Compromiso
Xunta>Subalterno

Subalterno

  • REQUISITOS
  • PROCESO SELECTIVO/PROBAS
  • CONVOCATORIAS

REQUISITOS

a) Ser español ou nacional dun país membro da U.E.
b) Ter cumpridos 16 anos de idade e non alcanzar a idade de xubilación forzosa.
c) Estar en posesión ou en condicións de obter o Título de: Certificado de Escolaridade
d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
e) Non estar separado do servizo de ningunha Administración Pública en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas Proceso selectivo
 

PROCESO SELECTIVO/PROBAS

1° Exercicio (eliminatorio).

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cuarenta (40) preguntas tipo test, máis tres (3) de reserva, con catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha será a correcta. As preguntas da número un (1) á corenta (40), máis tres (3) de reserva, corresponderán ao contido do programa que figura como anexo 1.a. desta convocatoria.
Duración: 60 minutos
Este exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos sendo necesario para superalo, obter un minimo de 15 puntos, correspondendolle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar a puntuación mínima. Para isto terase en conta que por cada tres respostas incorrectas se descontará unha correcta.
 

2º Exercicio (eliminatorio)

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 20 preguntas prácticas tipo test mais 3 de reserva con 4 respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha será a correcta, correspondentes aos temas recollidos no anexo 1.b.
Duración: 40 minutos.
Cada opositor poderá obter copia do exercicio realizado ao seu remate. No prazo das vinte e catro horas seguintes ao da realización, farase público no lugar de realización do exercicio o modelo do test, indicando as respostas correctas.
Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo, obter un mínimo de 5 puntos, correspondéndolle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar a puntuación mínima. Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas, se descontará unha correcta.
Por cuestións organizativas os dous primeiros exercicios da fase de oposición realizaranse nunha única proba.
 

3º exercicio, de carácter eliminatorio.

Constará de duas probas.
1ª proba: Consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elexido por sorteo entre dous textos propostos polo tribunal.
2ª proba: Consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán elexido por sorteo entre dous textos propostos polo tribunal.
Este exercicio valorarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo, obter o resultado de apto, correspondéndolle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar o resultado de apto.
 

CONVOCATORIAS

CONVOCATORIA :
 
Nós Oposicións 2008-2012 Deseño web: Argos-Galaica