Sergas>Hixienista Dental (Grupo C)
Hixienista Dental (Grupo C)
-
REQUISITOS
-
PROCESO SELECTIVO (PROBAS)
-
TEMARIO
-
CONVOCATORIAS
Resolución do 18 de febreiro de 2009, da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.
REQUISITOS
a) Ser español ou nacional dun país membro da U.E.
b) Ter cumpridos 16 anos de idade e non alcanzar a idade de xubilación forzosa.
c) Posuir o título de Técnico Especialista ou Técnico Superior na correspondente Rama Sanitaria.
d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
e) Non estar separado do servizo de ningunha Administración Pública en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas
PROCESO SELECTIVO
1º Exercicio: (eliminatorio).
Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio con dúas partes diferenciadas, nun prazo máximo de 180 minutos:
-
Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, sobre o contido da parte específica do programa.
-
Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.
Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos.
Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.
2º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).
Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.
Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
De conformidade co establecido no artigo 35 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública, este exercicio deberá realizarse exclusivamente en lingua galega.
3º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).
Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.
Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
Nota: En cada un dos exercicios as respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erróneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
TEMARIO
Parte común
Tema 1.-A Constitución española: principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos
españois. A protección da saúde na Constitución.
Tema 2.-Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.
Tema 3.-A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.
Tema 4.-O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos e licenzas. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.
Tema 5.-O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licenzas.
Tema 6.-A Lei de ordenación sanitaria de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.
Tema 7.-A atención primaria da saúde: concepto e características xerais. A ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.
Tema 8.-Saúde laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais do Sergas.
Parte específica
Tema 9.-Músculos da mastigación, deglución, linguaxe oral e do xesto. Enervación e vascularización bucodental.
Tema 10.-Aparello dixestivo: definición, composición, alteracións. Aparello excretor. Definición e función.
Tema 11.-Articulacións temporomandibulares, estruturas asociadas. Ósos e articulacións da cabeza e do pescozo.
Tema 12.-A célula: compoñentes físicos e químicos. Concepto de tecido.
Tema 13.-Desenvolvemento embriolóxico da cara e estruturas bucais.
Tema 14.-Flora microbiana normal: concepto, composición, crecemento.
Tema 15.-Inmunidade: definición. Sistema inmunitario. Antíxeno/anticorpo: concepto e diferenciación.
Tema 16.-Composición microbiolóxica da placa dental e saliva.
Tema 17.-Caries: definición, causas, prevención.
Tema 18.-Traumatismos e infeccións da cara e maxilares: definición e descrición.
Tema 19.-Alteracións das enxivas, mucosa oral e glándulas salivares.
Tema 20.-Desenvolvemento e alteracións da estrutura dentaria. Oclusión. Maloclusión.
Tema 21.-Saúde bucodental: concepto e métodos para a súa prevención. Hábitos alimenticios relacionados coa saúde bucodental.
Tema 22.-Nutrición: concepto. Os alimentos: tipos e procesamentos. Inxestión. Dixestión. Absorción. Excreción.
Tema 23.-Enfermidades periodontais. Patoloxía da polpa.
Tema 24.-Vías de administración de medicamentos empregados en odontoloxía: descrición e diferenciación.
Tema 25.-Analxésicos, anestésicos, antiinflamatorios, antibióticos: concepto e diferenciación.
Tema 26.-Coagulantes e anticoagulantes: concepto, diferenciación e precaucións.
Tema 27.-Raios X: concepto. Tipos de radiografías bucodentais. Revelado. Métodos. Conservación e mantemento do equipamento radiolóxico. Normas de protección radiolóxica na consulta de odontoloxía.
Tema 28.-Materiais dentais: fundamento, composición, tipos. Instrumentos odontolóxicos: descrición, tipos e conservación.
Tema 29.-Técnicas de limpeza e pulido dentarios supraxinxivais: descrición.
Tema 30.-Hixiene bucodental e interdental: concepto e utilización. Fluorados: concepto e utilización.
Tema 31.-Concepto de saúde e enfermidade. Educación para a saúde: concepto.
Tema 32.-Saúde pública: definición e desenvolvemento. Programas de saúde bucodental: concepto, elaboración, implantación, avaliación. Poboación á que van dirixidos.
Tema 33.-Riscos profesionais en odontoloxía. Normas de seguridade e medidas preventivas.
Tema 34.-Comunicación co paciente. Recepción. Recollida de datos. Sistemas de rexistros e arquivos.
Tema 35.-Equipo humano odontolóxico. Composición e organización. Ética no proceso odontolóxico: principios básicos. Confidencialidade.
Tema 36.-Colocación do doente para exploración bucodental. Posición do facultativo e do hixienista.
Tema 37.-Concepto de sepse, antisepsia. Manexo de materiais estériles. Limpeza, desinfección e esterilización na consulta odontolóxica.
Tema 39.-Nocións básicas de informática: concepto de procesador de textos, base de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.
CONVOCATORIAS
CONVOCATORIA 2011
|
CATEGORIA
|
Nº DE PRAZAS
|
TITULACIÓN REQUERIDA
|
DATAS DE INTERESE
|
|
HIXIENISTA DENTAL
|
|
Técnico Superior na corresponde Rama Sanitaria
|
Grupo comezado en Marzo 2011
|
IMPORTANTE: Os grupos constituiranse por estrita orde de reserva, polo tanto tendo en conta que as prazas son limitadas, en caso de estar interesado/a deberías reservar praza á maior brevidade posible, sobre todo se queres un preparador ou preparadora específico.