Compromiso
Xunta>INSPECCIÓN URBANÍSTICA

INSPECCIÓN URBANÍSTICA

  • REQUISITOS
  • PROCESO SELECTIVO (PROBAS)
  • TEMARIO
  • CONVOCATORIAS

REQUISITOS (ACCESO LIBRE)

1. Nacionalidade:
a) Ter a nacionalidade española.
b) Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado en que en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
c) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, e o dos nacionais dalgún Estado ao cal en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.
2. Idade: ter cumpridos dezaseis anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.
3. Titulación: estar en posesión ou en condicións de obter o título universitario de grao en dereito ou en arquitectura superior. Para estos efectos, seguen sendo válidos os títulos universitarios de licenciado en dereito ou en arquitectura superior, de conformidade co establecido no punto primeiro da disposición transitoria terceira da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación. 
4. Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
5. Habilitación: non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.
 

PROCESO SELECTIVO (PROBAS)

Segundo a convocatoria anterior a FASE DE OPOSICIÓN estará formada polos seguintes exercicios, que se celebrarán nun mesmo acto no mesmo día, un a continuación do outro.
 

Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario decento vinte (120) preguntas tipo test, máis tres (3)preguntas de reserva, con catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha será a correcta, e correspondentes ao contido dos textos de dereito positivo que se relacionan a continuación:
 
Opción xurídica:
  1. Constitución española.
  2. Estatuto de autonomía de Galicia.
  3. Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e a súa Presidencia.
  4. Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
  5. Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (R.D. 1398/1993, do 4 de agosto).
  6. Regulamento dos procedementos en materia de responsabilidade patrimonial das administración públicas (R.D. 429/1993, do 26 de marzo).
  7. Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.
  8. Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.
  9. Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administración públicas.
  10. Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local: títulos I, II, V e X.
  11. Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia: título preliminar e títulos I, V e VI.
  12. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.
  13. A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia.
  14. A Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.
  15. A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
  16. Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de  Galicia.
  17. Regulamento de disciplina urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei do solo de Galicia (Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro).
  18. Regulamento de planeamento urbanístico (R.D.2159/1978, do 23 de xuño).
  19. Regulamento de xestión urbanística (R.D.3288/1978, do 25 de agosto).
  20. Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia.
  21. Lei 8/2007, do 28 de maio, do solo.
  22. Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.
  1. Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.
  2. Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas.
  3. Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei 22/1988 (R.D. 1471/1989, do 1 de decembro).
  4. Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación.
  5. Decreto 213/2007, do 31 de outubro, polo que se aproba os estatutos da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.
 
Opción técnica:
  1. Constitución española.
  2. Estatuto de autonomía de Galicia.
  3. Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e a súa Presidencia.
  4. Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
  5. Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.
  6. Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.
  7. Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administración públicas.
  8. Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local: títulos I, II, V e X.
  9. Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia: título preliminar e títulos I, V e VI.
  10. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.
  11. A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia.
  12. A Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.
  13. A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a  igualdade efectiva de mulleres e homes.
  14. Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
  15. Regulamento de disciplina urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei do solo de Galicia (Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro).
  16. Regulamento de planeamento urbanístico (R.D. 2159/1978, do 23 de xuño).
  17. Regulamento de xestión urbanística (R.D. 3288/1978, do 25 de agosto).
  18. Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia.
  19. Lei 8/2007, do 28 de maio, do solo.
  20. Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.
  21. Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.
  22. Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas.
  23. Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei 22/1988 (R.D. 1471/1989, do 1 de decembro).
  24. Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación.
  25. Código técnico da edificación (R.D. 314/2006, do 17 de marzo). Parte I.
  26. Decreto 213/2007, do 31 de outubro de 2007, polo que se aproban os estatutos da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.
O tempo máximo para este exercicio será de duas horas.
Cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario  para superalo obter un mínimo de 10 puntos.
 

Segundo exercicio:de carácter eliminatorio.

Consistirá na resolución dun suposto práctico relacionado coas materias correspondentes á parte específica do programa.
O tempo máximo para a realización do exercicio será de tres (3) horas.
Para realizar este exercicio os opositores poderán servirse de textos legais sen comentarios, excluídos os libros de consulta.
Este exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e será necesario para superalo obter un mínimo de 10 puntos, correspondendo ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar a puntuación mínima.
 

Terceiro exercicio: de carácter eliminatorio

Os/as aspirantes do sistema de acceso libre deberán desenvolver por escrito dous (2) temas, un da parte xeral e outro da parte específica do  programa. Os dous temas elixiraos o opositor de entre dous (2) da parte xeral e dous (2) da parte específica, obtidos mediante sorteo polo tribunal de entre os que forman o contido do programa.
O tempo máximo para a realización deste exercicio para os/as aspirantes do sistema de acceso libre será de tres horas.
Este exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 10 puntos, correspondéndolle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para  acadar a puntuación mínima.
 

Cuarto exercicio: de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego proposto polo tribunal.
Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán proposto polo tribunal.
O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha (1) hora. Este exercicio valorarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obter o resultado de apto. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar o resultado de apto.
Estarán exentos da realización do cuarto exercicio os/as aspirantes que acrediten posuír no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes o Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG nº 146, do 30 de xullo).
 

TEMARIO

Parte xeral.

1. Concepto de Constitución. A Constitución como norma xurídica. A Constitución española de 1978: sistemática e estrutura. Características xerais. Os principios constitucionais. A reforma constitucional.
2. Os dereitos fundamentais: evolución histórica e conceptual. Os dereitos fundamentais da Constitución española. Garantías e tutela. A participación social na actividade do Estado.
3. A Coroa. Sucesión e rexencia. As atribucións do Rei.
4. As Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados e o Senado. Composición e funcións. O control parlamentario do Goberno en España.
5. Procedemento de elaboración e aprobación das leis. Órganos de control da Administración: o Tribunal de Contas e o Defensor do Pobo. A Administración consultiva: o Consello de Estado.
6. O Tribunal Constitucional. Organización. Presupostos materiais e procedementos dos recursos ante o tribunal.
7. A regulación constitucional da xustiza. O Poder Xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial: organización e competencias. O Tribunal Supremo. Os tribunais superiores de xustiza. O Ministerio Fiscal.
8. O Goberno. A súa composición. Nomeamento e cesamento. As funcións do Goberno. O presidente do Goberno. Os ministros. A Administración pública: concepto. Principios constitucionais informadores. A Administración xeral do Estado.
9. A Administracións local: a posición constitucional dos municipios e provincias. Distribución de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas sobre Administración local.
10. A Administración institucional. Os organismos públicos. Os organismos autónomos. As entidades públicas empresariais. Administración corporativa. Colexios profesionais e cámaras.
11. A distribución territorial do poder do Estado: análise histórica e evolución. Os diversos modelos existentes. O Estado das autonomías. Precedentes histórico-constitucionais. A súa regulación na Constitución.
12. A autonomía política. Principios xerais: xurisprudencia constitucional. Vías de acceso á autonomía. Os estatutos de autonomía: contido. Procedemento de elaboración e reforma dos estatutos. A organización política das comunidades autónomas.
13. As competencias das comunidades autónomas. As transferencias de competencias do Estado ás comunidades autónomas. Reserva de competencias estatais: normativa básica.
14. As competencias exclusivas: a súa relativización. As competencias normativas: as leis da comunidade autónoma; o seu rango e posición constitucional. O principio de competencia nas relacións entre o ordenamento estatal e autonómico.
15. A concorrencia normativa entre o Estado e a comunidade autónoma. Normativa básica e normativa de desenvolvemento: elementos formais e materiais no concepto de lexislación básica; estrutura da normativa básica; a relación bases-desenvolvemento; o problema de rango das dúas normativas.
16. A modificación extraestatutaria de competencias: a lei marco; a lei orgánica de delegación; a lei de harmonización. As cláusulas constitucionais de prevalencia e supletoriedade.
17. As relacións entre administracións públicas. As relacións entre o Estado e as comunidades autónomas: os mecanismos de cooperación e coordinación. O control sobre a actividade das comunidades.
18. Conflitos constitucionais entre órganos do Estado. Conflitos coas comunidades autónomas. Impugnación de disposicións e resolucións das comunidades autónomas.
19. A Autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido.
20. Bases fundamentais da autonomía galega: o territorio. Os símbolos. A lingua e a cultura galegas. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías. Os dereitos lingüísticos dos cidadáns galegos: a Administración pública como garantía destes.
21. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A Administración de xustiza en Galicia.
22. O Goberno da comunidade autónoma. A Xunta de Galicia e a súa Presidencia.
23. O Parlamento de Galicia. Sistema electoral. Funcións do Parlamento. O control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.
24. As competencias da Xunta de Galicia: a reserva de competencias ao Estado do artigo 149. A atribución estatutaria de competencias; a cláusula de peche do artigo 149.3º. Os límites xerais das competencias; a súa efectividade.
25. O ordenamento xurídico de Galicia: leis de Galicia. Decretos lexislativos. Regulamentos. O réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas. Aplicación do dereito galego. As cláusulas constitucionais de supletoriedade e prevalencia.
26. A Administración pública galega: bases do seu réxime xurídico. A Administración central. As consellerías: organización e estrutura. A Administración periférica da comunidade autónoma.
27. A Administración institucional na Comunidade Autónoma galega. As corporacións de dereito público de Galicia. As fundacións de interese galego.
28. A lei: concepto e clases. Disposicións do executivo con forza de lei: decretos lei e decretos lexislativos.
29. O regulamento: clases. Fundamento e límites da potestade regulamentaria. Regulamentos ilegais: a súa impugnación. Regulamentos dos órganos constitucionais.
30. A relación xurídico-administrativa. Concepto. Suxeitos da relación xurídico-administrativa: as administracións públicas. O administrado. Situacións xurídicas dos administrados.
31. O principio de legalidade da Administración: a súa construción técnica. As potestades administrativas: concepto. A atribución de potestades. Potestades regradas e potestades discrecionais. O control da discrecionalidade: en especial o control do fin e a desviación de poder. O principio de autotutela.
32. O acto administrativo: concepto e clases. Elementos do acto administrativo: suxeito, obxecto, causa, fin e forma. Notificación e publicación dos actos administrativos.
33. A eficacia do acto administrativo: principios xerais. Executividade e suspensión. Procedementos de execución. Nulidade de pleno dereito. Anulabilidades. Revogación, revisión de oficio e declaración de lesividade.
34. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común: ámbito de aplicación. Principios informadores.
35. Fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrución e terminación.
36. O silencio administrativo. As reclamacións previas ao exercicio das accións civís e laborais. 37. Os recursos administrativos: concepto e clases. Requisitos xerais. Materia obxecto de recurso, lexitimación e órgano competente. Recurso de alzada, de reposición e de revisión.
38. Os dereitos dos cidadáns na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
39. A xurisdición contencioso-administrativa. Actos impugnables. O recurso contencioso-administrativo. Execución de sentenzas.
40. Os órganos da Administración pública. Orixe e contido. Estrutura. Tipos de órganos. Centralización e descentralización. Clases de descentralización. A desconcentración. Mecanismos de cooperación, coordinación e control entre as administracións públicas.
41. A Administración local. O municipio: organización e competencias. A provincia: organización e competencias. Outras entidades locais: especial referencia á comarca e á parroquia.
42. As entidades locais: réxime de funcionamento. Potestade regulamentaria das organizacións locais. Réxime xurídico da impugnación de acordos. Relacións interadministrativas.
43. Os contratos administrativos: natureza, caracteres e clases. Elementos: suxeitos, obxecto, causa e forma. Formas de adxudicación dos contratos.
44. Contido e efectos dos contratos administrativos: prerrogativas da Administración e equilibrio financeiro. Cumprimento dos contratos administrativos. Risco e ventura e forza maior na contratación administrativa. Revisión de prezos. Resolución, rescisión e renuncia.
45. A responsabilidade patrimonial da Administración. Características da institución no sistema español. Lesión determinante, suxeitos imputables e causas de imputación. A extensión da reparación. A acción de responsabilidade.
46. As propiedades administrativas en xeral. Clases. Os bens patrimoniais da Administración. Réxime xurídico do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.
47. O dominio público: concepto e natureza xurídica. Clasificacións. Elementos: suxeitos, obxecto e destino. Afectación, desafectación e mutacións demaniais. Réxime xurídico do dominio público: inalienabilidade, imprescritibilidade e inembargababilidade.
48. Potestades administrativas. A potestade organizatoria: límites e principios xerais. Os órganos administrativos. Creación. Competencias. A dislocación competencial. Os órganos colexiados: réxime de funcionamento. Conflitos de competencias.
49. A potestade sancionadora da Administración. O concepto de sanción. Principios que rexen a configuración e aplicación do sistema sancionador. Medidas sancionadoras e accesorias.
50. O procedemento sancionador. Principios constitucionais. Estrutura do procedemento. A execución das sancións.
51. A potestade expropiatoria: a expropiación forzosa. A súa xustificación e natureza. Suxeitos e obxecto da potestade expropiatoria. A causa expropiandi. O contido da expropiación.
52. O procedemento expropiatorio en xeral. Determinación e pagamento do prezo xusto. A reversión do ben expropiado. Expropiacións especiais. Garantías xurisdicionais.
53. Función pública e burocracia. A relación de servizo entre a Administración e os empregados públicos: réxime estatutario e dereito laboral. O Estatuto básico do empregado público. Clases de persoal ao servizo das administracións públicas. Dereitos, deberes e código de conduta dos empregados públicos.
54. Función pública galega: bases do seu réxime xurídico. A xestión do persoal ao servizo da Xunta de Galicia. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. Promoción. A carreira administrativa. Situacións administrativas dos funcionarios. Réxime de incompatibilidades. Extinción da relación funcionarial.
55. Réxime de representación dos funcionarios públicos. Órganos de representación.
56. Réxime disciplinario dos funcionarios públicos. Responsabilidade civil, penal e administrativa. Delitos dos funcionarios públicos no exercicio dos seus cargos.
57. Seguridade e hixiene no traballo. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Dereitos e obrigas da Administración e dos empregados públicos. Servizos de prevención de riscos. Participacións dos empregados públicos.
58. As comunidades europeas. Os tratados orixinarios e de modificación. As fontes do dereito comunitario; a integración do dereito comunitario en España. As institucións comunitarias e o seu funcionamento: o Consello, a Comisión, o Parlamento, o Tribunal de Xustiza e o Tribunal de Contas.
59. Os orzamentos da comunidade autónoma: concepto e natureza. Contido. Estrutura. Elaboración. Aprobación. O control orzamentario. O Consello de Contas.
60. Réxime xurídico do patrimonio cultural: lexislación estatal e autonómica. A protección dos camiños de Santiago.
61. Aspectos urbanísticos da lexislación en materia de augas, portos e estradas.
62. Réxime xurídico da protección do ambiente: lexislación estatal e autonómica.
 

Parte especial

Opción xurídica:
1. Dereito urbanístico: evolución histórica da lexislación urbanística en España. Evolución da lexislación galega sobre urbanismo e ordenación do territorio. Principios básicos do ordenamento urbanístico vixente.
2. A organización administrativa do urbanismo: o urbanismo como función pública. Competencias da Administración do Estado. Competencias da Administración autonómica. Competencias da Administración local; en particular as de carácter municipal.
3. Lexislación estatal de solo: principios. As condicións básicas da igualdade nos dereitos e deberes constitucionais dos cidadáns.
4. Lexislación estatal de solo: bases do réxime do solo.
5. Lexislación estatal de solo: expropiación forzosa e responsabilidade patrimonial.
6. A Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia: obxectivos e principios xerais.
7. As clases e categorías de solo na lexislación urbanística. A definición de soar.
8. Réxime xurídico do solo urbano e do solo urbanizable. Réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
9. Réxime xurídico do solo de núcleo rural. Réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
10. Réxime xurídico do solo rústico. Réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
11. Os instrumentos de ordenación urbanística: clases e obxectivos. Disposicións xerais sobre o planeamento: sustentabilidade e calidade.
12. Plan Xeral de Ordenación Municipal: documentación e determinacións.
13. Planeamento de desenvolvemento. Plans de sectorización e plans parciais: documentación e determinacións.
14. Plans especiais. Estudos de detalle. Catálogos.
15. Técnicas para a repartición equitativa de cargas e beneficios: áreas de repartición, aproveitamento tipo e polígonos.
16. Formulación, tramitación e aprobación do planeamento.
17. Publicidade, vixencia e efectos da aprobación dos plans. Revisión, modificación e suspensión. As normas de aplicación directa.
18. A execución do planeamento. Sistemas de actuación. Regras xerais da equidistribución. As actuacións illadas.
19. Sistemas de cooperación, expropiación, compensación e concerto e de concesión de obra urbanizadora
20. Obtención de sistemas xerais e dotacións públicas.
21. Instrumentos de intervención no mercado do solo. Especial referencia ao patrimonio público de solo.
22. Os deberes de edificar e rehabilitar.
23. O deber de conservación. A declaración de ruína. As ordes de execución.
24. Os convenios urbanísticos.
25. As licenzas urbanísticas: finalidade, natureza xurídica e actos suxeitos e exentos.
26. Procedemento de outorgamento das licenzas urbanísticas. Os efectos do silencio. Extinción.
27. Parcelacións urbanísticas. Divisións. Segregacións.
28. A inspección urbanística. O plan de inspección.
29. A protección da legalidade urbanística. Actos de edificación e uso do solo sen licenza.
30. Suspensión, revisión e impugnación de licenzas.
31. Infraccións urbanísticas e sancións.
32. Os delitos urbanísticos. O principio de non bis in idem.
33. Réxime xurídico das construcións e edificación existentes en solo rústico e solo de núcleo rural no momento da entrada en vigor da Lei 9/2002, do 30 de decembro.
34. Os órganos urbanísticos da comunidade autónoma. A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.
35. Lei de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia.
36. Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.
37. Os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.
38. A Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas. Os bens de dominio público marítimo-terrestre e a súa protección. As servidumes.
39. A utilización do dominio público marítimoterrestre. Concesións e autorizacións.
40. Infraccións e sancións en materia de costas. Procedemento sancionador en materia de costas.
41. O urbanismo e o Rexistro da Propiedade. Actos e títulos inscribibles. Aspectos rexistrais da execución do planeamento. Inscricións de obra nova. Reflexo rexistral dos procesos xudiciais en materia de urbanismo. A anotación preventiva. O asento de cancelación.
 
Opción técnica:
1. Lexislación estatal de solo: principios. As condicións básicas da igualdade nos dereitos e deberes constitucionais dos cidadáns.
2. Lexislación estatal de solo: bases do réxime do solo.
3. Réxime de valoracións de solo.
4. Lexislación estatal básica: expropiación forzosa e responsabilidade patrimonial.
5. A Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia: obxectivos e principios xerais.
6. As clases e categorías de solo na lexislación urbanística. A definición de soar.
7. Réxime xurídico do solo urbano e do solo urbanizable. Réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
8. Réxime xurídico do solo de núcleo rural. Réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
9. Réxime xurídico do solo rústico. Réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
10. Os instrumentos de ordenación urbanística: clases e obxectivos. Disposicións xerais sobre o planeamento: sustentabilidade e calidade.
11. Plan Xeral de Ordenación Municipal: documentación e determinacións.
12. Planeamento de desenvolvemento. Plans de sectorización e plans parciais: documentación e
determinacións.
13. Planes especiais. Estudos de detalle. Catálogos.
14. Técnicas para a repartición equitativa de cargas e beneficios: áreas de repartición, aproveitamento tipo e polígonos.
15. Formulación, tramitación e aprobación do planeamento.
16. Publicidade, vixencia e efectos da aprobación dos plans. Revisión, modificación e suspensión. As normas de aplicación directa.
17. A execución do planeamento. Sistemas de actuación. Regras xerais da equidistribución. As actuacións illadas.
18. Obtención de sistemas xerais e dotacións públicas.
19. Instrumentos de intervención no mercado do solo. Especial referencia ao patrimonio público de solo.
20. Os deberes de edificar e rehabilitar.
21. O deber de conservación. A declaración de ruína. As ordes de execución.
22. As licenzas urbanísticas: finalidade, natureza xurídica e actos suxeitos e exentos.
23. Procedemento de outorgamento das licenzas urbanísticas. Os efectos do silencio. Extinción.
24. Parcelacións urbanísticas. Divisións. Segregacións.
25. A inspección urbanística. O plan de inspección.
26. A protección da legalidade urbanística. Actos de edificación e uso do solo sen licenza.
27. Infraccións urbanísticas e sancións.
28. Os órganos urbanísticos da comunidade autónoma. A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.
29. Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia.
30. Lei 10 /1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.
31. Os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.
32. A Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas. Os bens de dominio público marítimo-terrestre e a súa protección. As servidumes.
33. A utilización do dominio público marítimoterrestre. Concesións e autorizacións.
34. Infraccións e sancións en materia de costas. Procedemento sancionador en materia de costas.
35. O Código técnico da edificación. Disposicións xerais. Condicións técnicas e administrativas.
36. Exixencias básicas de seguridade estrutural, no caso de incendios, de utilización, de salubridade. Exixencias básicas de aforro enerxético.
37. A Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación. Exixencias técnicas e administrativas da edificación. Axentes. Responsabilidades e garantías.
38. O proxecto de edificación. Disposicións sobre redacción de proxectos e dirección de obras. O libro de ordes e visitas. O certificado final de obras. Responsabilidade profesional do arquitecto. Intervencións dos colexios profesionais de arquitectos. O visado colexial.
39. Medición e valoración de construcións: criterios de medición das unidades de obra; prezos unitarios auxiliares e descompostos. Valoración de obras en execución e rematadas.
40. Normativa sobre condicións mínimas de habitabilidade das vivendas. A súa tramitación.
41. A Lei 8/1997, do 20 de agosto, sobre condicións de accesibilidade e supresión de barreiras. O Regulamento para o seu desenvolvemento e execución (Decreto 35/2000, do 20 de xaneiro).
 

CONVOCATORIAS

CONVOCATORIA 2011

CATEGORIA
Nº DE PRAZAS
TITULACIÓN REQUERIDA
DATAS DE INTERESE
INSPECCIÓN URBANÍSTICA
7 PRAZAS Ingreso Libre
Grao en Dereito ou Arquitectura Realización dos exames previsiblemente ao longo do 2012
Nós Oposicións 2008-2012 Deseño web: Argos-Galaica