Compromiso
Sergas>Ténicos especialistas en radioterapia (Grupo C)

Ténicos especialistas en radioterapia (Grupo C)

  • REQUISITOS
  • PROCESO SELECTIVO (PROBAS)
  • TEMARIO
  • CONVOCATORIAS
Resolución do 18 de febreiro de 2009, da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.
 

REQUISITOS

a) Ser español ou nacional dun país membro da U.E.
b) Ter cumpridos 16 anos de idade e non alcanzar a idade de xubilación forzosa.
c) Posuir o título de Técnico Especialista ou Técnico Superior na correspondente Rama Sanitaria.
d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
e) Non estar separado do servizo de ningunha Administración Pública en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas
 

PROCESO SELECTIVO (TEMAS)

1º Exercicio: (eliminatorio)

Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio con dúas partes diferenciadas, nun prazo máximo de 180 minutos:
  • Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, sobre o contido da parte específica do programa.
  • Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.
Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos.
Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.
 

2º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio)

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.
Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
De conformidade co establecido no artigo 35 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública, este exercicio deberá realizarse exclusivamente en lingua galega.
 

3º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio)

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.
Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
Nota: En cada un dos exercicios as respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erróneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
 

TEMARIO

Parte Común

Tema 1.-A Constitución española: principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.
Tema 2.-Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.
Tema 3.-A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.
Tema 4.-O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos e licenzas. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.
Tema 5.-O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licenzas.
Tema 6.-A Lei de ordenación sanitaria de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.
Tema 7.-A atención primaria da saúde: concepto e características xerais. A ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.
Tema 8.-Saúde laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais do Sergas.
 

Parte específica

Tema 9.-Servizo de radioterapia: estrutura, organización e funcións. Servizo de admisión, atención ao paciente e documentación clínica.
Tema 10.-Concepto de asepsia, antisepsia, esterilización e desinfección. Concepto de saúde e enfermidade. A infección hospitalaria: medidas preventivas no servizo de radioterapia.
Tema 11.-Relación técnico especialista-paciente. Técnicas de comunicación e habilidades sociais. Problemática e atención de pacientes afectados de discapacidade física ou psíquica, pacientes senís e pacientes oncolóxicos. Técnicas de movilización de pacientes.
Tema 12.-Primeiros auxilios no servizo de radioterapia. Actuacións ante situacións de emerxencia: parada cardíaca, hemorraxias, reaccións alérgicas e responsabilidade do técnico especialista en radioterapia.
Tema 13.-Programa de garantía de calidade en radioterapia. Control de calidade en aspectos clínicos. Control de calidade do equipamento. Programa de mantemento.
Tema 14.-Física das radiacións: conceptos e tipos de radiacións ionizantes. Interación das radiacións ionizantes coa materia. Fontes e equipos xeradores de radiacións ionizantes utilizadas nas unidades de radioterapia. Magnitudes e unidades radiolóxicas.
Tema 15.-Detención e medida das radiacións: fundamentos. Detectores utilizados nas instalacións de radioterapia. Dosimetría ambiental e persoal.
Tema 16.-Radiobioloxía: radiosensibilidade, desposta celular sistémica e orgánica. Efectos genéticos e somáticos da radiación.
Tema 17.-Protección radiolóxica: protección radiolóxica operacional. Regulamento da protección sanitaria fronte ás radiacións ionizantes.
Tema 18.-Equipamentos de radioterapia externa: acelerador lineal de electróns, unidade de telecobaltoterapia.
Tema 19.-Equipamentos de braquiterapia: braquiterapia de alta taxa; braquiterapia de baixa taxa. Características físicas das fontes radioactivas.
Tema 20.-Xestión de material radioactivo: recepción, almacenamento e manipulación. Xestión de residuos radioactivos nas unidades de radioterapia.
Tema 21.-Características xerais dos tumores.
Tema 22.-Técnicas de localización e delimitación do volume branco.
Tema 23.-Técnicas de localización e tratamento en maxilofacial e otorrinolaringoloxía.
Tema 24.-Técnicas de localización e tratamento en dixestivo, fígado e páncreas.
Tema 25-Técnicas de localización e tratamento en mama e xinecoloxía.
Tema 26.-Técnicas de localización e tratamento en: óseo e partes brandas. Tratamentos paliativos: síndrome de vea cava, compresión medular e metástase cerebral.
Tema 27.-Técnicas de localización e tratamento no sistema nervioso central.
Tema 28.-Técnicas de localización e tratamento en tumores hematolóxicos e linfáticos.
Tema 29.-Técnicas de localización e tratamento en tumores infantís.
Tema 30.-Técnicas de elaboración de complementos en radioterapia: tipos, materiais utilizados. Técnicas de elaboración e aplicacións. Técnicas de simulación e preparación de pacientes.
Tema 31.-Técnicas de planificación dosimétrica en radioterapia externa: definición de termos, determinación da doses absorbida, fraccionamento da doses, concepto de tolerancia.
Tema 32.-Braquiterapia endocavitaria: composición, equipamentos, instrumentación, características físicas das fontes radioactivas.
Tema 33.-Braquiterapia endocavitaria: técnicas e aplicadores utilizados en implantes xinecolóxicos.
Tema 34.-Braquiterapia intersticial: composición, equipos, instrumentación, características físicas das fontes radioactivas.
Tema 35.-Braquiterapia intersticial: técnicas y aplicadores utilizados. O sistema de París.
Tema 36.-Braquiterapia metabólica: características físicas das fontes radioactivas. Metabolismo dos radiofármacos. Descontaminación e tratamento dos residuos radioactivos.
Tema 37.-Técnicas de planificación dosimétrica en braquiterapia: definición de termos, determinación da dose absorbida, fraccionamento das doses, concepto de tolerancia.
Tema 38.-Nocións básicas de informática: concepto de procesador de textos, base de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.
 

CONVOCATORIAS

CONVOCATORIA 2011
CATEGORIA
Nº DE PRAZAS
TITULACIÓN REQUERIDA
DATAS DE INTERESE
RADIOTERAPIA
 
Técnico Superior na corresponde rama sanitaria
Abril 2011
 
IMPORTANTE: Os grupos constituiranse por estrita orde de reserva, polo tanto tendo en conta que as prazas son limitadas, en caso de estar interesado/a deberías reservar praza á maior brevidade posible, sobre todo se queres un preparador ou preparadora específico.
Nós Oposicións 2008-2012 Deseño web: Argos-Galaica