Para seren admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán posuír no día de remate do prazo de presentación de solicitudes, e mantelos ata a data da toma de posesión como funcionario, os seguintes requisitos:
a) Ser español ou nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado ao que, en virtude de tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
b) Ter cumpridos os 16 anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.
c) Estar en posesión do título de bacharelato ou técnico, formación profesional de segundo grao, ou equivalente. Así mesmo, considérase equivalente para efectos desta convocatoria:
d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
e) Non estar separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.
f) Aboar a taxa por dereitos de exame.
Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio.
Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de 80 preguntas tipo test, baseado no contido do bloque A do programa, con 4 respostas alternativas, das cales só unha será a correcta.
O tempo máximo para a realización deste exercicio será de 80 minutos.
Este exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 15 puntos, correspondéndolle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar a puntuación mínima. Para iso terase en conta que por cada catro respostas incorrectas se descontará unha correcta.
Segundo exercicio, de carácter eliminatorio.
Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 40 preguntas tipo test, con 4 respostas alternativas, das cales só unha será a correcta, propostas polo tribunal e correspondentes ao bloque B do programa.
O tempo máximo para a súa realización será de 40 minutos.
Este exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 10 puntos, correspondéndolle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar a puntuación mínima. Para iso terase en conta que por cada catro respostas incorrectas se descontará unha correcta.
Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio.
Consistirá na realización de dous supostos prácticos a elixir entre tres propostos polo tribunal. Cada suposto versará sobre o bloque A do programa e estará desagregado en 15 preguntas curtas.
O tempo para a realización deste exercicio será de 2 horas.
Este exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 15 puntos.
Cuarto exercicio: proba de galego, de carácter obrigatorio e non eliminatoria.
Consistirá na tradución, sen dicionario, dun texto do castelán para o galego, e do galego para o castelán, elixido por sorteo entre tres propostos polo tribunal.
O tempo de realización deste exercicio será de 1 hora, e valorarase de 0 a 5 puntos.
Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio co DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis do nº 2 e goma de borrar para a realización dos exercicios tipo test.
1. As bibliotecas universitarias: concepto e función. Situación actual das bibliotecas universitarias en España
2. A biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela: a estrutura, o regulamento.
3. Os formatos documentais: monografías, series, publicacións seriadas. Os soportes documentais: tipos de soportes.
4. Xestión das adquisicións: desideratas. Comprobación en catálogos. Tramitación e seguimento de pedidos
5. Tendencias actuais no mercado da información. O acceso aberto: principais iniciativas.
6. A base de datos bibliográfica: estrutura e catálogos. O formato Marc 21. A importación de rexistros bibliográficos.
7. A organización de fondos bibliográficos: libre acceso, depósito. Preparación dos materiais para o seu uso.
8. O control físico das coleccións: condicións de instalación dos materiais. As contaxes. O expurgo das coleccións.
9. O patrimonio bibliográfico: preservación e conservación. Copias de substitución.
10. Servizos aos usuarios. 1: consulta en sala, préstamo a domicilio. Préstamo interbibliotecario e fotodocumentación.
11. Servizos aos usuarios. 2: orientación e atención ao público. Información bibliográfica: as coleccións de referencia. Formación de usuarios.
12. Principais fontes de información en humanidades e ciencias sociais.
13. Principais fontes de información en ciencia e tecnoloxía.
14. Principais fontes de información en ciencias da saúde.
15. Internet. Concepto e servizos. Aplicacións nas bibliotecas.
16. Cooperación bibliotecaria. Rebiun. Os consorcios. O Consorcio de Bibliotecas Universitarias BuGalicia.
17. A Lei de propiedade intelectual en España.
18. A protección de datos en España e a súa implicación na xestión bibliotecaria.
19. Conceptos básicos de historia do libro.
20. Conceptos básicos de historia das bibliotecas.
1. A Constitución española de 1978: estrutura e contido. Dereitos e deberes fundamentais. A súa garantía e suspensión. As Cortes Xerais. O Tribunal Constitucional. O Defensor do Pobo.
2. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: principios xerais. Órganos colexiados: réxime, composición e funcións. Os interesados. Normas xerais que rexen a actividade da Administración pública.
3. A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, e a Lei 4/2007, do 12 de abril, de universidades.
4. Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela.
5. A Lei 4/1988, da función pública de Galicia: creación de prazas, sistemas de acceso, provisión de postos de traballo, promoción profesional. Situacións administrativas.
6. Lei de prevención de riscos laborais. Dereitos e obrigas.
Do 12 de novembro ata o día 1 de decembro de 2011