Compromiso
Xunta>Auxiliar administrativo

Auxiliar administrativo

  • CONVOCATORIAS
  • REQUISITOS
  • PROCESO SELECTIVO/PROBAS

CONVOCATORIAS

CATEGORIA
Nº DE PRAZAS
TITULACIÓN REQUERIDA
DATAS DE INTERESE
AUXILIAR ADMINISTRATIVO
30 Turno Libre
Graduado da ESO ou equivalente
18-12-2009. Publicación oferta no DOG
Ata 16-08-2011. Prazo para inscribirse. Ampliado ata o 16 de agosto.

 

REQUISITOS

Nacionalidade:
a) Ter a nacionalidade española.
b) Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea.
c) Ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa aplicable a libre circulación de traballadoras/es.
d) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e I.2.2. Idade: ter cumpridos dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
Titulación: estar en posesión ou en condiciones de obter o título de graduada/o en educación secundaria obrigatoria (Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación), graduada/o en educación secundaria (Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo), graduada/o escolar ou técnica/o auxiliar (Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa) ou bacharelalato elemental (plan 1957).
No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación ou validación, de ser o caso.
Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectada/o por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
Habilitación: non ter sido separada/o mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, nin pertencer ao mesmo corpo, escala ou especialidade a cuxas probas selectivas se presenten.
Ademais dos requisitos anteriores, as/os aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacitadas/os terán que ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%.

 

PROCESO SELECTIVO/PROBAS

O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo I desta convocatoria. Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que no momento de publicación no DOG do nomeamento do tribunal do proceso conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente.
PROBAS
As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.
 

Primeiro exercicio

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de noventa (90) preguntas tipo test, máis tres (3) de reserva, con catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha delas será a correcta, correspondentes á lexislación e aos temas específicos que figuran no temario.
O tribunal procurará que o número de preguntas garde a debida proporción co número de normas e temas específicos.
O exercicio terá unha duración máxima de cen (100) minutos.
Ao remate da proba cada aspirante poderá obter copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicarase o contido do exercicio e o cadro coas respostas correctas no mesmo lugar en que se realizou e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).
O exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 10 puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal terá en conta que por cada tres (3) respostas incorrectas se descontará unha correcta.
Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.
 

Segundo exercicio

De carácter eliminatorio: consistirá na realización dunha proba práctica con vinte (20) preguntas tipo test, máis tres (3) de reserva, con respostas alternativas en que os aspirantes poñan de manifesto o coñecemento e manexo de paquetes ofimáticos en contorno MS Office 2010 e Open Office 3.2 (folla de cálculo, procesador de textos).
O exercicio terá unha duración máxima de trinta (30) minutos.
O tribunal, por cuestións de índole organizativa, poderá propoñer exercicios distintos de similares características nos correspondentes chamamentos parciais, que se poderán realizar, de ser o caso, en diferentes días.
Ao remate da proba cada aspirante poderá obter copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicarase o contido do exercicio e o cadro coas respostas correctas no mesmo lugar en que se realizou e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).
O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 5 puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal terá en conta que por cada tres (3) respostas incorrectas se descontará unha correcta.
Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.
 

Terceiro exercicio

Constará de dúas probas:
Primeira: tradución dun texto do castelán ao galego proposto polo tribunal.
Segunda: tradución dun texto do galego ao castelán proposto polo tribunal.
O exercicio terá unha duración máxima de sesenta (60) minutos.
O exercicio valorarase como apto ou non apto e para superalo será necesario obter o resultado de apto. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar o resultado de apto.
Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de corenta e oito (48) horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.
Estarán exentos de realizar este exercicio as/os aspirantes que acrediten que dentro do prazo sinalado para presentar a solicitude para participar no proceso selectivo posuían o Celga 3 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG n.º 146, do 30 de xullo).

 

TEMARIO

Programa que rexerá as probas selectivas para o acceso ao corpo auxiliar da Xunta de Galicia (subgrupo C2)
1. Constitución española, do 27 de decembro de 1978.
2. Lei 50/1997, do 27 de novembro, de organización, competencia e funcionamento do Goberno: títulos I a V.
3. Lei 6/1997, do 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración xeral do Estado: título I.
4. Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: títulos I a X.
5. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, Estatuto de autonomía de Galicia.
6. Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística: títulos I e II.
7. Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e a súa Presidencia.
8. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia: títulos preliminar, I, II e III.
9. Decreto 79/2009, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia.
10. Decreto 8/2011, do 28 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.
11. Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público: título preliminar e títulos I e II do libro I.
12. Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia: título preliminar e capítulos I, II e III do título III.
13. Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público: títulos I a VII.
14. Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia: títulos I a V.
15. V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (capítulos I a VIII).
16. Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia: títulos preliminar a IV.
17. Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes: títulos preliminar e II.
18. Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal: títulos I, II e III.
19. Decreto 230/2008, do 18 de setembro, polo que se establecen as normas de boas prácticas na utilización dos sistemas de información da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
20. Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dependentes.
21. Tratado da Unión Europea: título III.
22. Tratado de funcionamento da Unión Europea: sexta parte.
Temas informática/Ofimática.
23. Informática básica: conceptos fundamentais sobre o hardware e o software. Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico.
24. Ofimática: aplicacións informáticas de tratamento de textos, de follas de cálculo, de bases de datos e de presentacións gráficas de información
Nós Oposicións 2008-2012 Deseño web: Argos-Galaica