Compromiso
Xunta>BIOLOGOS/AS

BIOLOGOS/AS

  • REQUISITOS
  • PROCESO SELECTIVO (PROBAS)
  • TEMARIO
  • CONVOCATORIAS

REQUISISTOS. (ACCESO LIBRE)

1. Nacionalidade:
a) Ter a nacionalidade española.
b) Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado en que en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
c) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, e o dos nacionais dalgún Estado ao cal en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.
2. Idade: ter cumpridos dezaseis anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.
3. Titulación: estar en posesión ou en condicións de obter o título universitario de grao en Bioloxía. Para estos efectos, seguen sendo válidos os títulos universitarios de licenciado en dereito ou en arquitectura superior, de conformidade co establecido no punto primeiro da disposición transitoria terceira da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación. 
4. Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
5. Habilitación: non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.
 

PROCESO SELECTIVO (PROBAS)

Segundo a convocatoria anterior a FASE DE OPOSICIÓN estará formada polos seguintes exercicios, que se celebrarán nun mesmo acto no mesmo día, un a continuación do outro.
 

Primeiro exercicio: de carácter eliminatorio

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento vinte (120) preguntas tipo test, máis tres (3) de reserva, con catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha delas será a correcta, correspondentes ao contido do programa. Os/as aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentos para a realización deste exercicio da parte xeral do programa.
O tempo máximo de duración será de dúas (2) horas.
Este exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e será necesario para superalo obter un mínimo de 10 puntos,  correspondéndolle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar a puntuación mínima.
Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas descontarase unha
correcta.
 

Segundo exercicio: de carácter eliminatorio

Consistirá na resolución dun suposto práctico de desenvolvemento, á elección do aspirante de entre dous propostos polo tribunal, e relacionados coas materias correspondentes ao contido do programa no que se refire aos temas específicos de cada escala, procurando a debida proporción entre as distintas partes do programa.
O tempo máximo para a realización do exercicio será de tres (3) horas.
Para realizar este exercicio os opositores poderán servirse de textos legais sen comentarios, excluídos os libros de consulta.
Este exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e será necesario para superalo obter un mínimo de 10 puntos.
Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixidos para acadar a  puntuación mínima.
 

Terceiro exercicio: de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego proposto polo tribunal.
Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán proposto polo tribunal.
O tempo máximo para a realización do exercicio  será dunha (1) hora.
Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto, correspondéndolle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar o resultado de apto.
 

TEMARIO

PARTE COMÚN

1. O concepto de constitución. A Constitución como norma xurídica. A Constitución española de 1978, principios informadores. Estrutura e contido.
2. A Coroa: funcións constitucionais. As Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados e o Senado. Composición e funcións. Aprobación das leis.
3. O Goberno. A súa composición e funcións. O presidente  do Goberno. Os ministros.
Relacións entre o Goberno e as Cortes.
4. A Administración do Estado. Órganos centrais. Órganos periféricos. Os organismos  autónomos e as entidades públicas empresariais. Órganos consultivos da Administración do Estado. O Consello de Estado e outros órganos consultivos.
5. A distribución territorial do poder do Estado. O Estado das autonomías na Constitución. Procesos deconstitución das comunidades autónomas. Estrutura,aprobación e reforma dos estatutos de autonomía
6. O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da comunidade autónoma. O Goberno da comunidade autónoma.
7. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.
8. A Administración pública da comunidade autónoma. O Consello da Xunta. Composición e funcións. Os conselleiros: estatuto persoal e atribucións. Organización e estrutura das  consellerías. A Administración periférica da consellerías.
9. O persoal ao servizo da Administración da comunidade autónoma. Persoal funcionario e persoal laboral. Réxime xurídico da función pública galega.
10. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común. Ámbito de aplicación e principios informadores. Fases: iniciación, ordenación, instrución e terminación.
11. Os recursos administrativos. Concepto e clases, requisitos xerais. Recursos de alzada, reposición e extraordinario de revisión.
12. Os contratos administrativos, segundo a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público. As súas clases. Formas de contratación. Contido e efectos dos contratos administrativos. Cumprimento dos contratos administrativos. Risco e ventura e forza
maior na contratación administrativa. Revisión de prezos. Resolución, rescisión e renuncia.
13. A expropiación forzosa. Potestade expropiatoria. Natureza e xustificación. Suxeitos, obxecto e causa. Procedemento xeral expropiatorio. Garantías xurisdicionais.
14. A responsabilidade patrimonial da Administración. Características do sistema vixente. Lesión determinante, suxeitos imputables e causas da imputación. A extensión da reparación. A acción de responsabilidade.
15. As propiedades administrativas en xeral. Clases. O dominio público. Concepto, natureza xurídica e elementos. Réxime xurídico do dominio público.
16. As comunidades europeas (I). As súas fontes. Ordenamento xurídico comunitario. Os tratados orixinarios e de modificación.
17. As comunidades europeas (II). As institucións da Unión Europea. Órganos executivos e os seus poderes. O Consello de Ministros. A Comisión. O Parlamento europeo: composición e atribucións. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea.
18. O gasto público: concepto e réxime xurídico. Clasificacións. Principios constitucionais na materia. Limitacións dos créditos orzamentarios para gastos. Procedemento de execución do gasto público. As subvencións: réxime xurídico. O Tribunal de Contas.
19. A xestión económica-financeira pública de Galicia. A Facenda e o patrimonio da comunidade autónoma. Os orzamentos da comunidade autónoma. O control orzamentario. O Consello de Contas.
 

PARTE ESPECÍFICA

Primeira parte:
1. Conceptos básicos de ecoloxía. Dinámica de poboacións. A sucesión. Explotación de poboacións.
2. Métodos de mostraxe biolóxicos. Recolección e acondicionamento do material.
3. Niveis tróficos e redes alimentarias. Produción primaria. A eficiencia de transformación da materia nas redes tróficas.
4. O medio físico de Galicia: xeografía e climatoloxía.
5. Principais ecosistemas de Galicia e a súa problemática.
6. A vexetación de Galicia.
7. Lei de augas. Directiva Marco da Auga.
8. A demarcación hidrográfica en Galicia. Parámetros de calidade dos ríos. Lei de protección dos ríos de Galicia.
9. Lei de costas.
10. Portos e instalacións marítimas. Dominio público portuario: competencias, natureza, delimitación e obras portuarias.
11. A contaminación mariña. Fontes de contaminación. Verteduras ao mar.
12. Tratamento de residuos sólidos. Normativa.
13. Tratamento de augas. Normativa.
14. Tratamento de emisións atmosféricas. Normativa.
15. A avaliación de impacto ambiental e a de plans e programas. Normativa.
16. Espazos naturais protexidos. Criterios de selección e planificación dos espazos naturais. Figuras de protección en Galicia.
17. Especies ameazadas ou en perigo de extinción. Plans de recuperación e métodos de conservación. Introdución, reintrodución e repoboación de especies.
18. A caza en Galicia.
19. A pesca fluvial en Galicia.
20. Interpretación do medio natural. Principios e métodos. A educación ambiental.
 
Segunda parte:
1. Os incendios forestais. Causas e efectos sobre os ecosistemas.
2. Política pesqueira da UE.
3. Bases biolóxicas da regulamentación pesqueira. Esforzo pesqueiro e regulación.
4. A frota pesqueira galega. Modalidades de pesca. Artes e aparellos de pesca.
5. O marisqueo en Galicia. Principais especies explotadas. Métodos de captura. Plans de explotación marisqueira. Aplicación de técnicas cultivo a bancos marisqueiros.
6. As algas macrofitas de interese en Galicia. Principais especies e aplicacións. Explotación e cultivo.
7. Mostraxes bentónicas de especies recurso: intermareal, sublitoral, infaunal, epifaunal. Substratos duros e brandos. Dragas cuantitativas.
8. Mostraxe de recursos ícticos. Avaliación de stocks.
9. A acuicultura en Galicia: continental e mariña. Principais especies cultivadas. Situación actual e perspectivas.
10. Os criadoiros. Os cultivos auxiliares na acuicultura: fitoplancto e zooplancto.
11. Cultivo de moluscos: principais especies. Métodos e instalacións.
12. Condicións sanitarias de invertebrados mariños. Depuración e reinstalación.
13. Rexións oceánicas. As bacías oceánicas. Relevo dos fondos mariños. As costas. A plataforma continental. O noiro e os fondos oceánicos. Sedimentación
mariña.
14. Características físicas e químicas da auga de mar. A temperatura: termoclimas e a súa  influencia na bioloxía mariña. A luz e a súa importancia ecolóxica. Salinidade e a súa distribución.
15. Dinámica mariña: mareas, oleaxe e correntes. Afloramentos. Circulación estuárica.
16. O mar como ecosistema. As rías de Galicia. Reservas mariñas.
17. Fitoplancto. Distribución espacial. Distribución temporal: o ciclo anual. A sucesión do fitoplancto.
18. O zooplancto. Adaptación á vida en suspensión. Distribución espacial e temporal.
19. O necto. Distribución e importancia dos diferentes grupos. Adaptacións fundamentais.  Aproveitamento.
20. O bentos. Distribución das comunidades bentónicas. Adaptacións fundamentais.
21. As mareas vermellas. Descripción do fenómeno. Prevención dos riscos. Normativa.
 

CONVOCATORIAS

CONVOCATORIA 2011

CATEGORIA
Nº DE PRAZAS
TITULACIÓN REQUERIDA
DATAS DE INTERESE
BIOLOGOS/AS
8 PRAZAS Ingreso Libre
Grao en Bioloxía Realización dos exames previsiblemente ao longo do 2012
Nós Oposicións 2008-2012 Deseño web: Argos-Galaica