981.927.420nosoposicions@nosoposicions.com Colabora con NósQuen somos

EIR Enfermería

Inicio / EIR Enfermería
I

EIR ENFERMERIA

QUE CHE OFRECEMOS?

QUE CHE OFRECEMOS?

  • MATERIAL ACTUALIZADO,
  • SIMULACROS SEMANAIS DE TEST E
  • CORRECIÓN CON EXPLICACIÓN DOS MESMOS
  • PROFESORADO

MATERIAL ACTUALIZADO

Cada semana entregarase material relacionado con cada bloque de preparación (Anatomía, Bioquímica, Farmacoloxía, Neuroloxía…) especialmente deseñado para preparar o exame E.I.R.

SIMULACROS TEST

En cada clase semanal faranse simulacros de test, baseándonos nos exames de convocatorias anteriores e así mesmo prepararemos novas preguntas relacionadas cos distintos bloques de preparación (Anatomía, Bioquímica…).

PROFESORADO PREPARADOR

Os profesores/as preparadoras son especialistas na materia que imparten e funcionarios en activo, exercendo o seu labor profesional no ámbito sanitario público.

COORDINACIÓN PREPARACIÓN

A coordinación da preparación recaerá sobre dúas preparadoras con ampla experiencia nun caso na preparación de opositores e noutro como coordinadora de alumnado EIR en prácticas. Deste xeito consideramos que podemos facer un deseño da preparación que se axuste ás necesidades reais do alumnado.

^ Subir

ORGANIZACIÓN DA PREPARACIÓN

Ten un carácter intensivo de duración 4.30-5 horas aproximadamente e son unha vez á semana e teñen a seguinte estrutura:

  • REALIZACIÓN DE TEST DO BLOQUE TRABALLADO A SEMANA ANTERIOR.
  • CORRECCIÓN E REPASO DO TEST COA PERTINENTE ACLARACIÓN DE DÚBIDAS AO ALUMNADO.
  • BREVE DESCANSO
  • EXPLICACIÓN DUN NOVO BLOQUE DE COÑECEMENTOS

REPASOS E SIMULACROS

Unha vez rematado o traballo con todos os bloques de coñecemento, comezaremos a realización de simulacros e repasos intensivos de todo o visto para que poidamos afianzar o traballado durante a preparación.

PLANIFICACIÓN

A comezo de curso entregarémosche un “planing” no que se detallan data de entrega de todos os bloques que compoñen a preparación, datas de realización dos simulacros, tempo adicado ao repaso xeral das distintas partes…

AVALIACIÓN DO RENDEMENTO

A través das clases e dos distintos simulacros de test, farase un seguimento personalizado de cada alumno/a obtendo así un maior rendemento de cada opositor.

MATERIAL COMPLEMENTARIO

Entrega de referencias bibliográficas, documentos complementarios para afondar nos distintos bloques se se desexa.

^ Subir

OFERTA

CLASES

O alumno/a poderá asistir a dúas clases de proba da preparación. Se decide continuar coa preparación aboará as clases ás que asistiu. Se decide non continuar coa preparación non terá nada que aboar polas dúas clases recibidas.

^ Subir

Contacto

Podes toparnos no teléfono: 981 927 420

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. CERRAR