Compromiso
Xunta>MESTRE/EDUCADOR ESPECIAL SOCIAL

MESTRE/EDUCADOR ESPECIAL SOCIAL

  • EXAMES/PROBAS
  • TEMARIO
  • CONVOCATORIAS

EXAMES/PROBAS

a) Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio:

Consistirá en contestar por escrito un grupo de 75 preguntas tipo test con respostas alternativas propostas polo tribunal, que será o resultante do sorteo entre dous cuestionarios elaborados previamente por aquel e relativos ao contido da parte xeral e específica do programa correspondente a cada categoría. A porcentaxe máxima de preguntas da parte xeral do temario será o 30% do total das preguntas.
No devandito test poderán poñerse ata cinco preguntas máis de reserva para o caso de que se anule algunha das mencionadas anteriormente. O tempo máximo para a realización deste exercicio será de dúas (2) horas.
Os interesados poderán formular alegacións no prazo de tres días hábiles seguintes á realización do exercicio. Cando remate o exercicio, cada opositor poderá obter copia del.
No prazo das 24 horas seguintes á realización do exercicio farase público no lugar onde se realice o exercicio o modelo das respostas correctas do test. Cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 10 puntos, correspondéndolle ao tribunal determinar o número de despostas exixido para acadar a puntuación mínima. Para iso terase en conta que por cada tres despostas incorrectas se descontará unha correcta. Este exercicio celebrarase no prazo máximo de corenta días desde a constitución do tribunal que xulgue as probas. O presidente do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que este exercicio sexa corrixido sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados. O tribunal excluirá aqueles candidatos con exercicios en que figuren marcas ou signos que permitan coñecer a identidade do opositor.
 

b) Segundo exercicio, de carácter eliminatorio, consistirá:

b.1. Na resolución de dous supostos prácticos con preguntas tipo test con respostas alternativas, relacionados coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría ou
b.2. Nunha proba práctica relacionada coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría.
As modalidades b.1 ou b.2 aplicaranse para cada categoría segundo o fixado no anexo I.
Para a realización deste exercicio disporase dun tempo máximo de tres (3).
O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 5 puntos, correspondéndolle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar a puntuación mínima. Tendo en conta que por cada resposta incorrecta non se descontará ningunha resposta correcta.
As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.
O exercicio realizarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de 40 días.
 

c) Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio:

Os aspirantes, no prazo máximo de catro (4) horas, deberán desenvolver por escrito dous temas, obtidos mediante sorteo polo tribunal, un deles, que se elixirá de entre dous, correspondente á parte xeral e outro, que se elixirá de entre dous, correspondente á parte específica do programa de cada categoría.
As contestacións deste exercicio cualificaranse de 0 a 20 puntos, e é preciso para superalo obter como mínimo 10 puntos; corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar a puntuación mínima.
As puntuacións finais publicaranse unha vez finalizada a corrección da totalidade dos exercicios. O exercicio realizarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de 40 días.
 

d) Cuarto exercicio, de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.
Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.
O tempo máximo para a realización do exercicio  será dunha hora.
Este exercicio cualificarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obter a cualificación de apto.
 

TEMARIO

Tema 1. O menor como suxeito de dereitos: concepto. Evolución histórica. Lexislación actual.
Tema 2. Inadaptación social infanto-xuvenil: concepto. Factores influentes. Clasificación. Teorías para a súa abordaxe.
Tema 3. Detección de problemas sociais na infancia e na xuventude: instrumentos e técnicas.
Tema 4. A observación de condutas como instrumento de recolla de datos: procedementos de rexistro.
Tema 5. O apoio e a vinculación afectiva: concepto. Desenvolvemento e trastornos; consecuencias e pautas educativas.
Tema 6. Evolución psicolóxica da infancia e a xuventude: estadios e características.
Tema 7. Socialización e desenvolvemento moral no rapaz de 6 a 15 anos. Identidade e roles de xénero.
Tema 8. Crises de identidade e manifestacións psicopatológicas na adolescencia: concepto.
Tema 9. Motivación e aprendizaxe.
Tema 10. Habilidades sociais na infancia e xuventude. Modificación de hábitos sociais: concepto e técnicas. Prevención da violencia de xénero.
Tema 11. Técnicas de modificación de condutas.
Tema 12. O grupo: concepto e tipoloxías. Conceptos de liderado. Estrutura. Características.
Tema 13. Condución e animación de grupos: estratexias.
Tema 14. Educación non formal: concepto e tipoloxía. Instrumentos educativos.
Tema 15. O educador social. Concepto, historia e perfil profesional. O educador social de menores en risco: habilidades básicas. Modelos de intervención educativa.
Tema 16. O equipo educativo. Concepto. Características. Toma de decisións.
Tema 17. Delincuencia xuvenil: concepto, factores influentes e tratamentos.
Tema 18. Programación educativa: formulación de obxectivos. Organización e desenvolvemento de actividades formativas e educativas.
Tema 19. Programas de atención directa a menores en situación de risco: concepto, ámbitos de actuación, elementos que o integran.
Tema 20. Proxectos socioeducativos: definición. Elementos. Xestión e estratexias. Aplicación do principio de mainstreaming.
Tema 21. Modelo de investigación-acción: aplicación ao tratamento de menores.
Tema 22. A avaliación de programas e proxectos: concepto. Técnicas e instrumentos.
Tema 23. Educación permanente de adultos.
Tema 24. Papel da educación de adultos na dinámica social. Canles da educación de adultos: canles de educación non institucionalizada; canles de educación institucionalizada. O libro branco sobre a educación de adultos. O adulto ante o proceso educativo. Motivacións dos adultos para a súa incorporación a un proceso educativo: necesidades laborais; promoción social. Necesidade de información para a resolución de problemáticas concretas. Capacidades e aptitudes do adulto para a aprendizaxe.
Tema 25. A planificación na educación de adultos. Aspectos do ensino con adultos: dimensión psicodidáctica e caracterización do adulto. A aprendizaxe do adulto. Educación de adultos e cambio social. Dinámica de socialización e educación do adulto.
 

CONVOCATORIAS

CONVOCATORIA 2011
CATEGORIA
Nº DE PRAZAS
TITULACIÓN REQUERIDA
DATAS DE INTERESE
MESTRE/EDUCADOR ESPECIAL SOCIAL
 
Mestre, Diplomado en Educación Social
ou 1º ciclo Pedagoxía ou Psicoloxía.

 
 
Nós Oposicións 2008-2012 Deseño web: Argos-Galaica