Compromiso
Sergas>Persoal de Servizos Xerais (PSX)

Persoal de Servizos Xerais (PSX)

  • REQUISITOS
  • PROCESO SELECTIVO (PROBAS)
  • TEMARIO
  • CONVOCATORIAS

Requisitos

a) Ser español ou nacional dun país membro da U.E.

b) Ter cumpridos 16 anos de idade e non alcanzar a idade de xubilación forzosa.

c) Estar en posesión ou en condicións de obter o Título de: Graduado en Educación Secundaria, Graduado Escolar, Formación Profesional de Primeiro grao ou equivalente.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non estar separado do servizo de ningunha Administración Pública en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas

Proceso selectivo

Resolución do 18 de febreiro de 2009, da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.

1º Exercicio (eliminatorio).

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, sobre o contido do programa nun prazo máximo de 90 minutos.

O número de preguntas relativas á parte común do temario (temas un a oito, inclusive) será de 10, de cuxa contestación estarán exentos os/as aspirantes de promoción interna.

Este exercicio será valorado de 0 a 25 puntos, excepto para os/as aspirantes de promoción interna para os/as que terá unha puntuación de 20 puntos.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.

2º Exercicio (eliminatorio).

Consistirá na realización dunha proba de contido práctico co ordenador a través da que se evidencie o coñecemento polos/as aspirantes da materia informática e da súa aplicación práctica, sobre manexo de paquetes ofimáticos (folla de cálculo e procesador de textos) na versión 2007 de microsoft office, no tempo e cos medios que o tribunal estime axeitados.

O tribunal por cuestión de índole organizativa poderá propoñer exercicios distintos de similares características, que serán sorteados ao chou nos correspondentes chamamentos parciais.

Este exercicio será valorado de 0 a 25 puntos. Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste. Todos aqueles exercicios que non acaden a puntuación mínima exixida para superar a proba, serán cualificados directamente como non apto.

3º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.

De conformidade co establecido no artigo 35 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública, este exercicio deberá realizarse exclusivamente en lingua galega.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

4º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

Nota: En cada un dos exercicios as respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erróneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta, excepto no segundo exercicio, de carácter práctico.

Temario

Parte común.

Tema 1.-A Constitución española: principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos

españois. A protección da saúde na Constitución.

Tema 2.-Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.

Tema 3.-A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.

Tema 4.-O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos e licenzas. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.

Tema 5.-O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licenzas.

Tema 6.-A Lei de ordenación sanitaria de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.

Tema 7.-A atención primaria da saúde: concepto e características xerais. A ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.

Tema 8.-Saúde laboral. Concepto. Principais riscos nas IISS e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais do Sergas.

Parte específica.

Tema 9.-Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas en materia a información e documentación clínica: os dereitos da información sanitaria e da intimidade. A Lei 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes, modificada pola Lei 3/2005, do 7 de marzo: historia clínica.

Tema 10.-A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal: disposicións xerais; protección de datos; dereitos das persoas; ficheiros de titularidade pública.

Tema 11.-Tarxeta sanitaria: características fundamentais, alcance e contido.

Tema 12.-Réxime xeral da Seguridade Social: campo de aplicación. Afiliación, cotización e redacción. Acción protectora: continxencias protexibles e réxime xeral de prestacións.

Tema 13.-O Decreto 160/1996, do 25 de abril, de configuración e introdución no Estatuto de persoal non sanitario de institucións sanitarias da Seguridade Social da categoría de persoal de servizos xerais. A Orde do 8 de novembro de 1995 pola que se desenvolven determinadas materias da regulamentación da categoría de persoal de servizos xerais.

Tema 14.-Procedemento administrativo: ideas xerais sobre a iniciación, ordenación, instrución e terminación do procedemento administrativo. Recursos administrativos: concepto e clases.

Tema 15.-Funcionamento das institucións sanitarias. Servizo de documentación clínica hospitalaria. Servizo de Admisión. Servizo de Atención ao Paciente.

Tema 16.-As subministracións. Subministracións internas e externas. Recepción e almacenamento de mercadorías. Organización do almacén. Distribución de pedidos.

Tema 17.-A comunicación humana. A linguaxe como medio de comunicación. Diferenza entre información e comunicación. Tipos de comunicación. Atención ao público: acollida e información ao usuario.

Tema 18.-Sistemas de comunicación dun centro sanitario: clases e características. Incidencia sobre o funcionamento do centro.

Tema 19.-Clasificación e arquivo de documentos. Ideas xerais sobre o sistema de clasificación. Documentación de uso das institucións sanitarias: administrativa e clínica. Arquivo de documentos: naturaza e clases de arquivos. Funcionamento dos arquivos. Entrada en arquivo, saída en arquivo e devolucións. Dereito de acceso a arquivos e rexistros.

Tema 20.-Informática: o ordenador: dispositivos centrais e periféricos; redes informáticas; o microprocesador: soportes informáticos.

Tema 21.-Sistemas operativos mais frecuentes. Os seus elementos comúns. Comandos básicos. Administrador de arquivos. Administrador de impresión. Impresoras.

Tema 22.-Ofimática: procesador de textos; base de datos; folla electrónica de cálculo; gráficos de oficina; axenda e correo electrónico. Intranet: concepto e utilidade. Internet.

Tema 23.-Hixiene e seguridade nas institucións sanitarias. Movemento de pacientes: acceso e traslados nas institucións sanitarias.

Tema 24.-Coñecementos básicos de utensilios, mobiliario e enxoval das institucións sanitarias: coidados e conservacións. Recepción e transmisión de mensaxes e documentos.

Convocatorias

CONVOCATORIA 2011

CATEGORIA Nº DE PRAZAS TITULACIÓN REQUERIDA DATAS DE INTERESE
P.S.X.   Graduado Escolar ou FPI ou título de Grao Medio Abril 2011

 

IMPORTANTE: Os grupos constituiranse por estrita orde de reserva, polo tanto tendo en conta que as prazas son limitadas, en caso de estar interesado/a deberías reservar praza á maior brevidade posible, sobre todo se queres un preparador ou preparadora específico.

Nós Oposicións 2008-2012 Deseño web: Argos-Galaica