIDADES.

^ Subir

Especialidades

^ Subir

Referentes

ESTADO.

Real Decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria decimo sétima da citada lei(BOE 2 de marzo de 2007)

GALICIA.

ORDE do 7 de abril de 2017 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

^ Subir

Requisitos

REQUISITOS

a) Ser do Estado Español ou dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea, ou nacional dalgún Estado ao cal lle sexa de aplicación a Directiva 2004/38/CE do Parlamento Europeo.

b) Ter cumpridos os dezaoito anos.

c) Estar en posesión das titulacións que se especifican:

  • Título de mestre ou o título de grao correspondente.
  • Título de profesor de educación xeral básica.
  • Título de mestre de ensino primario.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das funcións correspondentes ao corpo e especialidade a que se opta.

e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das administracións públicas, nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas.

f) Non ser funcionario de carreira, do corpo de mestres, en prácticas ou estar pendente do correspondente nomeamento como funcionario de carreira do corpo de mestres.

ACREDITACIÓN DO COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA

Proba de acreditación de coñecemento da lingua galega.

A acreditación do coñecemento da lingua galega realizarase coa presentación do certificado de coñecemento da lingua galega (Celga 4), ou da súa validación, do curso de perfeccionamento en lingua galega ou a súa validación, feita pola secretaría xeral ou órgano competente, o título de licenciado en filoloxía galego-portuguesa, o certificado de ter o curso de especialización en lingua galega.

Os tribunais valorarán esta proba como apto ou non-apto. Quedarán excluídas do procedemento selectivo as persoas cualificadas con non-aptas.

IDIOMAS MODERNOS

Todas as probas correspondentes ás especialidades de idiomas modernos desenvolveranse no idioma correspondente.

^ Subir

Proceso selectivo

CADRO INFORMATIVO SOBRE O SISTEMA DE SELECCIÓN

O sistema de ingreso na función pública docente será o de concurso-oposición.

FASE DE CONCURSO (33,3 % DO CONCURSO OPOSICION)

FASE DE OPOSICION (PROBA) (66,6 % DO CONCURSO OPOSICION)

PROBA
Proba A PROBA PRÁCTICA.
TEMA ESCRITO. Terá por obxecto a demostración dos coñecementos específicos necesarios para impartir docencia. Consistirá nodesenvolvemento por escrito dun tema elixido polo aspirante, de entre tres.
Proba B B.1) PRESENTACIÓN DUNHA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA.
B.2) PREPARACIÓN, EXPOSICIÓN E DEFENSA DUNHA UNIDADE DIDÁCTICA

PARTE A.

Terá dúas partes:

  • PROBA PRÁCTICA.
  • TEMA ESCRITO. Terá por obxecto a demostración dos coñecementos específicos necesarios para impartir docencia. Consistirá nodesenvolvemento por escrito dun tema elixido polo aspirante, de entre tres.

PARTE B.

Terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do aspirante e o seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente. Consistirá na presentación dunha programación didáctica e na preparación e exposición oral dunha unidade didáctica.

B.1) PRESENTACIÓN DUNHA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA.

A programación didáctica fará referencia ao currículo dunha materia ou módulo relacionado coa especialidade pola que se participa, na cal deberán especificarse os obxectivos, contidos, criterios de avaliación e metodoloxía, así como a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Esta programación corresponderase cun curso escolar da etapa educativa en que o profesorado da especialidade teña atribuída competencia docente para impartilo, elixido polo candidato, e deberá organizarse en unidades didácticas de tal maneira que cada unha delas se poida desenvolver completamente no tempo asignado para a súa exposición; en calquera caso, unha programación para un curso escolar deberá conter, como mínimo, 15 unidades didácticas que deberán estar enumeradas, e terá, sen incluír anexos, unha extensión máxima de 60 folios, formato DIN-A4, escritos a unha soa cara e dobre espazo interlineal, con letra tipo arial, tamaño de 12 puntos.

As programacións versarán sobre os currículos publicados no Diario Oficial de Galicia no momento da publicación da convocatoria.

Terá por obxecto a demostración dos coñecementos específicos necesarios para impartir a docencia. En especialidades de idiomas modernos, a programación redactarase integramente no idioma correspondente.

No caso de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe, esta B.1) terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do aspirante e o dominio das técnicas necesarias para o exercicio da súa función de asesoramento e orientación educativa. Consistirá na presentación dun plan de apoio para o alumnado con necesidades educativas específicas que deberá conter, como mínimo, seis programas de intervención. Este plan de apoio deberá basearse na normativa vixente e nas necesidades do alumnado, do centro e do contexto, e establecerá obxectivos, contidos, actividades, estratexias metodolóxicas, recursos materiais, humanos e organizativos, temporalización de accións, avaliación e propostas. Neste plan deberá prestarse especial relevancia á actuación do candidato como profesor de apoio.

B.2) PREPARACIÓN, EXPOSICIÓN E DEFENSA DUNHA UNIDADE DIDÁCTICA

O persoal aspirante elixirá unha unidade didáctica de entre tres extraídas ao chou por el mesmo da súa programación. Na elaboración da unidade didáctica deberán concretarse os obxectivos de aprendizaxe que se perseguen con ela, os seus contidos, as actividades de ensino e aprendizaxe que se van formular na aula, os seus procedementos de avaliación e a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

No suposto das especialidades de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe, esta parte da proba consistirá na elaboración e exposición oral dun programa de intervención de entre tres extraídos ao chou por el mesmo do seu plan de apoio para o alumnado con necesidades educativas específicas.

O persoal aspirante disporá dunha hora para a preparación da unidade didáctica ou do programa

de intervención, e poderá empregar o material que considere oportuno.

CUALIFICACIÓNS

PARTE A

Esta proba valorarase de cero a dez puntos. Cada unha das dúas partes das que consta deberá supor como mínimo tres puntos dos dez que comprenderá a valoración total desta proba.
Para a súa superación, os aspirantes deberán alcanzar unha puntuación mínima igual ou superior a cinco puntos, sendo esta o resultado de sumar as puntuacións correspondentes ás dúas partes. A estes efectos a puntuación obtida en cada unha das partes deberá ser igual ou superior ao 25 % da puntuación asignada ás mesmas.

PARTE B

Esta proba valorarase globalmente de cero a dez puntos, debendo alcanzar o aspirante, para a súa superación, unha puntuación igual ou superior a cinco puntos.Cada un dos exercicios da parte B valoraranse de 0 a 10 puntos.

CUALIFICACIÓN FINAL DA PROBA

De 0 a 10 puntos. En cada proba será necesario obter unha puntuación igual ou superior a 5 puntos para poder acceder á proba seguinte ou, no caso da última proba, para proceder á valoración da fase de concurso

ACCESO Á FASE DE CONCURSO

A cualificación final da proba expresarase en números de cero a dez, sendo necesario obter, polo menos, cinco puntos para poder acceder á fase de concurso.

O número de aspirantes que acceda á fase de concurso poderá ser superior ao número de prazas convocadas.

^ Subir

Temarios

Os temarios vixentes actualmente son os establecidos na Orde 9 de setembro de 1993 pola que se aproban os temarios que han de rexir… (BOE 21-09-1993).

TEMARIOS DO CORPO DE MESTRES

^ Subir

Convocatoria

As convocatorias soen saír no mes de marzo, abril ou incluso maio, sendo os exames contra o final do mes de xuño e durante o mes de xullo.

A preparación comeza nas ultimas semanas do mes de setembro e primeira do mes de outubro.

Se queres consultar a última convocatoria de mestres (curso 2016-2017) preme aquí

^ Subir

Contacto

Podes toparnos no teléfono: 981 927 420

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. CERRAR