981.927.420nosoposicions@nosoposicions.com Colabora con NósQuen somos

Garda Civil

Inicio / Garda Civil
I

OFERTA DE EMPREGO 2017

ESCALA DE CABOS E GARDAS DA GARDA CIVIL

CONVOCATORIA 2017: OFERTADAS 1801 PRAZAS

 

COMEZAMOS GRUPOS DE PREPARACIÓN:

  • 2 DE MAIO A CORUÑA.

QUE CHE OFRECEMOS ?

  • TEMARIOS: Elaboración de temarios propios actualizados con referencias lexislativas.
  • PROFESORADO: Todos os profesores/as preparadoras son especialistas na materia que imparten e funcionarios, tendo superada a oposición.
  • Preparador parte Teórica: Funcionario, Licenciado en Criminoloxía, e ampla experiencia na preparación de oposicións de Garda Civil.
  • Preparación Parte Física: Funcionario en activo, Licenciado en INEF, ampla experiencia na preparación de oposicións de Policia Nacional, Policía Local e Garda Civil. Preparación no pavillón de Riazor.
  • Preparadora Parte Psicotécnica: Doutora en Psicoloxía e con ampla experiencia na preparación deste tipo de probas.
  • PLANIFICACIÓN: A comezo de curso entregarémosche un “planing” no que se detallan data de entrega de todos os temas que compoñen a oposición, datas de realización dos simulacros…
  • AVALIACIÓN DO RENDEMENTO: A través das clases e dos distintos simulacros, farase un seguimento personalizado de cada alumno/a obtendo así un maior rendemento de cada opositor.
  • MATERIAL COMPLEMENTARIO: Entrega de referencias bibliográficas, documentos complementarios o que permite coñecer ao opositor cal é a realidade na que se vai a desenvolver e sobre a que se vai a examinar.
  • COMPROMISO: A seguridade no noso traballo e compromiso co alumnado lévanos a que asinemos un “contrato” no momento en que o opositor/a comece a preparación, no que nos comprometemos a levar a cabo o que publicitamos.
  • CLASES DE PROBA: Todos os centros e academias informan do alto número de aprobados dos seus alumnos, dos seus métodos de preparación innovadores e exclusivos… Nós simplemente che ofrecemos asistir a unha semana de clases de proba sen ningún compromiso para que sexas ti quen poidas valorar. Se decides que a nosa preparación non te convence non terás nada que aboar por esas clases nin terás ningún tipo de compromiso con Nós, e só se decides quedarte terás que pagar esas clases.
  • MATRÍCULA E MENSUALIDADE GRATUÍTA: O alumnado que faga efectiva a súa matrícula antes do 15 de abril de 2017 terá matrícula gratuíta.

 

O feito de obter unha PRAZA NUN PROCESO SELECTIVO da Administración:

  • Asegúrache un futuro laboral estable.
  • Dáche a posibilidade de poder conciliar dun xeito satisfactorio a vida laboral e persoal
  • Permíteche contribuír co teu traballo e compromiso a que haxa uns servizos públicos máis eficaces e que beneficien a todos.

PERO TEN EN CONTA QUE:

“Preparar unha oposición é unha tarefa difícil, complexa e longa, para a cal tes que estar comprometido/a e concienciado/a e onde en moitas ocasións vaste poñer ao límite das túas posibilidades.

Pero con traballo e esforzo máis tarde ou máis cedo o éxito chega e ese instante permanecerá inesquecible na túa memoria coma unha experiencia vital de loita, superación e satisfacción.”

 

REQUISITOS.

A modo meramente informativo.

  • Posuír a nacionalidade española.
  • Non estar privado dos dereitos civís.
  • Acreditar boa conduta cidadá, conforme ao establecido na Lei 68/1980, do 1 de decembro, sobre expedición de certificados e informes de conduta cidadá.
  • Carecer de antecedentes penais.
  • Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas nin inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas.
  • Compromiso de portar armas e, no seu caso, chegar a utilizalas.
  • Ter cumprimentos 18 anos de idade e non cumprir nin cumprir, dentro do ano en que se publique a correspondente convocatoria, a idade de 30 anos.
  • Posuír a aptitude psicofísica necesaria, que será acreditada mediante a superación das probas que determina na Orden de 9 de abril de 1996, con excepción dos exercicios físicos que se realizarán de acordo co establecido en cada convocatoria.
  • Estar en posesión ou en condicións de obter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou outro equivalente ou superior. Tamén será posible acceder a estes estudios, acreditando a superación da proba de acceso que recolle no artigo 41 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, referida ao acceso á Formación Profesional. PARA estes efectos, enténdese que se está en condicións de obter a titulación cando no prazo de presentación de solicitudes se superen os correspondentes plans de estudios ou probas que permiten acceder ás mencionadas titulacións ou ensinanzas. Para equivalencias co título de Graduado en Eso, consultar a Orden EDU/1603/2009, de 10 de xuño (BOE núm. 146, de 17-06-2009).
  • Estar en posesión do permiso de condución da clase B, ou en condicións de obtelo no prazo de presentación de solicitudes.
  • Estatura mínima de 1.65 nos homes e 1.60 nas mulleres.

PROCESO SELECTIVO (FASE DE OPOSICIÓN)

O proceso selectivo consiste nun concurso-oposición seguido dun período de formación. O concurso oposición divídese nos seguintes exercicios:

Proba de ortografía: 10 min para a realización dun exercicio por escrito, non se pode superar o número de faltas marcado por convocatoria. Aqueles aspirantes que sexan cualificados como non aptos quedarán eliminados do proceso selectivo.

Proba de coñecementos: Hora e media para contestar a un cuestionario de 100 preguntas sobre o temario, formado este por 25 temas, dos cáles 16 son temas xurídicos, 4 de temas socio-culturais e 5 de materias técnicas. Será necesario obter unha puntuación mínima de 25 puntos, aqueles que non alcancen esta puntuación quedarán fóra do proceso selectivo.

Lingua estranxeira: 20 minutos para a realización dun cuestionario de 20 preguntas sobre o idioma elixido polo aspirante (inglés ou francés). Non ten carácter eliminatorio.

Psicotécnicos: Esta proba está dividida en dúas partes, por un lado aptitudes intelectuais a través dun test de intelixencia xeral para avaliar as capacidades de aprendizaxe, razoamento e potencial cognitivo e por outro lado un perfil de personalidade a través de test que avalíen a personalidade, as aptitudes e as motivacións do aspirante. Esta proba valorarase de 0 a 30 puntos.

Para aqueles aspirantes que superen as probas de ortografía e coñecementos, que xunto os de lingua estranxeira e Psicotécnicos forman parte da fase de oposición, a cualificación de conxunto destas probas será o resultado de sumar as puntuacións de coñecementos e de lingua estranxeira máis o resultado de dividir a cualificación da proba psicotécnica entre 2.

Unha vez obtida a cualificación de cada un dos aspirantes e ordenados estes de maior a menor puntuación pasarán a realizar as probas de aptitude psicofísica un número suficiente que considere o Tribunal para cubrir a totalidade das prazas ofertadas.

Aptitude Psicofísica:

Acreditarase mediante a realización de:

Exercicios Físicos:

Velocidade: 50 m en pista nun tempo non superior a 8,30 segundos os homes e 9,40 as mulleres. Permitiranse 2 intentos.

Resistencia Muscular: 1000 m en pista, a distancia cubrirase en tempo non superior a 4 min 10 seg para os homes e 4 min 50 seg para as mulleres.

Proba extensora do tren superior: (Flexións). Homes número non inferior a 18 e mulleres non inferior a 14. Permitiranse dous intentos espazados.

Proba de natación: Un único intento para percorrer 50 m en piscina en estilo libre nun tempo non superior a 70 segundos os homes e 75 segundos as mulleres.

A cualificación dos exercicios será de apto ou non apto. Cualificaranse como non apto aqueles que non logren superar todos os exercicios.

Para a realización dos exercicios, os aspirantes teñen que entregar ao Tribunal de selección, antes do seu inicio un Certificado Médico Oficial expedido nos 15 días anteriores no que se faga constar que o aspirante reúne as condicións físicas para realizar os exercicios.

Recoñecemento médico:

Aplicarase o cadro médico de exclusións da Orde do 9 de Abril de 1996.BOE núm.92, do 16 de Abril. (axúntocho).Os aspirantes serán cualificados como “aptos” ou “non aptos”.

Entrevista persoal:

Destinada a contrastar e ampliar os resultados das probas psicotécnicas e para determinar a adecuación do candidato ao perfil de profesional da Garda Civil. Será realizada por membros do Tribunal de selección. Serán cualificados como “aptos” ou “non aptos”.

A puntuación final das probas selectivas será o resultante de sumar as puntuacións obtidas na fase de concurso e na fase de oposición. Os aspirantes que superaran todas as probas serán ordenados de maior a menor puntuación dentro de cada unha das modalidades de ingreso.

Os aspirantes admitidos como alumnos presentaranse na academia de Gardas e Suboficiais da Garda Civil de Baeza. (Jaén)

FASE DE CONCURSO

A fase de concurso consistirá na valoración dos méritos académicos e profesionais achegados polo admitido ás probas, que se valorarán de acordo ás puntuacións sinaladas na convocatoria. (Consulta a valoración dos méritos, premendo aquí)

PERIODO DE FORMACIÓN

O plan de estudios divídese en 2 períodos, o primeiro nun centro de formación 1060horas e o segundo de formación en prácticas naquelas unidades do corpo que designe a Dirección Xeral de Policía e Garda Civil e coa duración de 40 semanas.

Os alumnos que superen o plan de estudios accederán á Escala de Cabos e Gardas con emprego de Garda Civil.

TEMARIO

  • CIENCIAS JURÍDICAS
  • MATERIAS SOCIO-CULTURALES
  • MATERIAS TÉCNICO-CIENTÍFICAS

CIENCIAS XURÍDICAS

Tema 1. – A Constitución Española de 1978. Características xerais e principios inspiradores. Estrutura. Título preliminar.

Tema 2. – Título I. Dereitos e deberes fundamentais.

Tema 3. – Título II. A Coroa.

Tema 4. – Título III. As Cortes Xerais.

Tema 5. – Título IV. O Goberno e a Administración. Título V. Relacións entre o Goberno e as Cortes Xerais. Título VI. O Poder Xudicial.

Tema 6. – Título VIII. Organización territorial do Estado.

Tema 7. – Título IX. Tribunal Constitucional. Título X. Reforma constitucional.

Tema 8. – Dereito Penal. Concepto. Principios xerais do Dereito. Concepto de delito e falta. Dolo e culpa. Suxeitos e obxecto de delito. Persoas responsables de delitos e faltas. Graos punibles de perpetración de delitos e faltas. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal.

Tema 9. – Delitos contra a Administración Pública. Delitos cometidos por funcionarios públicos contra as garantías constitucionais.

Tema 10. – O Dereito Procesal Penal. A Lei de Axuizamento Criminal e o Proceso Penal. Xurisdición e competencia. Primeiras dilixencias. A acción penal. Concepto de denuncia. Obriga de denunciar. A denuncia. Formalidades e efectos. A querela.

Tema 11. – A Policía Xudicial. Composición. Misión. Forma de actuación. Dependencia e relación coas autoridades xudiciais.

Tema 12. – A detención: Quen e cando poden deter. Prazos, Procedemento de “habeas corpus”. Entrada e rexistro en lugar pechado.

Tema 13. – Dos Corpos e Forzas de Seguridade. Principios básicos de actuación. Disposicións estatutarias comúns. Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Funcións. Competencias. Estrutura policial en España. Corpos dependentes do Goberno da nación. Corpos dependentes das Comunidades Autónomas e das Comunidades Locais.

Tema 14. – O Corpo da Garda Civil. Natureza militar. Estrutura. Dependencias. Funcións.

Tema 15. – Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Obxecto. Ámbito e principios xerais. Das Administracións Públicas e as súas relacións. Órganos. Dos interesados. A actividade das Administracións Públicas.

Tema 16. – Disposicións e actos administrativos. Disposicións xerais sobre os procedementos administrativos. Revisión dos actos en vía administrativa. Potestade sancionadora. A responsabilidade das Administracións Públicas, das súas autoridades e demais persoal ao seu servizo. O recurso contencioso-administrativo.

MATERIAS SOCIOCULTURAIS

Tema 17. Protección civil. Definición. Fundamento xurídico. Principios informadores da protección civil. Participantes. Clasificación das situacións de emerxencia. Esquema xerárquico. Funcións da protección civil.

Tema 18. Organizacións internacionais. Evolución histórica. Concepto e carácteres das organizacións internacionais. Clasificación. Natureza, estrutura e funcións: Nacións Unidade, Consello de Europa, Unión Europea e Organización do Tratado do Atlántico Norte.

Tema 19. Dereitos humanos. A Declaración Universal de Dereitos Humanos. Dereitos civís, políticos, económicos, sociais e culturais. Os pactos internacionais de dereitos humanos. A Comisión de Dereitos Humanos: Procedementos de protección. O Consello de Europa. A Carta de Turín. A Convención de Roma: Procedementos de protección.

Tema 20. Ecoloxía. Funcións de relación dos seres vivos. O medio. Factores físicos: Chan, luz, temperatura e humidade. Factores biolóxicos. Asociacións. Poboación e comunidade. Ecosistema. Compoñentes. Tipos: Terrestre e acuático. O equilibrio ecolóxico. Agresións ao medio. Contaminación. Residuos.

MATERIAS TÉCNICO-CIENTÍFICAS

Tema 21. Electricidade e electromagnetismo. Corrente eléctrica. Tensión, intensidade e resistencia. Lei de Ohm. Asociación de compoñentes eléctricos. Caída de tensión. Enerxía da corrente eléctrica. Potencia eléctrica. Magnetismo. Campo magnético. Fluxo magnético. Permeabilidade magnética. Campo magnético creado pola corrente eléctrica. Solenoide, electroimán e relé. Forza electromotora inducida. Forza electromotora de autoinducción.

Tema 22. Transmisións. Os elementos das comunicacións. Espectro de frecuencias. Concepto de malla e canle de traballo. Dificultades no enlace en malla en VHF e UHF. Servizos de usuario ou modos de traballo. Transmisores e receptores de radio (AM e FM). Equipos repetidores. As ondas electromagnéticas. Propagación e alcances. Antenas. Fontes de alimentación.

Tema 23. Automobilismo. Mecánica do automóbil. Motores: Clases. Cilindros. Tempos. Regraxes. Motor diésel. Pistón. Biela. Cegoñal. Volante. Cárter. Motor de dous tempos. Alimentación en motores de explosión e diésel. Lubricación. Refrixeración. Mecanismos de transmisión. Suspensión. Dirección. Freos. Electricidade do automóbil. Sistemas de arranque. Dínamo. Alternador. Batería. Motor de arranque. Distribución.

Tema 24. Informática. Introdución á informática. Funcións e fases dun proceso de datos. O ordenador e as súas unidades de entrada, cálculo e saída. Concepto de programa e tipos. Concepto do sistema operativo e as súas funcións. Almacenamento da información: Concepto de ficheiro.

Tema 25. Topografía. Elementos xeográficos: Eixe terrestre, polos, meridiano, paralelo, ecuador, puntos cardinais, coordenadas xeográficas, acimut e rumbo. Unidades xeométricas de medida: Unidades lineais, escalas numérica e gráfica, unidades angulares. Representación do terreo: Planimetría e altimetría, clases de terreo, accidentes do terreo, sistema de planos acoutados, pendente entre dous puntos.

CONVOCATORIAS

NOTAS DE INTERESE

CALENDARIO

Na primeira parte do ano soe convocarse Oferta de Emprego, a convocatoria adoita saír nos meses de Maio ou xuño, e ao pouco comezan as probas.

EVOLUCIÓN DO NÚMERO DE PRAZAS NOS ULTIMOS ANOS.

Ano 2005 ofertáronse 3500 prazas

Ano 2006,  5000 prazas

Ano 2007, 5000 prazas

Ano 2008, 5000 prazas

Ano 2009, 2283 prazas

Ano 2010, 116 prazas

Ano 2011, 162 prazas

Ano 2012, 126 prazas

Ano 2014, 159 prazas

Ano 2015, 820 prazas

Ano 2016, 1734 prazas

Nos últimos anos está habendo un número crecente de prazas convocadas e ademais ata o momento convocarónse prazas todos os anos.

Contacto

Podes toparnos no teléfono: 981 927 420

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. CERRAR