Resolución do 18 de febreiro de 2009, da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.
Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio, con tres partes diferenciadas, nun prazo máximo de 180 minutos:
Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos, excepto para os/as aspirantes de promoción interna que pertenzan a unha categoría de diplomado/a sanitario/a para os/as que terá unha puntuación de 45 puntos.
Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.
Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos. Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
De conformidade co establecido no artigo 35 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública, este exercicio deberá realizarse exclusivamente en lingua galega.
Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.
Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
Nota: En cada un dos exercicios as respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erróneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
Parte común.
Tema 1.-A Constitución española: principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.
Tema 2.-Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.
Tema 3.-A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.
Tema 4.-O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos e licenzas. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.
Tema 5.-O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licenzas.
Tema 6.-A Lei de ordenación sanitaria de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.
Tema 7.-A atención primaria da saúde: concepto e características xerais. A ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.
Tema 8.-Saúde laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais do Sergas.
Parte específica.
Tema 9.-Asistencia sanitaria: obxecto e feitos causantes. Beneficiarios. Prestacións médicas e farmacéuticas. Modalidades da prestación médica. A participación dos beneficiarios no prezo dos medicamentos.
Tema 10.-Principios fundamentais da bioética: dilemas éticos. O segredo profesional: concepto e regulación xurídica. O consentimento informado. Os dereitos de información sanitaria, intimidade e o respecto da autonomía do paciente.
Tema 11.-Calidade no Sistema Nacional de Saúde características da atención sanitaria. Dimensións de calidade: científico técnica, efectividade, eficiencia, accesibilidade e satisfacción do usuario. Avaliación de estrutura, proceso e resultados. Mellora continua da calidade. Métodos de avaliación da calidade: auditorías. Programas de calidade: deseño e implantación. Tema 12.-Metodoloxía de investigación: técnicas cuantitivas e cualitativas. Estrutura metodolóxica dun traballo científico. Fontes de datos. Investigación básica: estudos de identificación e priorización de problemas. Investigación aplicada: estudos descritivos e analíticos dos diagnósticos utilizados, estudos de procesos e resultado.
Tema 13.-Epidemioloxía: concepto. O método epidemiolóxico. Enfermidades transmisibles de mayor incidencia na poboación galega: tipos e características. Sistema Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica. Enfermidades de declaración obrigatoria.
Tema 14.-Demografía sanitaria. Indicadores demográficos e a súa utilidade para o traballo: natalidade, fecundidade, mortalidade, migracións, crecemento vexetativo.
Tema 15.-Saúde pública: concepto. Saúde e enfermidade: concepto. Indicadores de saúde por idade e sexo: morbilidade, mortalidade, letalidade e esperanza de vida. Principais problemas de saúde na poboación galega actual. Elementos de priorización: magnitude, transcendencia, vulnerabilidade e custo.
Tema 16.-Técnicas e habilidades de comunicación e relación interpersoal. Traballo en equipo. Entrevista clínica. Concepto e características. Identificación de necesidades de apoio emocional e psicológico ao paciente, coidador principal e familia.
Tema 17.-Xestión e planificación de servizos sanitarios: concepto. Produto sanitario: concepto. Carteira de servizos: concepto.
Tema 18.-Nocións básicas de informática: concepto de procesador de textos, base de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.
Tema 19.-Prevención e promoción da saúde: concepto. Detección precoz de problemas de saúde: concepto. Factores de risco para a saúde nas distintas etapas da vida (infancia, adolescencia, adulto e ancián): identificación de factores de risco e medidas que se deben adoptar.
Tema 20.-A educación para a saúde individual, grupal e comunitaria: concepto, metodoloxía e técnicas didácticas. Criterios para a elaboración de programas de educación para a saúde. Grupos de autoaxuda: concepto.
Tema 21.-Unidades de fisioterapia de atención especializada: coordinación da actividade fisioterapéutica cos distintos servizos e departamentos do hospital. Coordinación entre niveis asistenciais: protocolos conxuntos. Unidades de fisioterapia en atención primaria: consulta fisioterápica, coordinación cos equipos de atención primaria. Sala de fisioterapia. Fisioterapia grupal e atención comunitaria.
Tema 22.-Metodoloxía de intervención en fisioterapia asistencial. Aspectos do diagnóstico fisioterapéutico: entrevista clínica, exploración física. Definición de problemas, obxectivos e plans de actuación. Discapacidade, deficiencia e minusvalidez: concepto.
Tema 23.-Sistemas de información utilizados en atención primaria e atención especializada: historia clínica. Rexistros específicos de actividade en atención primaria e atención especializada. Informe á alta. Clasificacións internacionais de problemas de saúde (CIAP, CIE-9, NANDA): características xerais.
Tema 24.-Cinesioloxía: eixes e planos do corpo. Movementos articulares elementais. Goniometría articular: concepto, rexistro, técnicas goniométricas e amplitudes articulares dos MM.SS. MM.II. e columna vertebral. Valoración muscular: principios xerais, sistemas de gradación, técnica de valoración muscular.
Tema 25.-Fisioterapia respiratoria. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patologías máis frecuentes: EPOC e asma. Cirurxía cardiorrespiratoria e outras cirurxías.
Tema 26.-Fisioterapia en pacientes críticos. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico: pacientes en UCI, infarto de miocardio.
Tema 27.-Fisioterapia en traumatoloxía. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos.
Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes. Fisioterapia no deporte: técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes.
Tema 28.-Fisioterapia nas patoloxías osteoarticulares e de partes brandas. Alxias crónicas. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes.
Tema 29.-Fisioterapia nas malformacións conxénitas. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes.
Tema 30.-Fisioterapia na reumatoloxía. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patologías máis frecuentes: artropatías inflamatorias, reumatismos dexenerativos, periartrite escápulohumeral.
Tema 31.-Fisioterapia na patoloxía neurolóxica do sistema nervioso central: valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes do sistema nervioso central: síndromes neurolóxicas, lesións da medula espiñal, lesións cerebrais.
Tema 32.-Fisioterapia na patoloxía neurolóxica do sistema nervioso periférico: valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas afecciones máis frecuentes: poliomielite anterior aguda, lesións do plexo braquial e membro inferior, parálises periféricas tronculares.
Tema 33.-Fisioterapia no desenvolvemento psicomotor do neno normal: valoración e actividades de promoción e prevención. Valoración e métodos de tratamento fisioterapéutico da parálise cerebral (PC), valoración dos trastornos motores e dos trastornos asociados. Educación terapéutica do PC.
Tema 34.-Fisioterapia no ancián: valoración fisioterapéutica, escalas de actividades da vida diaria (AVD), actividades de prevención e promoción. Atención fisioterapéutica no ancián discapacitado. Os accidentes no ancián: caídas e outros riscos. Plan Xerontolóxico Nacional: xeneralidades.
Tema 35.-Fisioterapia no adulto. Plan fisioterapéutico personalizado en pacientes con: hipertensión (HTA), diabete, obesidade e risco cardiovascular. Técnicas de rehabilitación do solo pélvico.
Tema 36.-Fisioterapia en patoloxías vasculares periféricas. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico. Paciente amputado.
Tema 37.-Fisioterapia nas alteracións da aliñación vertebral. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico.
Tema 38.-Cinesiterapia: concepto e modalidades. Principios xerais, indicacións e contraindicacións. Cinesiterapia pasiva e activa. Definición, tipos. Efectos terapéuticos, indicacións e contraindicacións.
Tema 39.-Cinesiterapia activa-resistida. Definición. Métodos de potenciación muscular. Indicacións e contraindicacións. Cinesiterapia activa específica: exercicios de Codman, Buerger, Frenkel, Chandler e Propiocepción.
Tema 40.-Electroterapia: concepto, indicacións e contraindicacións. Clasificación das correntes eléctricas máis utilizadas en fisioterapia. Ensamblaxe entre o aparello de electroterapia e o paciente: factores que se deben valorar. Normas de seguridade no manexo de aparellos de electroterapia.
Tema 41.-Técnicas electroterápicas con correntes de baixa, media e alta frecuencia. Indicacións terapéuticas e contraindicacións. Factores que hai que ter en conta na dosificación das diferentes técnicas electroterápicas.
Tema 42.-Ultrasonoterapia, laserterapia, magnetoterapia. Indicacións terapéuticas e contraindicacións. Técnicas de aplicación.
Tema 43.-Masoterapia. Concepto, indicacións e contraindicacións. Efectos terapéuticos. Técnicas de masoterapia e manobras fundamentais: rozamento, frición, presión, amasamento, vibración e percusión. Técnicas especiais de masoterapia: masaxe transverso profundo, drenaxe linfática manual e masaxe do tecido conxuntivo: efectos fisiolóxicos e terapéuticos, técnicas específicas, indicacións e contraindicacións.
Tema 44.-Mecanoterapia: concepto, indicacións e contraindicacións. Equipamentos especiais: aparellos de tracción, bicicleta cinética, mesa de man, espaleiras, escaleiras, ramplas, escadas de dedos, táboa de Boheler: utilidades e aplicacións.
Tema 45.-Suspensioterapia e poleoterapia: concepto, indicacións e contraindicacións. Principios
xerais. Utilidades e aplicacións.
Tema 46.-Avaliación da marcha normal e patolóxica. Reeducación nas diferentes patoloxías.
Tema 47.-Termoterapia e crioterapia: concepto, indicacións e contraindicacións. Formas de propagación da calor. Termorregulación: estímulo térmico e frío. Técnicas de aplicación, efectos fisiológicos e terapéuticos.
Tema 48.-Hidroterapia: concepto, indicacións e contraindicacións. Principios xerais. Tipos de auga. Temperatura da auga. Efectos fisiolóxicos e terapéuticos. Técnicas hidroterápicas: baños, compresas e envolturas, ablucións, procesos hidrocinéticos.
Tema 49.-Fisioterapia nas alxias vertebrais. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico. Escola de costas: hixiene postural e prevención. Terapias manuais.
Tema 50.-A vendaxe funcional: concepto e aplicacións. Material necesario. Métodos. Indicacións e contraindicacións.
CONVOCATORIA 2011
| CATEGORIA | Nº DE PRAZAS | TITULACIÓN REQUERIDA | DATAS DE INTERESE |
|---|---|---|---|
| FISIOTERAPIA | Diplomado/a en Fisioterapia ou en Enfermaria con especialidade de Fisioterapia | Abril 2011 |
IMPORTANTE: Os grupos constituiranse por estrita orde de reserva, polo tanto tendo en conta que as prazas son limitadas, en caso de estar interesado/a deberías reservar praza á maior brevidade posible, sobre todo se queres un preparador ou preparadora específico.