TRABALLADOR SOCIAL
-
PROBAS/EXAMES
-
TEMARIO
-
CONVOCATORIAS
PROBAS/EXAMES
a) Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio:
Consistirá en contestar por escrito un grupo de 75 preguntas tipo test con respostas alternativas propostas polo tribunal, que será o resultante do sorteo entre dous cuestionarios elaborados previamente por aquel e relativos ao contido da parte xeral e específica do programa correspondente a cada categoría. A porcentaxe máxima de preguntas da parte xeral do temario será o 30% do total das preguntas.
No devandito test poderán poñerse ata cinco preguntas máis de reserva para o caso de que se anule algunha das mencionadas anteriormente. O tempo máximo para a realización deste exercicio será de dúas (2) horas.
Os interesados poderán formular alegacións no prazo de tres días hábiles seguintes á realización do exercicio. Cando remate o exercicio, cada opositor poderá obter copia del.
No prazo das 24 horas seguintes á realización do exercicio farase público no lugar onde se realice o exercicio o modelo das respostas correctas do test. Cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 10 puntos, correspondéndolle ao tribunal determinar o número de despostas exixido para acadar a puntuación mínima. Para iso terase en conta que por cada tres despostas incorrectas se descontará unha correcta. Este exercicio celebrarase no prazo máximo de corenta días desde a constitución do tribunal que xulgue as probas. O presidente do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que este exercicio sexa corrixido sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados. O tribunal excluirá aqueles candidatos con exercicios en que figuren marcas ou signos que permitan coñecer a identidade do opositor.
b) Segundo exercicio, de carácter eliminatorio, consistirá:
b.1. Na resolución de dous supostos prácticos con preguntas tipo test con respostas alternativas, relacionados coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría ou
b.2. Nunha proba práctica relacionada coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría.
As modalidades b.1 ou b.2 aplicaranse para cada categoría segundo o fixado no anexo I.
Para a realización deste exercicio disporase dun tempo máximo de tres (3).
O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 5 puntos, correspondéndolle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar a puntuación mínima. Tendo en conta que por cada resposta incorrecta non se descontará ningunha resposta correcta.
As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.
O exercicio realizarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de 40 días.
c) Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio:
Os aspirantes, no prazo máximo de catro (4) horas, deberán desenvolver por escrito dous temas, obtidos mediante sorteo polo tribunal, un deles, que se elixirá de entre dous, correspondente á parte xeral e outro, que se elixirá de entre dous, correspondente á parte específica do programa de cada categoría.
As contestacións deste exercicio cualificaranse de 0 a 20 puntos, e é preciso para superalo obter como mínimo 10 puntos; corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar a puntuación mínima.
As puntuacións finais publicaranse unha vez finalizada a corrección da totalidade dos exercicios. O exercicio realizarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de 40 días.
d) Cuarto exercicio, de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:
Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.
Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.
O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.
Este exercicio cualificarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obter a cualificación de apto.
TEMARIO
Tema 1. A acción social. Concepto e etapas históricas.Política social. O estado de benestar. A crise do estado do benestar. Modelos alternativos.
Tema 2. Política social na UE. A Carta Social Europea. O Fondo Social Europeo. O plan europeo de loita contra a pobreza.
Tema 3. Marco legal dos servizos sociais: Constitución española, O Estatuto de autonomía, a Lei de bases de réxime local. A Lei de servizos sociais de Galicia: estrutura e contido.
Tema 4. Lei galega de medidas básicas para a inserción social. Antecedentes e fundamentación. Estrutura e contido. Normas de desenvolvemento.
Tema 5. O sistema español de Seguridade Social. Lei protectora. Pensións non contributivas. Modalidades. Requisitos.
Tema 6. Fundamentos, principios e funcións do traballo social. O obxecto do traballo social: suxeito, obxecto e contido. Obxectivos, etapas e metas. Niveis de intervención no traballo social.
Tema 7. Proceso metodolóxico no traballo social. Correntes metodolóxicas. Proceso metodolóxico na planificación: aproximación á realidade social. Formulación de prioridades. Planificación. Programación. Execución. Avaliación. Incorporación do principio de mainstreaming.
Tema 8. Técnicas en traballo social: instrumentais, de coñecemento, de intervención, de avaliación.
Tema 9. A investigación en traballo social. As necesidades sociais. Tipoloxía, identificación e medida. Obxectivación. Técnicas aplicables. O traballo social como tecnoloxía.
Tema 10. O traballador social como membro dun equipo interdisciplinar: fundamento, funcións e principios básicos como técnico e nos diferentes ámbitos de intervención. Deontoloxía e ética profesional. Os códigos de ética no traballo social en relación co usuario, as institucións e outros profesionais.
Tema 11. Os servizos sociais. Concepto. Os servizos sociais e a Administración pública a nivel estatal, autonómico e local. Organización e competencia. Sistema económico. Cooperación e coordinación.
Tema 12. Servizos sociais de Atención Primaria. Principios que os inspiran e obxectivos. Competencias e organización. Equipamentos e prestacións básicas que garanten. Equipos técnicos. Plan concertado.
Tema 13. Os servizos sociais especializados. Concepto. Competencias e organización. Referencias legais. Equipamentos.
Tema 14. Servizos sociais especializados en institucións. As institucións e a relación coa sociedade. Correntes desinstitucionalizadoras. O traballo social en institucións.
Tema 15. Servizos sociais especializados I: infancia e adolescencia. Normativa reguladora de menores. Lei 21/1987 e desenvolvemento na Comunidade Autónoma; principais modificacións que introduce. Programas de actuación. Equipos do menor; composición, funcións e metodoloxía de intervención. Papel do traballador social.
Tema 16. Servizos sociais especializados II: infancia e adolescencia. Os malos tratos na infancia. Definición. Tipoloxía. Factores de risco. O proceso de intervención perante o maltrato infantil. Prevención, detección e tratamento social. Inadaptación social e conduta delituosa na adolescencia.
Tema 17. Servizos sociais especializados III: infancia e adolescencia. Institucións para a infancia e a mocidade na Comunidade Autónoma. Problemática do menor institucionalizado.
Tema 18. Servizos sociais especializados IV: familia. Definición do traballo social con familias e grupos. Enfoques e correntes actuais.
Tema 19. Servizos sociais especializados V: muller. Políticas sociais actuais para mulleres. O papel do profesional nos servizos sociais de atención á muller en situación de necesidade. Violencia de xénero. A situación en Galicia: problemática, recursos, organización administrativa.
Tema 20. Servizos sociais especializados VI: minusválidos físicos, psíquicos e sensoriais. A Lei de integración social do minusválido (LISMI). Normas de desenvolvemento. Necesidades e recursos: centros e servizos especializados, acollemento familiar e axuda a domicilio, axudas e subvencións. O papel do traballador social na acción integradora nos niveis laboral, educativo, de ocio e tempo libre.
Tema 21. Servizos sociais especializados VII: vellez. Aspectos sociais do envellecemento. Necesidades sociais e recursos: institucións abertas e pechadas, servizos de apoio, axuda a domicilio e acollemento familiar. Datos demográficos e proxeccións da poboación en Galicia. O traballo social na vellez.
Tema 22. Servizos sociais especializados VIII: drogodependencias. Concepto. Aspectos sociais do drogodependente. Prevención, tratamento e rehabilitación social. Reinserción social. Servizos e recursos. Plan autonómico de drogodependencia.
Tema 23. Servizos sociais especializados IX: minorías étnicas. Características e necesidades sociais. Recursos. Aspectos demográficos. Problemática específica e medidas para a integración social.
Tema 24. Organizacións non gobernamentais. Concepto. Tipos. Sistema de financiamento. Organización e coordinación coas distintas administracións.
Tema 25. Asociacionismo e voluntariado social. Concepto, características e normativa que os regula. Organización. Sistema de financiamento. Organización e coordinación coas distintas administracións (autonómica e local). Novas tendencias no voluntariado social.
CONVOCATORIAS
CONVOCATORIA 2011
|
CATEGORIA
|
Nº DE PRAZAS
|
TITULACIÓN REQUERIDA
|
DATAS DE INTERESE
|
|
TRABALLO SOCIAL
|
|
Diplomado en Traballo Social
|
Comezou o grupo no mes de
Xaneiro de 2011
|