Tema 1. A Constitución española de 1978: Estrutura e contido. As atribucións da Coroa. As Cortes Xerais: Composición, atribucións e funcionamento. A elaboración das leis. O Tribunal Constitucional. Composición e funcións.
Tema 2. Os Dereitos Humanos no ámbito universal, europeo e español. A igualdade efectiva entre homes e mulleres. O artigo 14 da C.E.: A non discriminación por razón de sexo. A igualdade de sexo no ámbito xurídico civil. Consecuencias penais da discriminación por razón de sexo. A igualdade de sexo no ámbito xurídico laboral. A conciliación familiar.
Tema 3. O Goberno e a Administración. O Presidente do Goberno. O Consello de Ministros. Organización administrativa española: Ministros, Secretarios de Estado, Subsecretarios e Directores Xerais. A Administración periférica do Estado. Os Delegados de Goberno na Comunidade Autónoma e os Subdelegados de Goberno.
Tema 4. Organización territorial do Estado na Constitución. O Estado das Autonomías. As Comunidades Autónomas: A súa constitución e competencias. Os Estatutos de Autonomía. A Administración Local. A provincia e o municipio.
Tema 5. A Unión Europea. Competencias da UE. Institucións e órganos da Unión Europea: o Parlamento Europeo, o Consello Europeo, o Consello de Ministros da Unión Europea, a Comisión Europea, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, o Tribunal de Contas.
Tema 6. O Poder Xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial: composición e funcións. A xurisdición: Xuíces e Maxistrados: funcións e competencias. A independencia xudicial. O Ministerio Fiscal: organización e funcións. Sistemas de acceso ás carreiras xudicial e fiscal. Tema 7. Exame da organización e competencia do Tribunal Supremo, da Audiencia Nacional, dos Tribunais Superiores e das Audiencias Provinciais.
Tema 8. Exame da organización e competencia.?Xulgados de Primeira Instancia e Instrución. Xulgados do Penal. Xulgados do Contencioso-Administrativo. Xulgados do Social. Xulgados de Vixilancia Penal. Xulgados de Menores. Xulgados Mercantís, e o Tribunal de Marca Comunitaria de Alacante, Xulgados de Violencia sobre a muller e Xulgados de Paz.
Tema 9. A carta de Dereitos dos Cidadáns ante a Xustiza. Dereitos de información, de atención e xestión, de identificación de actuacións e funcionarios, dereitos lingüísticos. Dereitos fronte aos profesionais que asisten e representan ao cidadán: Avogados, Procuradores, Graduados Sociais. O Dereito á Xustiza Gratuíta na Carta de Dereitos. O plan de Transparencia Xudicial.
Tema 10. A modernización da oficina xudicial. A nova oficina xudicial A súa regulación na Lei Orgánica do Poder Xudicial. A administración de xustiza e as novas tecnoloxías. Código de Conduta para usuarios de equipos e sistemas informáticos ao servizo da Administración de Xustiza. O expediente dixital e a presentación telemática de escritos e documentos. A firma dixital, o correo electrónico. Incidencia da lexislación de protección de datos no uso das aplicacións informáticas.
Tema 11. O Secretario Xudicial na Lei Orgánica do Poder Xudicial: funcións e competencias. Ordenación do corpo superior xurídico de Secretarios Xudiciais: Secretario de Goberno e Secretarios Coordinadores.
Tema 12. Corpos de Funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza. Corpos Xerais e Corpos Especiais: Definición e Corpos que os integran. Corpos Especiais: O Corpo de Médicos Forenses: Funcións.
Tema 13. Os Corpos Xerais (I): Funcións. Formas de acceso. Promoción interna. Adquisición e perda da condición de funcionarios. A rehabilitación. Dereitos, deberes e incompatibilidades. Xornada e horarios. Vacacións, permisos e licenzas.
Tema 14. Os Corpos Xerais (II): Situacións administrativas. Ordenación da actividade profesional. Provisión de postos de traballo. Réxime disciplinario.
Tema 15. Liberdade sindical.?O Sindicato na Constitución Española. Eleccións sindicais segundo a Lei de órganos de representación e o Estatuto Básico do Empregado Público. O dereito de folga. Saúde e prevención de riscos laborais.
Tema 16. Os procedementos declarativos na Lei de Enxuizamento Civil: xuízo ordinario e verbal.
Tema 17. Os procedementos de execución na Lei de Enxuizamento Civil. Clases de execución: disposicións xerais de cada unha delas. Especial referencia á libranza de mandamentos, efectividade dos embargos acordados no decreto acordando medidas executivas concretas para levar a cabo o disposto pola orde xeral de execución e nos decretos de mellora, investigación patrimonial, preparación procesual da vía de prema de mobles e inmobles, actas de celebración de poxas e trámite de depósito xudicial. As medidas cautelares.
Tema 18. Procesos especiais na Lei de Enxuizamento Civil. Especial consideración aos procesos matrimoniais e ao proceso monitorio. O requirimento de pago no procedemento monitorio. O xuízo cambiario.
Tema 19. A xurisdición voluntaria: Natureza e clases de procedementos. Especial referencia aos actos de conciliación.
Tema 20. Os procedementos penais na Lei de Enxuizamento Criminal; ordinario, abreviado e de xurado.
Tema 21. Procedemento de xuízo de faltas. Xuízos Rápidos. A execución no proceso penal, con especial referencia á execución das faltas. A peza de responsabilidade civil no proceso penal.
Tema 22. Recurso contencioso-administrativo. Procedemento ordinario, abreviado e especiais.
Tema 23. O proceso laboral. Procedemento ordinario. Procedemento por despedimento. Procesos de seguridade social.
Tema 24. Recursos. Cuestións xerais sobre o dereito ao recurso. O deposito para recorrer. Os recursos no ámbito civil: Reposición, revisión contra resolucións do Secretario Xudicial, queixa, apelación, e os recursos extraordinarios de infracción procesual e casación. Os recursos no procedemento penal: reforma, apelación e queixa e Recursos extraordinarios. Os recursos contra as resolucións do Secretario Xudicial.
Tema 25. Lugar e Tempo das Actuacións Xudiciais: días e horas hábiles; prazos e termos; os termos xudiciais no proceso penal.
Tema 26. Os actos procesuais do Xuíz: as Resolucións Xudiciais. Especialidades no proceso penal. Os Decretos do Ministerio Fiscal. Os actos procesuais do Secretario Xudicial: As Resolucións dos Secretarios Xudiciais.
Tema 27. Os actos de comunicación con outros Tribunais e Autoridades: oficios e mandamentos. O auxilio xudicial: os exhortos e os mandamentos no proceso penal. Cooperación xurídica internacional: as comisións rogatorias.
Tema 28. Actos de comunicación ás partes e outros intervinientes no proceso: notificacións, requirimentos, citacións e emprazamentos. Notificacións, citacións e mandamentos no proceso penal. Formas de notificación e novas tecnoloxías.
Tema 29. O Rexistro Civil. Organización actual dos Rexistros Civís en España. Funcionarios encargados dos mesmos. Libros e Seccións do Rexistro. Libros auxiliares.
Tema 30. Actas do Rexistro. Inscricións de nacemento, matrimonio e defunción. Nacionalidade e veciñanza civil. Certificacións. expedientes do Rexistro Civil.
Tema 31. Conceptos de arquivo xudicial e de documentación xudicial en relación coa lexislación vixente en materia de arquivos xudiciais. Formas de remisión de documentación xudicial e relacións documentais. Novas tecnoloxías nos arquivos xudiciais de xestión. As xuntas de expurgo da documentación xudicial.
CONVOCATORIA 2011
|
CATEGORIA
|
Nº DE PRAZAS
|
TITULACIÓN REQUERIDA
|
DATAS DE INTERESE
|
|---|---|---|---|
| TRAMITACIÓN PROCESAL E ADMINISTRATIVA | 394 PRAZAS INGRESO LIBRE | Título de Bacharelato ou Equivalente | Publicación oferta no BOE do 1 de marzo de 2011 |