Traballo Social
-
PROCESO SELECTIVO
-
TEMARIO
-
CONVOCATORIAS
PROCESO SELECTIVO (PROBAS)
1º Exercicio: (eliminatorio).
Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio con dúas partes diferenciadas, nun prazo máximo de 180 minutos:
1. Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, sobre o contido da parte específica do programa.
2. Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.
Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos.
As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.
2º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).
Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.
Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
3º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).
Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.
Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
TEMARIO
PARTE COMÚN
Tema 1.-A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos/as españois/ as. A protección da saúde na Constitución.
Tema 2.-Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.
Tema 3.-A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos/as usuarios/as do sistema sanitario público.
Tema 4.-O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do persoal estatutario. distinto
Tema 5.-O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo.Xornada de traballo. Permisos e licenzas.
Tema 6.-A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.
Tema 7.-A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.
Tema 8.-Saúde laboral: concepto. Principais riscos nas institucións sanitarias e medidas de prevención. Principios básicos do Plan xeral de prevención de riscos laborais do Servizo Galego de Saúde.
PARTE ESPECÍFICA
Tema 9.-A autonomía do paciente. Dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica. Normas reguladoras do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes.
Tema 10.-A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal: disposicións xerais; protección de datos; dereitos da persoas; ficheiros de titularidade pública.
Tema 11.-A regulación da saúde mental en Galicia: obxecto e directrices xerais. Coordinación da saúde mental. Dispositivos básicos de saúde mental e funcións. Dispositivos complementarios de saúde mental e funcións. Educación, docencia, investigación e avaliación da saúde mental.
Tema 12.-Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia. Normativa nacional e autonómica de desenvolvemento.
Tema 13.-Lei 2/2007, do 28 de marzo de 2007, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia. Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. A violencia de xénero e a violencia doméstica. Definición e causas. Formas de prevención, detección e intervención dende a atención primaria e especializada de saúde. Programas de intervención con persoas maltratadas e con maltratadoras.
Tema 14.-O traballo social: natureza, obxecto, obxectivos e funcións. A ética profesional do traballo social. O Código de ética profesional. O segredo profesional. Conflitos éticos na práctica profesional.
Tema 15.-Principios básicos do traballo social: individuación. Expresión de sentimentos. Participación emocional. Aceptación. A “neutralidade” do/a traballador/ a social. Autodeterminación. Participación do paciente no proceso de traballo social: integración do paciente durante todo o proceso de intervención a nivel individual, familiar e de grupo.
Tema 16.-O traballo social no sistema de saúde. Historia e evolución. Teorías contemporáneas do traballo social. Diferentes enfoques: o condutista, o psicodinámico, o cognitivo, o humanista e o sistémico. Modelos de práctica profesional.
Tema 17.-O proceso metodolóxico no traballo social: fases do proceso. Estudo e diagnóstico social. Elementos do diagnóstico. Obxectivos, técnicas e procedementos metodolóxicos utilizados. Tipos de diagnóstico no traballo social: diagnóstico dinámico, diagnóstico clínico, diagnóstico etiolóxico.
Tema 18.-O proceso de planificación no traballo social. Plans. Programas. Proxectos. A planificación como parte do proceso metodolóxico no traballo social: a planificación na atención individualizada e familiar e no traballo social con grupos.
Tema 19.-O proceso de intervención no traballo social. Deseño da intervención. Fases do deseño da intervención. Intervención directa e indirecta. Actitudes profesionais na intervención. Os recursos, definición e tipoloxía de recursos.
Tema 20.-A avaliación no traballo social. Avaliación do deseño, avaliación da implementación, avaliación de resultados. Tipos de avaliación: externa, interna e mixta. Técnicas de avaliación cuantitativa e cualitativa.
Tema 21.-O traballo social familiar. A familia como unidade de intervención no traballo social. A estrutura familiar. As relacións no sistema familiar, comunicación, roles e regras. O traballo social familiar e a terapia de familia. Obxectivos, métodos e técnicas de intervención do traballo social familiar. A visita domiciliaria como técnica no traballo social; obxectivos e forma de preparar a visita domiciliaria. Límites á visita domiciliaria.
Tema 22.-O traballo social con casos. Características da intervención. Técnicas e instrumentos documentais básicos utilizados no traballo social de casos. A historia social como instrumento de traballo do/a traballador/ a social. Aspectos máis relevantes. Utilización no diagnóstico, tratamento e derivación de casos. Os documentos básicos do traballo social: o informe social, a ficha social, a historia social. O contrato: un instrumento para o cambio.
Tema 23.-A intervención profesional no traballo social con grupos, obxectivos. Técnicas de traballo social con grupos. Fases do proceso de formación dos grupos. A motivación na vida do grupo. Dinámica de grupos, principios xerais. A orientación do traballo social con grupos de persoas enfermas. Instrumentos documentais básicos utilizados no traballo social de grupos.
Tema 24.-A entrevista no traballo social: concepto, características, fases e tipos de entrevista. Estrutura e proceso da entrevista. A entrevista como medio de diagnóstico e de tratamento no traballo social. Habilidades e destrezas para a realización de entrevistas.
Tema 25.-A intervención social directa: concepto e obxectivos. A transferencia e contratransferencia na relación traballador/a social-usuario/a. O uso da relación profesional como relación de apoio e acompañamento.
Tema 26.-A intervención social indirecta: concepto, obxectivos, técnicas. O traballo en redes: concepto. Utilidades deste tipo de intervencións. Relación con outras formas de intervención do traballo social. Interdisciplinariedade no traballo en redes.
Tema 27.-O traballo social como proceso psicosocial. O/a paciente como realidade biopsicosocial. Aspectos internos e externos. Relacións. Comunicacións. Utilización dos servizos e recursos sociais polo/a traballador/ a social: obxectivos. O/a traballador/a social no equipo multidisciplinar: achegas específicas do/a traballador/ a social.
Tema 28.-A supervisión no traballo social: concepto. Supervisión clínica. Supervisión institucional. Importancia da supervisión na práctica clínica do traballo social.
Tema 29.-O método científico. Características e elementos básicos. A investigación social: características. O campo da investigación social. Relacións entre teoría e investigación. Investigación básica e investigación aplicada. O proceso de investigación. Obxectivo da investigación. Deseño. Selección de métodos e técnicas. Elección da mostra. Recompilación de datos. Elaboración, análise e interpretación.
Tema 30.-Procedementos para a recompilación de datos. A observación. A entrevista. O cuestionario. Escalas de actitudes e opinións. Test. A sociometría. Recompilación documental. A semántica diferencial. Análise de contido. Aspectos máis importantes de cada unha destas técnicas. Vantaxes e limitacións de cada unha delas.
Tema 31.-Elaboración, análise e interpretación de datos. Parámetros de posición. Parámetros de dispersión. Razóns, proporcións, porcentaxes e taxas. Correlación e regresión. Presentación de datos. A redacción do informe. Preparación e estrutura. Uso de referencias e estilo.
Tema 32.-Estatísticas de saúde pública aplicables ao traballo social.
Tema 33.-Epidemioloxía da saúde e da enfermidade. Causalidade múltiple dos fenómenos biolóxicos. Constitución, ambiente e saúde. Patoloxía social. Concepto da enfermidade social. Epidemioloxía: o método epidemioloxico. Relación entre o método clínico e o epidemiolóxico. Algúns principios fundamentais da epidemioloxía: multicausalidade, susceptibilidade e vulnerabilidade; variabilidade na resposta do hóspede. Usos da epidemioloxía. Expresións de uso frecuente en epidemioloxía. Determinación do nivel de saúde: índice para medir o nivel.
Tema 34.-Saúde e enfermidade como fenómenos ecolóxicos. O individuo e o seu ambiente interno. O individuo e o seu ambiente externo. O individuo e o seu ambiente social.
Tema 35.-Determinantes multidimensionais da saúde. Persoas, situacións e sistemas sociais. Cargas xenéticas, conduta persoal, contorno familiar e social. O estrés e o apoio social. Sistema económico. Sistema social e sistema de saúde.
Tema 36.-Atención primaria de saúde. Concepto e características xerais. Intervencións e funcións do/a traballador/a social como membro do equipo interdisciplinar no servizo de atención primaria.
Tema 37.-A saúde do neno dende o seu nacemento ata a idade escolar. Aspectos psicosociais. Prevención. Tratamento. Educación sanitaria.
Tema 38.-Prevención e educación sanitaria. A saúde no escolar. Aspectos psicosociais. Intervención do/a traballador/a social. Traballo en redes.
Tema 39.-O adolescente: etapa de problemas biolóxicos, psicolóxicos e sociais. Prevención. Intervención do/a traballador/a social.
Tema 40.-O sistema de saúde e a protección de menores. Maltratamento infantil, tipoloxías de maltratamento. Detección e comunicación de situacións de risco social e/o maltratamento, prevención e intervención desde o sistema de saúde. Conceptos xurídicos de risco, desamparo, medidas de protección, tutela, garda, acollemento e adopción.
Tema 41.-A saúde na idade adulta. Aspectos psicosociais na saúde da persoa adulta. Factores de risco, prevención. Importancia dos factores ambientais. Concepto de testamento vital. Papel do/a traballador/a social.
Tema 42.-Embarazo. Planificación familiar. Aborto. Enfermidades xinecolóxicas. Aspectos psicosociais. O papel do/a traballador/a social no equipo de saúde da muller.
Tema 43.-Cancro. Enfermidades cardiovasculares. Enfermidades infecto-contaxiosas. Aspectos psicosociais. Papel do/a traballador/a social na prevención, tratamento e rehabilitación.
Tema 44.-O proceso de envellecemento: xeriatría e xerontoloxía. Prevención. Tratamento e rehabilitación. A intervención do/a traballador/a social na atención xerontolóxica. Relación cos organismos de benestar social.
Tema 45.-Atención multidisciplinar das situacións de dependencia desde os equipos de saúde. A valoración funcional. Instrumentos de valoración da función social. O/a traballador/a social como profesional de enlace co sistema de atención á dependencia.
Tema 46.-O programa de atención domiciliara en atención primaria de saúde. A coordinación intrainstitucional: primaria-especializada. A coordinación interinstitucional con servizos sociais, outras institucións, organizacións non gobernamentais.
Tema 47.-O traballador social sanitario e a intervención comunitaria. Obxectivos. Diferentes formas de intervención. A participación da comunidade. O/a traballador/ a social como nexo de unión entre o equipo e a comunidade.
Tema 48.-Traballo social hospitalario: concepto. Características e estrutura do servizo de traballo social hospitalario. Intervención e funcións do/a traballador/a social nos distintos servizos hospitalarios. A interdisciplinariedade no traballo social hospitalario.
Tema 49.-A planificación da alta hospitalaria: conceptos e aspectos fundamentais. Importancia do sistema de información e da investigación como base para a elaboración de novos programas.
Tema 50.-A atención sociosanitaria. Unidades de media e longa estancia: concepto, características e intervención multidisciplinar. O traballo social nos dispositivos intermedios.
Tema 51.-Coidados paliativos: a atención integral en coidados paliativos. O apoio na toma de decisións. A participación do paciente, da familia e da comunidade. Integración do traballo social nos diferentes dispositivos asistenciais.
Tema 52.-Saúde mental. Principais categorías diagnósticas. Características e especificidades de cadaunha delas. Influencia dos factores psicosociais na saúde mental. Intervención do traballo social. Concepto de incapacitación legal, tutela e curatela.
Tema 53.-Drogodependencia non alcohólica. Características xerais dos drogodependentes. Factores psicosociais. Tratamento, rehabilitación e reinserción psicosocial. Intervención do/a traballador/a social nos programas de prevención.
Tema 54.-Alcoholismo. Factores psicosociais do alcoholismo. Problemática sociolaboral e familiar do paciente alcohólico. Intervención do/a traballador/a social nos programas de prevención, asistencia e rehabilitación psicosociais. Programas de integración comunitaria.
Tema 55.-Tabaquismo. Características socioculturais do hábito de fumar. Efectos do tabaco sobre a saúde. Intervención do/a traballador/a social en programas de prevención, tratamento e rehabilitación do fumador crónico.
Tema 56.-Grupos marxinais. O fenómeno do «senfogarismo ». A atención sanitaria a persoas sen fogar. Problemática sociosanitaria da poboación en situación e/ou risco de exclusión social. A intervención do/a traballador/ a social.
Tema 57.-Inmigración e saúde. Aspectos sociais na atención ao inmigrante. Muller e inmigración. O dereito á asistencia sanitaria das persoas estranxeiras. Intervención do/a traballador/a social nas prestacións sociosanitarias desta poboación.
CONVOCATORIAS
CONVOCATORIA 2011
|
CATEGORIA |
Nº DE PRAZAS |
TITULACIÓN REQUERIDA |
DATAS DE INTERESE |
|
TRABALLADOR SOCIAL |
|
Diplomado en Traballo Social |
Grupo comezado en marzo 2011 |
IMPORTANTE: Os grupos constituiranse por estrita orde de reserva, polo tanto tendo en conta que as prazas son limitadas, en caso de estar interesado/a deberías reservar praza á maior brevidade posible, sobre todo se queres un preparador ou preparadora específico.