Sergas>Ténicos especialistas de raios (Grupo C)
Ténicos especialistas de raios (Grupo C)
Resolución do 18 de febreiro de 2009, da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.
REQUISITOS
a) Ser español ou nacional dun país membro da U.E.
b) Ter cumpridos 16 anos de idade e non alcanzar a idade de xubilación forzosa.
c) Posuir o título de Técnico Especialista ou Técnico Superior na correspondente Rama Sanitaria.
d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
e) Non estar separado do servizo de ningunha Administración Pública en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas
PROCESO SELECTIVO (PROBAS)
1º Exercicio: (eliminatorio).
Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio con dúas partes diferenciadas, nun prazo máximo de 180 minutos:
-
Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, sobre o contido da parte específica do programa.
-
Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.
Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos.
Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.
2º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio)
Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.
Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
De conformidade co establecido no artigo 35 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública, este exercicio deberá realizarse exclusivamente en lingua galega.
3º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio)
Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.
Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
Nota: En cada un dos exercicios as respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erróneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
TEMARIO
Parte común
Tema 1.-A Constitución española: principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.
Tema 2.-Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.
Tema 3.-A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.
Tema 4.-O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos e licenzas. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.
Tema 5.-O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licenzas.
Tema 6.-A Lei de ordenación sanitaria de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.
Tema 7.-A atención primaria da saúde: concepto e características xerais. A ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.
Tema 8.-Saúde laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais do Sergas.
Parte específica
Tema 9.-Servizo de radioloxía e medicina nuclear: estrutura, organización e funcións. Servizo de admisión, atención ao paciente e documentación clínica.
Tema 10.-Concepto de asepsia, antisepsia, esterilización e desinfección. Concepto de saúde e enfermidade. A infección hospitalaria: medidas preventivas no servizo de radioloxía e medicina nuclear.
Tema 11.-Relación técnico especialista-paciente. Técnicas de comunicación e habilidades sociais. Problemática e atención de pacientes afectados de discapacidade física ou psíquica, pacientes senís e pacientes oncolóxicos. Técnicas de movilización de pacientes.
Tema12.-Primeiros auxilios no servizo de radiología e medicina nuclear. Actuacións ante situacións de emerxencia: parada cardíaca, hemorraxias, reaccións alérxicas e responsabilidade do técnico especialista en radioloxía.
Tema 13.-Programa de garantía de calidade no servizo de radioloxía e medicina nuclear. Control de calidade en aspectos clínicos. Control de calidade do equipamento. Programa de mantemento.
Tema 14.-Física das radiacións: conceptos e tipos de radiacións ionizantes. Interacción das radiacións ionizantes coa materia. Fontes e equipos xeradores de radiacións ionizantes utilizadas nas unidades de radioloxía e medicina nuclear. Magnitudes e unidades radiolóxicas.
Tema 15.-Detención e medida das radiacións: fundamentos. Detectores utilizados nas instalacións de radioloxía e medicina nuclear. Dosimetría ambiental e persoal.
Tema 16.-Radiobioloxía: radiosensibilidade, desposta celular sistémica e orgánica. Efectos genéticos e somáticos da radiación.
Tema 17.-Protección radiolóxica: protección radiolóxica operacional. Regulamento da protección sanitaria fronte ás radiacións ionizantes.
Tema 18.-Equipamentos de diagnóstico por imaxe: radioloxía convencional intervencionista, tomografía computerizada, resonancia magnética e ultrasóns.
Tema 19.-Equipos de medicina nuclear: gammacámara e tomografía de emisión de positróns (PET)
Tema 20.-Xestión de material radioactivo: recepción, almacenamento e manipulación. Xestión de residuos radioactivos nas unidades de medicina nuclear.
Tema 21.-Contrastes radiolóxicos. Tipos. Indicacións. Precaucións xerais na súa utilización.
Tema 22.-Sistemas de imaxe na radioloxía convencional. Película radiográfica: revelado e fixado. Sistemas dixitais de imaxe.
Tema 23.-Radioloxía de urxencias, coidados intensivos e quirófanos. O paciente politraumatizado, o seu manexo e prioridades exploratorias.
Tema 24.-Anatomía radiolóxica e técnicas de exploración radiolóxica das extremidades e articulacións. Tipos de fracturas. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.
Tema 25.-Anatomía radiolóxica e técnica de exploración da columna e articulacións. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.
Tema 26.-Anatomía radiolóxica e técnica de exploración da rexión cranial. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.
Tema 27.-Anatomía radiolóxica e técnicas de exploración do tórax. Conceptos xerais sobre a patología pulmonar. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.
Tema 28.-Anatomía radiolóxica e técnicas de exploración do aparello xenito-urinario. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.
Tema 29.-Anatomía radiolóxica e técnicas de exploración do abdome, con e sen medios de contraste. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.
Tema 30.-Anatomía radiolóxica e técnicas de exploración da mama. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.
Tema 31.-Radioloxía do sistema biliar. Colecistografía oral. Colaxiografía intravenosa. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.
Tema 32.-Anatomía radiolóxica e técnicas de exploración do tracto dixestivo superior. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.
Tema 33.-Anatomía radiolóxica e técnicas de exploración do tracto dixestivo inferior. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.
Tema 34.-Arteriografía, flebografía e angiografía dixital: técnicas de exploración radiolóxica. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.
Tema 35.-Anxiografía cerebral. Técnica radiolóxica. As súas contraindicacións.
Tema 36.-Radioloxía pediátrica. Estudo do prematuro e do lactante. Coidados e consideracións especiais. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.
Tema 37.-Técnicas radiolóxicas usadas para o estudo cardíaco. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.
Tema 38.-Nocións básicas de informática: concepto de procesador de textos, base de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.
CONVOCATORIAS
CONVOCATORIA 2011
|
CATEGORIA
|
Nº DE PRAZAS
|
TITULACIÓN REQUERIDA
|
DATAS DE INTERESE
|
|
TÉCNICO ESPECIALISTA RAIOS
|
|
Técnico Superior na correspondente rama sanitaria
|
Grupo comezado en marzo 2011
|
IMPORTANTE: Os grupos constituiranse por estrita orde de reserva, polo tanto tendo en conta que as prazas son limitadas, en caso de estar interesado/a deberías reservar praza á maior brevidade posible, sobre todo se queres un preparador ou preparadora específico.