Xunta>D.U.E./ENFERMEIRO/ATS
D.U.E./ENFERMEIRO/ATS
-
PROCESO SELECTIVO (PROBAS/EXAMES)
-
TEMARIO
-
CONVOCATORIAS
PROCESO SELECTIVO (EXAMES/EXERCICIOS)
a) Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio:
Consistirá en contestar por escrito un grupo de 75 preguntas tipo test con respostas alternativas propostas polo tribunal, que será o resultante do sorteo entre dous cuestionarios elaborados previamente por aquel e relativos ao contido da parte xeral e específica do programa correspondente a cada categoría. A porcentaxe máxima de preguntas da parte xeral do temario será o 30% do total das preguntas.
No devandito test poderán poñerse ata cinco preguntas máis de reserva para o caso de que se anule algunha das mencionadas anteriormente. O tempo máximo para a realización deste exercicio será de dúas (2) horas.
Os interesados poderán formular alegacións no prazo de tres días hábiles seguintes á realización do exercicio. Cando remate o exercicio, cada opositor poderá obter copia del.
No prazo das 24 horas seguintes á realización do exercicio farase público no lugar onde se realice o exercicio o modelo das respostas correctas do test. Cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 10 puntos, correspondéndolle ao tribunal determinar o número de despostas exixido para acadar a puntuación mínima. Para iso terase en conta que por cada tres despostas incorrectas se descontará unha correcta. Este exercicio celebrarase no prazo máximo de corenta días desde a constitución do tribunal que xulgue as probas. O presidente do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que este exercicio sexa corrixido sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados. O tribunal excluirá aqueles candidatos con exercicios en que figuren marcas ou signos que permitan coñecer a identidade do opositor.
b) Segundo exercicio, de carácter eliminatorio, consistirá:
b.1. Na resolución de dous supostos prácticos con preguntas tipo test con respostas alternativas, relacionados coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría ou
b.2. Nunha proba práctica relacionada coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría.
As modalidades b.1 ou b.2 aplicaranse para cada categoría segundo o fixado no anexo I.
Para a realización deste exercicio disporase dun tempo máximo de tres (3).
O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 5 puntos, correspondéndolle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar a puntuación mínima. Tendo en conta que por cada resposta incorrecta non se descontará ningunha resposta correcta.
As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.
O exercicio realizarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de 40 días.
c) Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio:
Os aspirantes, no prazo máximo de catro (4) horas, deberán desenvolver por escrito dous temas, obtidos mediante sorteo polo tribunal, un deles, que se elixirá de entre dous, correspondente á parte xeral e outro, que se elixirá de entre dous, correspondente á parte específica do programa de cada categoría.
As contestacións deste exercicio cualificaranse de 0 a 20 puntos, e é preciso para superalo obter como mínimo 10 puntos; corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar a puntuación mínima.
As puntuacións finais publicaranse unha vez finalizada a corrección da totalidade dos exercicios. O exercicio realizarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de 40 días.
d) Cuarto exercicio, de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:
Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.
Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.
O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.
Este exercicio cualificarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obter a cualificación de apto.
TEMARIO
Tema 1. Concepto e funcións de enfermaría. Historia clínica, diagnóstico e planificación de coidados.
Tema 2. Envellecemento. Cambios físicos, mentais e sociais.
Tema 3. Prevención de enfermidades e situacións incapacitantes na vellez. Detección dos factores de risco.
Tema 4. Alteracións de S.N. Confusión aguda, alteracións depresivas, alteracións do sono. Itus.
Tema 5. Trastornos neurolóxicos. Enfermidade de Parkinson. Coidados de enfermaría.
Tema 6. Demencias. Enfermidade de Alzheimer. Concepto. Diagnóstico.
Tema 7. Patoloxía sensorial. Alteracións visuais, do oído e da fala.
Tema 8. Patoloxía cardíaca. Angor. Infarto de miocardio. Factores de risco.
Tema 9. Trastornos do pulso. Cardiopatía isquémica, valvular e pulmonar.
Tema 10. Tratamento do doente con insuficiencia cardíaca. Reanimación cardiopulmonar.
Tema 11. Hipertensión arterial. Epidemioloxía, riscos, diagnóstico e tratamento. Vasculopatía periférica. Tratamento.
Tema 12. Patoloxía pulmonar. Bronquite crónica. Tuberculose. Enfisema. Pneumonía. Asma. Carcinoma bronquial.
Tema 13. Coidados de vías aéreas. Asfixia por obstrución. Intubación. Oxixenoterapia.
Tema 14. Patoloxía músculo-esquelética. Artrite. Osteoporose. Enfermidade de Paget. Coidados de enfermaría. Caídas, riscos e consecuencias.
Tema 15. Trastornos gastrointestinais. Neoplasias orais. Alteracións esofáxicas. Úlcera gástrica. Diverticulose. Cancro de colon e recto. Diarrea e estrinximento.
Tema 16. Hepatopatías. Patoloxía biliar. Pancreatite aguda e crónica.
Tema 17. Alteracións renais. Insuficiencia renal aguda. Infeccións do tracto urinario. Carcinoma de vexiga e próstata.
Tema 18. Incontinencia urinaria. Causas, valoración e tratamento.
Tema 19. Patoloxía xinecolóxica na vellez. Neoplasias uterinas, de ovario e mama.
Tema 20. Enfermidades da pel. Prurito. Eccema. Tumores. Alteracións vasculares.
Tema 21. Úlceras por decúbito. Doentes de risco. Prevención e tratamento.
Tema 22. Alteracións endócrinas. Hipotiroidismo. Hipertiroidismo. Diabetes. Sintomatoloxía e tratamento.
Tema 23. Hematoloxía. Anemias, signos e síntomas. Enfermidades hemorráxicas. Trombocitopenia. Trombocitose.
Tema 24. Administración de medicamentos. Interaccións medicamentosas. Vías principais de administración.
Tema 25. Nutrición. Requirimentos alimentarios. Alimentación enteral.
CONVOCATORIAS
CONVOCATORIA 2011
|
CATEGORIA |
Nº DE PRAZAS |
TITULACIÓN REQUERIDA |
DATAS DE INTERESE |
|
DUE/ATS/ENFERMEIRO |
|
Diplomado en Enfermaría |
|
DATOS A TER EN CONTA.