Terapeuta Ocupacional
-
PROCESO SELECTIVO (PROBAS)
-
TEMARIO
-
CONVOCATORIAS
PROCESO SELECTIVO (PROBAS)
1º Exercicio (Eliminatorio)
Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio, con tres partes diferenciadas, nun prazo máximo de 180 minutos:
1. Contestación por escrito de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común a todas as diplomaturas sanitarias do programa (temas nove a dezaoito, inclusive), de cuxa contestación estarán exentos os/as aspirantes de promoción interna que pertenzan a unha categoría de diplomado/a sanitario/a.
2. Contestación por escrito de 45 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 4 preguntas de reserva, sobre o contido da parte específica do programa.
3. Contestación por escrito de 45 preguntas tipo testcon catro respostas alternativas, máis 4 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.
Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos, excepto para os/as aspirantes de promoción interna que pertenzan a unha categoría de diplomado/a sanitario/a para os/as que terá unha puntuación de 45 puntos.
As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.
2º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).
Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.
Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
3º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).
Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.
Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos. As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
TEMARIO
PARTE COMÚN
Tema 1.-A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos/as españois/ as. A protección da saúde na Constitución.
Tema 2.-Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.
Tema 3.-A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos/as usuarios/as do sistema sanitario público.
Tema 4.-O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do persoal estatutario. distinto
Tema 5.-O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo.Xornada de traballo. Permisos e licenzas.
Tema 6.-A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.
Tema 7.-A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.
Tema 8.-Saúde laboral: concepto. Principais riscos nas institucións sanitarias e medidas de prevención. Principios básicos do Plan xeral de prevención de riscos laborais do Servizo Galego de Saúde.
PARTE ESPECÍFICA
Tema 9.-Asistencia sanitaria: obxecto e feitos causantes. Beneficiarios. Prestacións médicas e farmacéuticas. Modalidades da prestación médica. A participación dos beneficiarios no prezo dos medicamentos.
Tema 10.-Principios fundamentais da bioética: dilemas éticos. O segredo profesional: concepto e regulación xurídica. O consentemento informado. Os dereitos de información sanitaria, intimidade e o respecto da autonomía do paciente.
Tema 11.-Calidade no Sistema Nacional de Saúde: características da atención sanitaria. Dimensións de calidade: científico técnica, efectividade, eficiencia, accesibilidade e satisfacción do usuario. Avaliación de estrutura, proceso e resultados. Mellora continua da calidade. Métodos de avaliación da calidade: auditorías. Programas de calidade: deseño e implantación.
Tema 12.-Metodoloxía de investigación: técnicas cuantitivas e cualitativas. Estrutura metodolóxica dun traballo científico. Fontes de datos. Investigación básica: estudos de identificación e priorización de problemas. Investigación aplicada: estudos descritivos e analíticos dos diagnósticos utilizados, estudos de procesos e resultado.
Tema 13.-Epidemioloxía: concepto. O método epidemiolóxico. Enfermidades transmisibles de maior incidencia na poboación galega: tipos e características. Sistema Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica. Enfermidades de declaración obrigatoria.
Tema 14.-Demografía sanitaria. Indicadores demográficos e a súa utilidade para o traballo: natalidade, fecundidade, mortalidade, migracións, crecemento vexetativo.
Tema 15.-Saúde pública: concepto. Saúde e enfermidade: concepto. Indicadores de saúde por idade e sexo: morbilidade, mortalidade, letalidade e esperanza de vida. Principais problemas de saúde na poboación galega actual. Elementos de priorización: magnitude, trascendencia, vulnerabilidade e custo.
Tema 16.-Técnicas e habilidades de comunicación e relación interpersoal. Traballo en equipo. Entrevista clínica. Concepto e características. Identificación de necesidades de apoio emocional e psicolóxico ao paciente, coidador principal e familia.
Tema 17.-Xestión e planificación de servizos sanitarios: concepto. Produto sanitario: concepto. Carteira de servizos: concepto.
Tema 18.-Nocións básicas de informática: concepto de procesador de textos, base de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.
Tema 19.-Definición de terapia ocupacional. O desenvolvemento da terapia ocupacional en España. Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia. (Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro).
Tema 20.-Bases conceptuais de terapia ocupacional: conceptos básicos, paradigma de terapia ocupacional.
Tema 21.-Marcos de referencia primarios: fisiolóxico, psicolóxico e humanista.
Tema 22.-Marcos de referencia aplicados na disfunción física: biomecánico, neurodesenvolvemento, cognitivo-perceptivo. Marcos de referencia aplicados na disfunción psicosocial: condutual, cognitivo- condutual, psicodinámico e humanista.
Tema 23.-Modelos propios de terapia ocupacional: MOHO, modelo canadense do desempeño ocupacional, modelo de discapacidade de Allen, modelo do funcionamento ocupacional de Trombly. Outros modelos en desenvolvemento: Reed&Sanderson; Reilly, M.
Tema 24.-Concepto de ocupación. Diferenzas entre ocupación, actividade e tarefa.
Tema 25.-Rol, competencias e funcións do terapeuta ocupacional no equipo interdiscliplinar nos diferentes ámbitos de intervención.
Tema 26.-Avaliación en terapia ocupacional. Diferenzas entre avaliación e valoración. Avaliación inicial, durante e o remate do tratamento.
Tema 27.-Abordaxes de intervención en terapia ocupacional: promoción da saúde, restauración, mantemento, modificación e prevención da discapacidade. Educación para a saúde individual, grupal e comunitaria en terapia ocupacional: concepto, metodoloxía e técnicas didácticas.
Tema 28.-Análise da actividade. Modelos para a análise da actividade. A graduación da actividade.
Tema 29.-Actividades da vida diaria: definición e clasificación. Relación coa terapia ocupacional. Instrumentos estandarizados para a súa valoración.
Tema 30.-Actividades produtivas en terapia ocupacional.
Tema 31.-Ocio en terapia ocupacional.
Tema 32.-A Rede de Servizos de Saúde Mental en Galicia. Os dispositivos asistenciais en atención primaria, especializada e sociosanitaria: coordinación, descrición e función. Modelos de rehabilitación psiquiátrica.
Tema 33.-Intervención en terapia ocupacional nas patoloxías de saúde mental máis frecuentes: esquizofrenia e outros trastornos psicóticos, trastornos da conduta alimentaria, trastornos do estado de ánimo, trastornos relacionados con substancias.
Tema 34.-Fisiopatoloxía do envellecemento: envellecemento fisiolóxico e patolóxico. Valoración xeriatrica integral: papel do terapeuta ocupacional.
Tema 35.-Intervención da terapia ocupacional nas síndromes xeriátricas de maior incidencia: deterioración funcional, inmobilismo, caídas, incontinencia urinaria e demencia.
Tema 36.-Intervención da terapia ocupacional nas persoas afectadas por lesións medulares.
Tema 37.-Intervención da terapia ocupacional nas persoas afectadas de acidentes cerebrovasculares e traumatismos cranioencefálicos.
Tema 38.-Intervención da terapia ocupacional nas persoas afectadas de escleroses múltiple, párkinson, enfermidade da motoneurona.
Tema 39.-Intervención da terapia ocupacional na enfermidade cardíaca e respiratoria.
Tema 40.-Intervención da terapia ocupacional na patoloxía de orixe reumatolóxica, osteo-articular e de partes brandas.
Tema 41.-Terapia ocupacional na amputación e substitución protésica.
Tema 42.-Terapia ocupacional en oncoloxía. Intervención da terapia ocupacional en pacientes terminais.
Tema 43.-Intervención da terapia ocupacional en perdas sensoriais: visuais e auditivas. Sistema de comunicación aumentativa e alternativa.
Tema 44.-Intervención da terapia ocupacional na paralise cerebral infantil e na espiña bífida. O xogo como ocupación no neno.
Tema 45.-Intervención da terapia ocupacional nas distrofias musculares, malformacións conxénitas, e paralise branquial obstétrica nas unidades de atención temperá.
Tema 46.-Órteses: concepto, clasificación, funcións e mecanismos de acción.
Tema 47.-Próteses: concepto, clasificación, funcións e mecanismos de acción.
Tema 48.-Concepto de adaptacións e axudas técnicas. Criterios de selección. Axudas técnicas para o coidado persoal, alimentación, fogar, ocio e tempo libre, material escolar e informático.
Tema 49.-Axudas técnicas para a mobilidade e o transporte. Clasificación, funcións e criterios de selección.
Tema 50.-Avaliación ambiental. Intervención da terapia ocupacional na adaptación ambiental. Dispositivos de control do medio.
CONVOCATORIAS
CONVOCATORIA 2011
|
CATEGORIA
|
Nº DE PRAZAS
|
TITULACIÓN REQUERIDA
|
DATAS DE INTERESE
|
|
TERAPIA OCUPACIONAL
|
|
Diplomado/a en Terapia Ocupacional
|
Abril 2011
|
IMPORTANTE: Os grupos constituiranse por estrita orde de reserva, polo tanto tendo en conta que as prazas son limitadas, en caso de estar interesado/a deberías reservar praza á maior brevidade posible, sobre todo se queres un preparador ou preparadora específico.