Garda civil. Ofertadas 1801 prazas. Comezo grupos de preparación

Con data 1 de abril publicouse a Oferta de Emprego da Escala de Cabos e Gardas da Garda Civil para o 2017.  Ante esta nova en Nós Oposicións comezamos grupos de preparación:

  • 2 DE MAIO NO CENTRO DA CORUÑA.

OFERTADAS 1801 PRAZAS

CARACTERÍSTICAS DA PREPARACIÓN:

  • TEMARIOS: Elaboración de temarios propios actualizados con referencias lexislativas.
  • PROFESORADO: Todos os profesores/as preparadoras son especialistas na materia que imparten e funcionarios, tendo superada a oposición.
  • Preparador parte Teórica: Funcionario, Licenciado en Criminoloxía, e ampla experiencia na preparación de oposicións de Garda Civil.
  • Preparación Parte Física: Funcionario en activo, Licenciado en INEF, ampla experiencia na preparación de oposicións de Policia Nacional, Policía Local e Garda Civil. Preparación no pavillón de Riazor.
  • Preparadora Parte Psicotécnica: Doutora en Psicoloxía e con ampla experiencia na preparación deste tipo de probas.
  • CLASES DE PROBA: Todos os centros e academias informan do alto número de aprobados dos seus alumnos, dos seus métodos de preparación innovadores e exclusivos… Nós simplemente che ofrecemos asistir a unha semana de clases de proba sen ningún compromiso para que sexas ti quen poidas valorar. Se decides que a nosa preparación non te convence non terás nada que aboar por esas clases nin terás ningún tipo de compromiso con Nós, e só se decides quedarte terás que pagar esas clases.
  • MATRÍCULA E MENSUALIDADE GRATUÍTA: O alumnado que faga efectiva a súa matrícula antes do 21 de abril de 2017 terá matrícula gratuíta.

O feito de obter unha PRAZA NUN PROCESO SELECTIVO da Administración:

  • Asegúrache un futuro laboral estable.
  • Dáche a posibilidade de poder conciliar dun xeito satisfactorio a vida laboral e persoal
  • Permíteche contribuír co teu traballo e compromiso a que haxa uns servizos públicos máis eficaces e que beneficien a todos.

PERO TEN EN CONTA QUE:

“Preparar unha oposición é unha tarefa difícil, complexa e longa, para a cal tes que estar comprometido/a e concienciado/a e onde en moitas ocasións vaste poñer ao límite das túas posibilidades.

Pero con traballo e esforzo máis tarde ou máis cedo o éxito chega e ese instante permanecerá inesquecible na túa memoria coma unha experiencia vital de loita, superación e satisfacción.”

EVOLUCIÓN DO NÚMERO DE PRAZAS NOS ULTIMOS ANOS.

Ano 2005 ofertáronse 3500 prazas

Ano 2006,  5000 prazas

Ano 2007, 5000 prazas

Ano 2008, 5000 prazas

Ano 2009, 2283 prazas

Ano 2010, 116 prazas

Ano 2011, 162 prazas

Ano 2012, 126 prazas

Ano 2014, 159 prazas

Ano 2015, 820 prazas

Ano 2016, 1734 prazas

Nos últimos anos está habendo un número crecente de prazas convocadas e ademais ata o momento convocarónse prazas todos os anos.

Scroll al inicio