Para seren admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán posuír no día de remate do prazo de presentación de solicitudes, e mantelos ata a data da toma de posesión como funcionario, os seguintes requisitos:
a) Ser español ou nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado ao que, en virtude de tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
b) Ter cumpridos os 16 anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.
c) Estar en posesión do título de: graduado en educación secundaria obrigatoria, graduado escolar, FP I ou equivalente.
No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír a credencial que acredita a súa homologación.
d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
e) Non estar separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas
f) Aboar a taxa por dereitos de exame
Primeiro exercicio. (eliminatorio).
Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de 100 preguntas tipo test, baseado no contido do programa, con catro respostas alternativas, cunha soa resposta correcta.
O tempo máximo de duración será de 100 minutos.
Este exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 10 puntos, correspondéndolle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar a puntuación mínima. Para iso terase en conta que por cada catro respostas incorrectas descontarase unha correcta.
Consistirá en contestar por escrito a dous supostos de carácter práctico, baseados no contido do programa, elixidos entre tres propostos polo tribunal. Cada suposto formularase con 15 preguntas e con catro respostas alternativas, das que unha soa será a correcta.
O tempo máximo para a súa realización será de 70 minutos
A cualificación deste exercicio será de 0 a 30 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 15 puntos. Para iso terase en conta que por cada catro respostas incorrectas descontarase unha correcta
Consistirá en contestar por escrito, utilizando ordenador, a un cuestionario de 40 preguntas tipo test con catro respostas alternativas das que unha soa será a correcta, dirixidas a valorar os coñecementos informáticos dos aspirantes nos programas de Word 2003 e Excel 2003.
O tempo máximo de duración deste exercicio será de 40 minutos.
Este exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 15 puntos. Para iso terase en conta que por cada catro respostas incorrectas descontarase unha correcta.
O tribunal, por cuestións de índole organizativa, poderá propor exercicios distintos de similares características nos correspondentes chamamentos parciais, que se poderán realizar, de ser o caso, en diferentes días.
Consistirá na tradución, sen dicionario, dun texto administrativo do castelán para o galego, e do galego para o castelán, elixido polo aspirante entre dous propostos polo tribunal.
O tempo máximo de realización deste exercicio será de 1 hora, e valorarase de 0 a 5 puntos.
Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio co DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis do nº 2 e goma de borrar para a realización dos exercicios tipo test.
1. A Constitución española de 1978: título preliminar. Dereitos e deberes fundamentais.
2. A Constitución española de 1978: as Cortes Xerais.
3. A Constitución española de 1978: a organización territorial do Estado: as comunidades autónomas, a súa constitución e competencias. O Tribunal Constitucional.
4. O Estatuto de autonomía de Galicia: o Poder galego. As competencias de Galicia.
5. A Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Os órganos das administracións públicas. Principios xerais e competencia. Órganos colexiados. Abstención e recusación.
6. A Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Concepto de documento, rexistro e arquivo. Funcións do rexistro e do arquivo. Clases de arquivo e criterios de ordenación. Especial consideración do arquivo de xestión.
7. A Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Requisitos e eficacia dos actos administrativos. Motivación e notificación, nulidade e anulabilidade dos actos administrativos.
8. A Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O procedemento administrativo común. Iniciación, ordenación, instrución e terminación. A revisión dos actos en vía administrativa. Revisión de oficio. O silencio administrativo
9. A Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Os recursos administrativo.
10. O Estatuto básico do empregado público: obxecto e ámbito de aplicación. Clases de persoal ao servizo das administracións públicas. Dereitos e obrigas dos empregados públicos.
11. A Lei 4/1988 da función pública de Galicia: creación de prazas, sistemas de acceso, provisión de postos de traballo, promoción profesional. Situacións administrativas.
12. A Lei orgánica 6/2001 e a Lei 4/2007, do 12 de abril, de universidades.
13. O Decreto 28/2004, do 22 de xaneiro, polo que se aproban os Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela
14. A harmonización da educación superior en Europa. A declaración de Boloña. Estrutura do ensino universitario. Homologación de plans de estudo e títulos de carácter oficial. O acceso á universidade. As normas de xestión académica da Universidade de Santiago de Compostela: matrícula. Réxime de traslados. Adaptación e validación. Acceso aos segundos ciclos.
15. A calidade na universidade española: as axencias nacional e autonómica que garanten a calidade (ANECA, ACSUG). Modelos de certificación e acreditación da calidade presentes na universidade española: norma UNE-EN ISO 9001: 2000 e norma UNE_EN ISO 14001: 2004, modelo EFQM, cartas de servizos.
16. A Lei de prevención de riscos laborais: dereitos e obrigas.
Nota: as referencias normativas deste temario poden verse afectadas polas modificacións que se produzan ata a data do exame.
Do 20 de setembro ao 9 de outubro