a) Ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea.
b) Ter cumpridos os dezaoito anos e que non se alcanzase a idade de xubilación.
d) Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
e) Non estar separado/a mediante un expediente disciplinario de calquera das administracións públicas nin inhabilitado/a para o desempeño de funcións públicas por sentenza firme. No caso de nacionais dun Estado estranxeiro, non estar sometido/a a sanción disciplinaria ou a condena penal firme que impida no seu Estado o acceso á función pública.
De carácter obrigatorio e eliminatorio. Para aqueles candidatos/as que non acrediten posuír, na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, e consistirá na realización dunha proba en que se comprobará que posúen o nivel de Celga 4 de comprensión e expresión oral e escrita da lingua galega, en especial da linguaxe administrativa, dado que é a súa área profesional. Cualificarase de apto ou non apto.
Segundo exercicio
De carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar un cuestionario de 120 preguntas con catro respostas alternativas, das que só unha é correcta, baseado no contido completo do programa que figura como anexo a esta convocatoria. Todas as preguntas terán a mesma puntuación e cada resposta errónea descontará o 33% do valor da resposta correcta. O tempo máximo de realización deste exercicio será de 140 minutos. A puntuación será de 0 a 48 puntos, de modo que será necesario para aprobar obter un mínimo de 24 puntos.
Terceiro exercicio
De carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en resolver dous supostos teórico-prácticos, sobre o módulo B do temario. Cada suposto estará desagregado en preguntas curtas. Cada un dos supostos valorarase de 0 a 18,5 puntos. A puntuación será de 0 a 37 puntos de modo que será necesario para aprobar obter un mínimo de 18,5 puntos.
TEMARIO
Bloque A.
1. A Constitución española de 1978. Estrutura. Título preliminar, dereitos e deberes fundamentais. Elaboración das leis. O Goberno e a Administración.
2. O Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura. Título preliminar. O Poder galego. As competencias de Galicia. A Administración pública galega.
3. A Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
4. Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público: clases de persoal. Dereitos e deberes. Código de conduta dos empregados públicos. Adquisición e perda da relación de servizo. Provisión de postos de traballo. Situacións administrativas. Réxime disciplinario. Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia. Provisión de postos de traballo. O acceso á función pública. Adquisición e perda da condición de funcionario. Situacións administrativas.
5. A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, de 12 de abril.
6. O Decreto 101/2004, do 13 de maio, que aproba os estatutos da Universidade da Coruña.
7. O Regulamento de usos da lingua galega na Universidade da Coruña. Os dereitos lingüísticos na Universidade da Coruña.
Bloque B
8. A biblioteca universitaria: concepto e función. As bibliotecas universitarias en España. Impacto do Espazo Europeo de Educación Superior nas bibliotecas universitarias. As bibliotecas universitarias como centros de recursos para a aprendizaxe e a investigación (CRAI).
9. Cooperación bibliotecaria. Rebiun. Dialnet. Os consorcios. O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.
10. A Biblioteca da Universidade da Coruña. Regulamento de organización e funcionamento do Servizo de Biblioteca da Universidade da Coruña. Normativa de préstamo da Biblioteca da Universidade da Coruña.
11. Concepto e función do arquivo. Clases de arquivos. Clasificación e ordenación dos documentos. O arquivo da Universidade da Coruña. Normas básicas de transferencia de documentación ao Centro de Documentación e Arquivo.
12. Principais tipos de publicacións científicas: monografías, teses, revistas científicas, artigos, literatura gris. O movemento Open Access: concepto e orixe. Os repositorios dixitais. O repositorio institucional da Universidade da Coruña (RUC).
13. Proceso técnico dos libros, publicacións periódicas e materiais especiais: rexistro, selaxe, magnetización. Conservación e preservación dos fondos.
14. Organización da colección. Sistemas de clasificación e ordenación topográfica. Libre acceso e depósitos. Control físico da colección: recontos e expurgacións.
15. Os sistemas informáticos de xestión integrada de bibliotecas.
16. Os catálogos bibliotecarios: concepto e clases. O catálogo OPAC: concepto, evolución e tendencia. O OPAC da Biblioteca da Universidade da Coruña. Nocións básicas sobre o formato MARC 21. Recuperación de información.
17. Tipos de usuarios das bibliotecas universitarias. As cartas de servizos. A carta de dereitos e deberes dos usuarios da Biblioteca da Universidade da Coruña.
18. Servizos aos usuarios na biblioteca universitaria (I): orientación e atención ao público, servizos de referencia, procuras bibliográficas, difusión selectiva de información e formación de usuarios.
19. Servizos aos usuarios na biblioteca universitaria (II): consulta en sala, préstamo, préstamo intercentros, préstamo interbibliotecario.
20. As fontes de información: concepto e tipoloxía. Principais fontes multidisciplinares. Recursos existentes na Universidade da Coruña.
21. Fontes de información en ciencias sociais e humanidades. Recursos existentes na Universidade da Coruña.
22. Fontes de información en ciencia, tecnoloxía en ciencias da saúde. Recursos existentes na Universidade da Coruña.
23. Internet e as bibliotecas. A biblioteca 2.0: ferramentas e aplicacións aos servizos.
24. A propiedade intelectual nas bibliotecas universitarias.
25. A Lei 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal: obxecto e ámbito de aplicación. Principios de protección de datos. Dereitos das persoas. Ficheiros de utilidade pública e privada. Axencia de protección de datos. Infraccións e sancións.
NOTA: debe entenderse que este temario pode verse afectado polas modificacións normativas e lexislativas que puideren producirse ata a data do exame.