Xunta>AXUDANTE DE ARQUIVOS BIBLIOTECAS E MUSEOS. ESPECIALIDADE ARQUIVOS(A2)
AXUDANTE DE ARQUIVOS BIBLIOTECAS E MUSEOS. ESPECIALIDADE ARQUIVOS(A2)
-
REQUISITOS
-
PROCESO SELECTIVO (PROBAS)
-
TEMARIO
-
CONVOCATORIAS
REQUISITOS (ACCESO LIBRE)
1. Nacionalidade:
a) Ter a nacionalidade española.
b) Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado en que en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
c) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, e o dos nacionais dalgún Estado ao cal en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.
2. Idade: ter cumpridos dezaseis anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.
3. Titulación: estar en posesión ou en condicións de obter o título universitario de diplomado universitario ou equivalente. Para estos efectos, seguen sendo válidos os títulos universitarios de licenciado en dereito ou en arquitectura superior, de conformidade co establecido no punto primeiro da disposición transitoria terceira da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.
4. Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
5. Habilitación: non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos,
o acceso ao emprego público.
PROCESO SELECTIVO (PROBAS)
Segundo a convocatoria anterior a FASE DE OPOSICIÓN estará formada polos seguintes exercicios, que se celebrarán nun mesmo acto no mesmo día, un a continuación do outro.
Primeiro exercicio,de carácter eliminatorio
Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de oitenta (80) preguntas tipo test, máis tres (3) de reserva, con catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das que só unha delas será a correcta, correspondentes ao contido do programa.
O tempo máximo de duración será de noventa (90) minutos.
Este exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e será necesario para superalo obter un mínimo de 10 puntos.
Segundo exercicio,de carácter eliminatorio
Consistirá na resolución dun suposto práctico de
desenvolvemento, á elección do aspirante, de entre dous propostos polo tribunal, e relacionados coas materias correspondentes ao contido do programa no que se refire aos temas específicos de cada escala, procurando a debida proporción entre as distintas partes do programa.
O tempo máximo para a realización do exercicio será de dúas (2) horas.
Para realizar este exercicio os opositores poderán servirse de textos legais sen comentarios, excluídos os libros de consulta.
Este exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e será necesario para superalo obter un mínimo de 10 puntos.
Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:
Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego proposto polo tribunal.
Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán proposto polo tribunal.
O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha (1) hora.
Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto.
TEMARIO
PARTE XERAL
1. O concepto de Constitución. A Constitución como norma xurídica. A Constitución española de 1978, principios informadores. Estrutura e contido.
2. A Coroa: funcións constitucionais. As Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados e o Senado. Composición e funcións. Aprobación das leis.
3. O Goberno. A súa composición e funcións. Relación entre o Goberno e as Cortes. A Administración do Estado. Órganos centrais. Órganos periféricos.
4. O Estatuto de autonomía de Galicia. As competencias da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.
5. O Parlamento de Galicia. A Administración pública da Comunidade Autónoma. O Consello da Xunta de Galicia. Organización e estrutura das consellerías.
6. O persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma. Persoal funcionario e persoal laboral. Réxime xurídico da función pública galega.
7. As comunidades europeas: institucións comunitarias. Os tratados orixinarios e de modificación.
8. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común: ámbito de aplicación e principios informadores. O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrución e terminación. Os recursos administrativos: concepto e clases, requisitos xerais.
9. Os contratos administrativos, segundo a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector
público: natureza, concepto e clases. Elementos: suxeitos, obxecto, causa e forma. Formas de contratación. Contido e efectos dos contratos. Resolución, rescisión e renuncia.
10. A xestión económica-financeira pública de Galicia. A Facenda e o patrimonio da comunidade Autónoma. Os orzamentos da Comunidade Autónoma. O control orzamentario. O Consello de Contas.
PARTE ESPECÍFICA
1. Arquivística: definición e ámbito. O documento: caracteres e valores. O documento de arquivo no marco da Administración electrónica. Os documentos electrónicos. Arquivo: concepto, funcións e tipos.Bibliografía.
2. A identificación dos fondos. Sistemas de clasificación e ordenación. Instrumentos resultantes. A instalación. Bibliografía.
3. A xestión documental. Normalización. O proceso documental: ingresos e transferencias. Valoración e selección de documentos. Bibliografía
4. A descrición arquivística. Instrumentos resultantes. A normalización da descrición. Norma ISAD(G) e Norma ISAAR(CPF), EAD e EAC. Bibliografía.
5. Difusión e servicio de documentos. Accesibilidade documental: aspectos legais. Bibliografía.
6. Edificios e instalacións de arquivos. Medidas de conservación de documentos. Criterios e procedementos básicos de restauración. Bibliografía.
7. Reprodución de documentos: sistemas, normas e aplicacións. Bibliografía.
8. Organismos internacionais en materia de arquivos.
9. Os arquivos históricos xerais. Os arquivos das reais chancelarías.
10. Os arquivos históricos provinciais. O arquivo do Reino de Galicia.
11. Os arquivos das administracións autonómicas e locais. Os arquivos universitarios. O caso galego.
12. A Administración española de arquivos. Estrutura organizativa e competencias en materia de arquivos das distintas administracións públicas.
13. Os arquivos privados. Arquivos eclesiásticos, familiares e económicos. O caso galego.
14. Lexislación en materia de arquivos. A Lei do patrimonio histórico español. Desenvolvemento normativo.
15. Lexislación en materia de arquivos de Galicia. A Lei do patrimonio cultural de Galicia.
16. Institucións medievais: feudalismo, monarquía e estado medieval.
17. A Administración central nas idades moderna e contemporánea.
18. A Administración territorial nas idades moderna e contemporánea.
19. A organización municipal e a súa evolución histórica.
20. A Facenda pública e o sistema fiscal nas idades moderna e contemporánea.
21. A Administración de xustiza no decurso das idades moderna e contemporánea.
22. As Cortes españolas. Orixe e desenvolvemento histórico.
23. O constitucionalismo español.
24. A organización do Estado indiano.
25. A organización territorial e xerárquica da Igrexa española e a súa evolución. As ordes relixiosas. Especial referencia a Galicia.
26. O exército e a mariña na historia española ata o século XI.
27. A institución notarial. Evolución histórica.
28. A chancelaría castelá-leonesa. Organización e tipoloxía diplomática.
29. A chancelaría catalá-aragonesa. Organización e tipoloxía diplomática.
30. Os sistemas de escritura de documentos do século IX ao XVIII.
CONVOCATORIAS
CONVOCATORIA 2011
|
CATEGORIA
|
Nº DE PRAZAS
|
TITULACIÓN REQUERIDA
|
DATAS DE INTERESE
|
|
ESCALA DE AXUDANTES DE ARQUIVOS, BIBLIOTECAS E MUSEOS. ESPECIALIDADE DE ARQUIVOS (A2)
|
9 PRAZAS Ingreso Libre
|
Diplomatura universitaria ou equivalente |
Realización dos exames previsiblemente ao longo do 2012 |