Compromiso
Xunta>AXUDANTE DE ARQUIVOS BIBLIOTECAS E MUSEOS. ESPECIALIDADE BIBLIOTECAS (A2)

AXUDANTE DE ARQUIVOS BIBLIOTECAS E MUSEOS. ESPECIALIDADE BIBLIOTECAS (A2)

  • REQUISITOS
  • PROCESO SELECTIVO (PROBAS)
  • TEMARIO
  • CONVOCATORIAS

REQUISITOS (ACCESO LIBRE)

1. Nacionalidade:
a) Ter a nacionalidade española.
b) Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado en que en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
c) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, e o dos nacionais dalgún Estado ao cal en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.
2. Idade: ter cumpridos dezaseis anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.
3. Titulación: estar en posesión ou en condicións de obter o título universitario de diplomado universitario ou equivalente. Para estos efectos, seguen sendo válidos os títulos universitarios de licenciado en dereito ou en arquitectura superior, de conformidade co establecido no punto primeiro da disposición transitoria terceira da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación. 
4. Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
5. Habilitación: non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos,
o acceso ao emprego público.
 

PROCESO SELECTIVO (PROBAS)

Segundo a convocatoria anterior a FASE DE OPOSICIÓN estará formada polos seguintes exercicios, que se celebrarán nun mesmo acto no mesmo día, un a continuación do outro.
 

Primeiro exercicio,de carácter eliminatorio

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de oitenta (80) preguntas tipo test, máis tres (3) de reserva, con catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das que só unha delas será a correcta, correspondentes ao contido do  programa.
O tempo máximo de duración será de noventa (90) minutos.
Este exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e será necesario para superalo obter un mínimo de 10 puntos.
 

Segundo exercicio,de carácter eliminatorio

Consistirá na resolución dun suposto práctico de desenvolvemento, á elección do aspirante, de entre dous propostos polo tribunal, e relacionados coas materias correspondentes ao contido do programa no que se refire aos temas específicos de cada escala, procurando a debida proporción entre as distintas partes do programa.
O tempo máximo para a realización do exercicio será de dúas (2) horas.
Para realizar este exercicio os opositores poderán servirse de textos legais sen comentarios, excluídos os libros de consulta.
Este exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e será necesario para superalo obter un mínimo de 10 puntos.
 

 Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego proposto polo tribunal.
Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán proposto polo tribunal.
O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha (1) hora.
Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto.
 

TEMARIO

PARTE XERAL

1. O concepto de Constitución. A Constitución como norma xurídica.  A Constitución española de 1978, principios informadores. Estrutura e contido.
2. A Coroa: funcións constitucionais. As Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados e o Senado. Composición e funcións. Aprobación das leis.
3. O Goberno. A súa composición e funcións. Relación entre o Goberno e as Cortes. A Administración do Estado. Órganos centrais. Órganos periféricos.
4. O Estatuto de autonomía de Galicia. As competencias da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.
5. O Parlamento de Galicia. A Administración pública da Comunidade Autónoma. O Consello da Xunta de Galicia. Organización e estrutura das consellerías.
6. O persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma. Persoal funcionario e persoal laboral. Réxime xurídico da función pública galega.
7. As comunidades europeas: institucións comunitarias. Os tratados orixinarios e de  modificación.
8. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común: ámbito de aplicación e principios informadores. O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrución e  terminación. Os recursos administrativos: concepto e clases, requisitos xerais.
9. Os contratos administrativos, segundo a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector
público: natureza, concepto e clases. Elementos: suxeitos, obxecto, causa e forma. Formas de contratación. Contido e efectos dos contratos. Resolución, rescisión e renuncia.
10. A xestión económica-financeira pública de Galicia. A Facenda e o patrimonio da  comunidade Autónoma. Os orzamentos da Comunidade Autónoma. O control orzamentario. O Consello de Contas.
 

PARTE ESPECÍFICA

1. Concepto e funcións dos servicios bibliotecarios. Clases de bibliotecas.
2. As bibliotecas nacionais. Concepto e función. Proxectos e cooperación nacional e internacional. O Centro Superior Bibliográfico de Galicia.
3. As bibliotecas públicas. Concepto e función. As bibliotecas públicas en Galicia.
4. As bibliotecas universitarias e bibliotecas especializadas. Concepto e función. Os CRAI. As bibliotecas universitarias en Galicia. Rebiun e o Consorcio de bibliotecas universitarias de Galicia.
5. Xestión de bibliotecas. Avaliación dos procesos e dos servizos bibliotecarios. Norma ISO  1620.
6. Xestión dos fondos bibliotecarios: selección e adquisición de publicacións. A adquisición de publicacións electrónicas.
7. Proceso técnico dos fondos bibliotecarios. Almacenamento e xestión dos depósitos. Prevención e control de fondos bibliográficos.
8. Os catálogos nas bibliotecas: concepto, fins e problemas de elaboración. A catalogación cooperativa. Os OPAC. A usabilidade. A xestión de autoridades.
9. A clasificación: concepto e principais sistemas. A CDU.
10. Encabezamentos de materias: concepto, uso e función. Principais listas de encabezamento de materias utilizadas en Galicia.
11. Servizos aos lectores e acceso ao documento: consulta, préstamo, préstamo individual e colectivo. Préstamo interbibliotecario. Servizos virtuais e acceso ao documento a través da rede.
12. Servizos aos lectores: as seccións infantís/xuvenís e a animación á lectura. A literatura infantil.
13. Servizos aos lectores: a biblioteca como dinamizadora cultural. A extensión bibliotecaria. A formación de usuarios.
14. Normalización no almacenamento, difusión e intercambio da información bibliográfica. ISBD e regras de catalogación españolas. As GARR e as FRBR.
15. Os formatos MARC. Os formatos Ibermac. Linguaxes de marcación aplicadas aos rexistros bibliográficos. XML e formato MARC.
16. A busca e recuperación da información. Metabuscadores.
17. Z-3950 e Z-3950 International Next Generation. O perfil BATH.
18. Bibliotecas dixitais: pautas e normas para o desenvolvemento e mantemento dunha  biblioteca dixital. Os metadatos. O Dublin Core Metadata Initiative.
19. A cooperación bibliotecaria. Sistemas, redes e consorcios. Situación en España e en Galicia.
20. As novas tecnoloxías e a súa aplicación aos servizos bibliotecarios. Os sistemas integrados de automatización de bibliotecas, Estado actual e tendencias de futuro.
21. Definición e obxectivos da bibliografía. O Control Bibliográfico Universal (CBU). A iniciativa ICABS.
22. A normalización da identificación bibliográfica. O ISBN, ISSN e outros códigos internacionais. Identificadores permanentes: DOI, RDF.
23. Estado, uso, características e tipoloxía das fontes e recursos bibliográficos na actualidade. As bibliografías nacionais e o depósito legal. A situación en Galicia.
24. Análise documental e linguaxes documentais. Thesaurus e descriptores. Resumos.
25. Ontoloxías e web semántica. Recomendacións do W3C.
26. Os catálogos colectivos: concepto, fins e elaboración. Catálogos colectivos físicos e virtuais. Situación actual e perspectivas de futuro.
27. Internet nas bibliotecas. Uso da www para información e servizos. Portais bibliotecarios.
28. Fontes bibliográficas para o estudo da cultura galega.
29. A Lei 14/1989, de bibliotecas de Galicia e o seu desenvolvemento. Outras normativas de aplicación ás bibliotecas galegas.
30. Patrimonio bibliográfico: lexislación e normativa de aplicación. A propiedade intelectual en España.
31. A industria editorial e o comercio libreiro en España, con especial referencia a Galicia.
 

CONVOCATORIAS

CONVOCATORIA 2011

CATEGORIA
Nº DE PRAZAS
TITULACIÓN REQUERIDA
DATAS DE INTERESE
ESCALA DE AXUDANTES DE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOS. ESPECIALIDADE DE BIBLIOTECAS (A2)
7 PRAZAS Ingreso Libre
Diplomatura universitaria ou equivalente Realización dos exames previsiblemente ao longo do 2012
Nós Oposicións 2008-2012 Deseño web: Argos-Galaica