Compromiso
Xunta>BIBLIOTECAS (A1)

BIBLIOTECAS (A1)

  • REQUISITOS 
  • PROCESO SELECTIVO (PROBAS)
  • TEMARIO
  • CONVOCATORIAS

REQUISISTOS. (ACCESO LIBRE)

1. Nacionalidade:
a) Ter a nacionalidade española.
b) Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado en que en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
c) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, e o dos nacionais dalgún Estado ao cal en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.
2. Idade: ter cumpridos dezaseis anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.
3. Titulación: estar en posesión ou en condicións de obter o título universitario de grao. Para estos efectos, seguen sendo válidos os títulos universitarios de licenciado en dereito ou en arquitectura superior, de conformidade co establecido no punto primeiro da disposición transitoria terceira da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación. 
4. Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
5. Habilitación: non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos,
o acceso ao emprego público.
 

PROCESO SELECTIVO (PROBAS)

Segundo a convocatoria anterior a FASE DE OPOSICIÓN estará formada polos seguintes exercicios, que se celebrarán nun mesmo acto no mesmo día, un a continuación do outro.
 

Primeiro exercicio: de carácter eliminatorio

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento vinte (120) preguntas tipo test, máis tres (3) de reserva, con catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha delas será a correcta, correspondentes ao contido do programa. Os/as aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentos para a realización deste exercicio da parte xeral do programa.
O tempo máximo de duración será de dúas (2) horas.
Este exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e será necesario para superalo obter un mínimo de 10 puntos,  correspondéndolle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar a puntuación mínima.
Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas descontarase unha correcta.
 

Segundo exercicio: de carácter eliminatorio

Consistirá na resolución dun suposto práctico de desenvolvemento, á elección do aspirante de entre dous propostos polo tribunal, e relacionados coas materias correspondentes ao contido do programa no que se refire aos temas específicos de cada escala, procurando a debida proporción entre as distintas partes do programa.
O tempo máximo para a realización do exercicio será de tres (3) horas.
Para realizar este exercicio os opositores poderán servirse de textos legais sen comentarios, excluídos os libros de consulta.
Este exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e será necesario para superalo obter un mínimo de 10 puntos.
Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixidos para acadar a  puntuación mínima.
 

Terceiro exercicio:de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:

Primeira proba:consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego proposto polo tribunal.
Segunda proba:consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán proposto polo tribunal.
O tempo máximo para a realización do exercicio  será dunha (1) hora.
Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto, correspondéndolle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar o resultado de apto.
 

TEMARIO

PARTE COMÚN

1. O concepto de constitución. A Constitución como norma xurídica. A Constitución española de 1978, principios informadores. Estrutura e contido.
2. A Coroa: funcións constitucionais. As Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados e o Senado. Composición e funcións. Aprobación das leis.
3. O Goberno. A súa composición e funcións. O presidente  do Goberno. Os ministros.
Relacións entre o Goberno e as Cortes.
4. A Administración do Estado. Órganos centrais. Órganos periféricos. Os organismos  autónomos e as entidades públicas empresariais. Órganos consultivos da Administración do Estado. O Consello de Estado e outros órganos consultivos.
5. A distribución territorial do poder do Estado. O Estado das autonomías na Constitución. Procesos deconstitución das comunidades autónomas. Estrutura,aprobación e reforma dos estatutos de autonomía
6. O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da comunidade autónoma. O Goberno da comunidade autónoma.
7. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.
8. A Administración pública da comunidade autónoma. O Consello da Xunta. Composición e funcións. Os conselleiros: estatuto persoal e atribucións. Organización e estrutura das  consellerías. A Administración periférica da consellerías.
9. O persoal ao servizo da Administración da comunidade autónoma. Persoal funcionario e persoal laboral. Réxime xurídico da función pública galega.
10. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común. Ámbito de aplicación e principios informadores. Fases: iniciación, ordenación, instrución e terminación.
11. Os recursos administrativos. Concepto e clases, requisitos xerais. Recursos de alzada, reposición e extraordinario de revisión.
12. Os contratos administrativos, segundo a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público. As súas clases. Formas de contratación. Contido e efectos dos contratos administrativos. Cumprimento dos contratos administrativos. Risco e ventura e forza
maior na contratación administrativa. Revisión de prezos. Resolución, rescisión e renuncia.
13. A expropiación forzosa. Potestade expropiatoria. Natureza e xustificación. Suxeitos, obxecto e causa. Procedemento xeral expropiatorio. Garantías xurisdicionais.
14. A responsabilidade patrimonial da Administración. Características do sistema vixente. Lesión determinante, suxeitos imputables e causas da imputación. A extensión da reparación. A acción de responsabilidade.
15. As propiedades administrativas en xeral. Clases. O dominio público. Concepto, natureza xurídica e elementos. Réxime xurídico do dominio público.
16. As comunidades europeas (I). As súas fontes. Ordenamento xurídico comunitario. Os tratados orixinarios e de modificación.
17. As comunidades europeas (II). As institucións da Unión Europea. Órganos executivos e os seus poderes. O Consello de Ministros. A Comisión. O Parlamento europeo: composición e atribucións. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea.
18. O gasto público: concepto e réxime xurídico. Clasificacións. Principios constitucionais na materia. Limitacións dos créditos orzamentarios para gastos. Procedemento de execución do gasto público. As subvencións: réxime xurídico. O Tribunal de Contas.
19. A xestión económica-financeira pública de Galicia. A Facenda e o patrimonio da comunidade autónoma. Os orzamentos da comunidade autónoma. O control orzamentario. O Consello de Contas.
 

PARTE ESPECÍFICA

Primeira parte:
1. O libro e as bibliotecas antes da imprenta.
2. O nacemento da imprenta no século XV. Os incunables. A imprenta no século XVI. A Imprenta en Galicia nos séculos XV e XVI.
3. O libro, as bibliotecas e os lectores nos séculos XVII e XVIII. A imprenta compostelá.
4. O libro e as bibliotecas nos séculos XIX e XX. As publicacións periódicas. O desenvolvemento da lectura pública. Situación actual e tendencias de futuro. O libro e as bibliotecas en Galicia neses séculos.
5. A ilustración do libro: panorama histórico xeral, sistemas e técnicas. A banda deseñada nos séculos XIX e XX.
6. A industria do libro en España na actualidade. Editores, distribuidores e libreiros. Análise da situación en Galicia. Perspectivas da edición no século XXI: o libro electrónico.
7. O patrimonio bibliográfico: lexislación e normativa reguladora. Lei e normativa de propiedade intelectual.
8. Concepto e función dos servizos bibliotecarios. Clases de bibliotecas. Bibliotecas dixitais e virtuais. Bibliotecas híbridas.
9. As bibliotecas nacionais. Concepto e función. Proxectos e cooperación nacional e internacional. O C.S.B.G.
10. As bibliotecas públicas. Concepto e función. Tendencias actuais. As bibliotecas públicas de Galicia.
11. As bibliotecas universitarias. Concepto e función. Os CRAI. As bibliotecas universitarias en Galicia. REBIUN e o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia. Bibliotecas especializadas e centros de documentación.
12. Organización bibliotecaria española. Lei de bibliotecas de Galicia e organización bibliotecaria galega.
13. A cooperación bibliotecaria. Sistemas, redes e consorcios. Situación en España e en Galicia.
14. Xestión e administración de bibliotecas: Planificación de servizos. Dirección por  obxectivos. Xestión orzamentaria e de recursos humanos.
15. Avaliación dos procesos e servizos bibliotecarios. Norma ISO 11620. Estatísticas de  bibliotecas. Bibliometría.
16. Construción e equipamento de bibliotecas. Criterios para mantemento e conservación dos materiais nas bibliotecas. Medidas de prevención e corrección dos axentes degradantes da colección.
17. Xestión da colección bibliográfica: selección e adquisición. Criterios e fontes para a constitución e mantemento da colección. A adquisición de publicacións electrónicas. Avaliación da colección.
18. Xestión da colección bibliográfica: proceso técnico.
19. Os catálogos nas bibliotecas: concepto, fins e problemas de elaboración. A catalogación  compartida. Os OPAC. A usabilidade. Os catálogos colectivos: conceptos, fins e elaboración. Catálogos colectivos físicos e virtuais. Situación actual e perspectivas de futuro.
20. Normalización no almacenamento, difusión e intercambio da información bibliográfica. ISBD e regras de catalogación españolas. As GARR e as FRBR.
21. Os formatos Marc. O Marc 21. Variedades xeográficas e de aplicacións. Os formatos Ibermarc. Linguaxes de marcaxe aplicadas ao formato Marc: XML e formato Marc.
 
Segunda parte:
1. A clasificación: concepto e principais sistemas. A CDU.
2. Encabezamentos de materias; concepto, uso e función. Principais listas de encabezamento de materias utilizadas en Galicia.
3. Control e xestión de autoridades. Análise da estrutura da información nos rexistros de autoridade e puntos de acceso: ISAN, ISO 2788. O formato Ibermarc para autoridades. Os FRANAR e o VIAF.
4. Análise da estrutura da información dos fondos e localizacións. O formato Ibermarc para fondos e localizacións.
5. A busca e recuperación normalizada da documentación: Metabuscadores. Z-39-50 e Z-3950 International Next Generation. O perfil Bath.
6. Bibliotecas dixitais: pautas e normas para o desenvolvemento e mantemento dunha biblioteca
dixital. Os metadatos. A Dublín Core Metadata Iniciative. O OAI (Open Archives Iniciative).
7. Os sistemas integrados de automatización de bibliotecas. Estado actual e tendencias de futuro.
8. Recuperación da información. Sistemas automatizados e busca en bases de datos e Internet. A web semántica.
9. Servizos aos lectores e acceso do documento: consulta, préstamo, préstamo individual e  colectivo. Xestión automatizada do servizo. Préstamo interbibliotecario. As actuais tecnoloxías e o acceso ao documento a través da rede.
10. Servizos aos lectores: As seccións infantís/xuvenís e a animación á lectura. A biblioteca como dinamizadora cultural. A extensión bibliotecaria. A formación de usuarios.
11. Definición e obxectivos da bibliografía. O Control Bibliográfico Universal (CBU). A iniciativa ICABS.
12. A normalización da identificación bibliográfica. O ISBN, o ISSN e outros códigos internacionais. Identificadores permanentes: DOI, RDF.
13. Estado, uso, características e tipoloxía das fontes e recursos bibliográficos na actualidade. As bibliografías nacionais e o depósito legal. A situación en Galicia.
14. Bibliografías e fontes de información para publicacións periódicas, publicacións oficiais, literatura gris e materiais especiais.
15. Fontes de información e recursos para ciencias sociais e humanidades, ciencia, tecnoloxía e ciencias da saúde.
16. Tendencias actuais na industria e mercado da información. Maioristas e grandes subministradores de información referencial.
17. Análise documental e linguaxes documentais. Thesaurus e descritores. Resumos.
18. Recuperación da información. Busca retrospectiva e servizos de difusión selectiva.
19. Organizacións bibliotecarias internacionais relacionadas coas bibliotecas: Unesco, IFLA, ISO, etc.
 

CONVOCATORIAS

CONVOCATORIA 2011

CATEGORIA
Nº DE PRAZAS
TITULACIÓN REQUERIDA
DATAS DE INTERESE
BIBLIOTECAS
7 PRAZAS Ingreso Libre
Grao Universitario ou titulación equivalente Realización dos exames previsiblemente ao longo do 2012
Nós Oposicións 2008-2012 Deseño web: Argos-Galaica