Compromiso
Universidade>Auxiliar de Servizos

Auxiliar de Servizos

REQUISITOS:

Ser español

Idade comprendida entre 16 e 65 anos.

Certificado de escolaridade.

Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

Non estar separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas por sentenza firme.

PROCESO SELECTIVO

Ao amparo no disposto na disposición transitoria cuarta do III Convenio Colectivo do PAS laboral da UDC, de xeito excepcional e ao tratarse este do primeiro proceso selectivo para auxiliares de servizo tras a publicación da RTP do 2005, valorarase como segue:

FASE DE OPOSICIÓN: 60 puntos.

PRIMEIRO EXERCICIO

De carácter obrigatorio e eliminatorio para os que non acrediten o Celga 3 ( curso de iniciación do galego), consistirá nunha proba por escrito sobre o uso do idioma galego, será cualificado como "apto" ou "non apto" polo Tribunal e terán un total de 60 min para realízala.

SEGUNDO EXERCICIO

Consistirá en contestar un cuestionario de 75 preguntas (mais 3 de reserva) con 4 respostas alternativas.nas que só unha será correcta.Todas terán o mesmo valor e cada resposta errónea descontará 25% do valor da resposta.

Puntuarase de 0-60 puntos, cun mínimo de 24 puntos para superar o exercicio.

O tempo total para esta proba, será de 15 minutos.

FASE DE CONCURSO: 40 puntos.

Ata un máximo de 30 puntos.

A antigüidade valorarase a razón de 0.625 puntos por mes na mesma categoría e grupo en UDC e 0.15 puntos por mes na mesma categoría e grupo noutras administracións.

Os 10 puntos restantes conseguiranse pola valoración da formación relacionada coa categoría da praza, acreditada suficientemenete e impartida por centros e organismos oficiais e/ou de recoñecido prestixio.

A valoración da formación farase atendendo aos seguintes criterios:

A)Lingua Galega,

.

No caso de posuír máis dun curso de lingua galega, só puntuará o máis alto.

  • Celga3:1 punto
  • Celga4:2 puntos
  • Linguaxe administrativo:2.5 puntos
  • Linguaxe administrativa, nivel superior:3 puntos.
  • Celga 5:3 puntos

B) Formación relacionada coa categoría de pertenza da praza:

Cursos de asistencia:

  • Menos de 10 horas, ou que non indiquen o seu duración:0.25 puntos/curso
  • De 10 a 19 horas:0.50 puntos/curso
  • De 20 a 29 horas: 1 punto/curso
  • De 30 a 39 horas :1.5 puntos/curso.
  • De 40 a 49 horas: 2 puntos/ curso.
  • De 50 horas ou más:2.5 puntos/curso

Os cursos impartidos ou de aproveitamento puntuarán o dobre.

TEMARIO

BLOQUE I

1) Constitución Española: dereitos e deberes fundamentais.

2) Estatuto de Autonomía de Galicia.Título I: do poder galego

3) Lei Orgánica de Universidades. Título I: da natureza, creación e réxime xurídico das universidades.

4) Estatutos da Universidade da Coruña

5) III Convenio Colectivo do Persoal Laboral de Administración e Servizos da Universidade da Coruña

BLOQUE II

1) Información, orientación e asistencia ao usuario: Habilidades sociais de comunicación na atención ao usuario. Denominación e localización de centros e servizos da UDC.

2) Correspondencia: Produtos postais. Sistemas de franqueo. GAÑES: principais vantaxes e funcionalidades. Correspondencia electrónica: manexo básico de fax e correo electrónico.

3) Nocións básicas de fontanería e calefacción: Elementos básicos das instalacións de fontanería. Mecanismos nos puntos de servizo: tipo e avarías frecuentes. Sala de caldeiras: compoñentes e a súa función. Comprobacións periódicas por parte do persoal de Conserxería. Radiadores. Tipos. Purgado e tipos de chaves.

4) Nocións básicas de electricidade: Conceptos: intensidade, voltaxe, resistencia e potencia. Riscos eléctricos. Elementos de protección e a súa función. Avarías comúns. Localización de avarías.

5) Formación básica en prevención de riscos laborais: Manipulación de cargas. Instalacións de protección contra incendios: uso e tipos de medios de extinción. Sinalización de seguridade. Seguridade en almacenamentos, en escaleiras manuais e na utilización de ferramentas manuais.

NOTAS DE INTERESE

PRAZAS: 38 ( 4 reservadas para personas cunha minusvalía igual ou superior ao 33%)

PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 29 de novembro.

CONVOCATORIA: Luns 9 de novembro, 2009.

CALENDARIO: lugar e data por Resolución Rectoral, a duración máxima un ano dende a presente convocatoria

Nós Oposicións 2008-2012 Deseño web: Argos-Galaica