Compromiso
Sergas>Pinche

Pinche

  • REQUISITOS
  • PROCESO SELECTIVO (PROBAS)
  • REQUISITOS
  • CONVOCATORIAS

REQUISITOS

a) Ser español ou nacional dun país membro da U.E.
b) Ter cumpridos 16 anos de idade e non alcanzar a idade de xubilación forzosa.
c) Posuir o Certificado de Escolaridade.
d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
e) Non estar separado do servizo de ningunha Administración Pública en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas
 

PROCESO SELECTIVO (PROBAS)

1º Exercicio: (eliminatorio).
Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio con dúas partes diferenciadas, nun prazo máximo de 180 minutos:
1. Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, sobre o contido da parte específica do programa.
2. Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.
Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos.
 
As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.
 
2º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).
Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.
Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
 
3º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).
Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.
Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
 

TEMARIO

PARTE COMÚN
Tema 1.-A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos/as españois/ as. A protección da saúde na Constitución.
Tema 2.-Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.
Tema 3.-A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos/as usuarios/as do sistema sanitario público.
Tema 4.-O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do persoal estatutario. distinto
Tema 5.-O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo.Xornada de traballo. Permisos e licenzas.
Tema 6.-A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.
Tema 7.-A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.
Tema 8.-Saúde laboral: concepto. Principais riscos nas institucións sanitarias e medidas de prevención. Principios básicos do Plan xeral de prevención de riscos laborais do Servizo Galego de Saúde.
 
PARTE ESPECÍFICA
Tema 9.-A cociña hospitalaria: concepto. Condicións estruturais básicas dos locais e as instalacións. Zonas de sucio e de limpo. A cadea alimentaria, principio de marcha adiante, circuítos de traballo. Distribución funcional das cociñashospitalarias. 
Tema 10.-Maquinaria, ferramentas e enxoval nas cociñas de colectividades, descrición uso e limpeza. Novas tecnoloxías na produción e distribución de comidas en colectividades. 
Tema 11.-A contaminación dos alimentos. Perigos de transmisión alimentaria, orixes. Prevención, tratamentos e eliminación deles. A contaminación cruzada. Sistemas de conservación dos alimentos. 
Tema 12.-Normativa básica nas cociñas de colectividades: Real decreto 202/2000, do 11 de febreiro, Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, e Real decreto 2207/1995, do 28 de decembro. Sistemas de análises de perigos e puntos de control críticos (a.C.) definicións, concepto básico de implantación e desenvolvemento. 
Tema 13.-Control de materias primas e produtos preparados. O almacenamento: almacenamento de produtos perecedoiros e non perecedoiros. Almacenamento de produtos conxelados. Prácticas correctas de hixiene. 
Tema 14.-O acondicionamento das materias primas: carnes, peixes, hortalizas, froitas. Limpeza, cortes e preelaboración. A desconxelación. Actividades de limpo e sucio. Termos básicos de cociña. Practicas correctas de hixiene. 
Tema 15.-O empratado: tipos, dotación para a súa realización. Normas hixiénicas. A distribución das comidas en planta: sistemas empregados. A recolleita de bandexas. 
Tema 16.-A limpeza e desinfección: bandexas, cubertos e vaixela, superficies de cociña, maquinaria e enxoval de cociña. Produtos de limpeza e maquinarias utilizados. Prácticas correctas de hixiene. 
Tema 17.-Os alimentos: carnes, aves, peixes, produtos lácteos, hortalizas, ovos, legumes secos, froitas, cereais, graxas, sobremesas de cociña. Características máis importantes. Conceptos básicos de nutrición, dietas terapéuticas máis utilizadas nun centro hospitalario.
 

CONVOCATORIAS

CONVOCATORIA 2011

CATEGORIA Nº DE PRAZAS TITULACIÓN REQUERIDA DATAS DE INTERESE
PINCHE   Certificado de Escolaridade Abril 2011

IMPORTANTE: Os grupos constituiranse por estrita orde de reserva, polo tanto tendo en conta que as prazas son limitadas, en caso de estar interesado/a deberías reservar praza á maior brevidade posible, sobre todo se queres un preparador ou preparadora específico.

Nós Oposicións 2008-2012 Deseño web: Argos-Galaica