Celador
-
REQUISITOS
-
PROCESO SELECTIVO (PROBAS)
-
TEMARIO
-
CONVOCATORIAS
REQUISITOS
a) Ser español ou nacional dun país membro da U.E.
b) Ter cumpridos 16 anos de idade e non alcanzar a idade de xubilación forzosa.
c) Posuir o Certificado de Escolaridade.
d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
e) Non estar separado do servizo de ningunha Administración Pública en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas
PROCESO SELECTIVO (PROBAS)
1º Exercicio: (eliminatorio).
Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio con dúas partes diferenciadas, nun prazo máximo de 180 minutos:
1. Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, sobre o contido da parte específica do programa.
2. Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.
Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos.
As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.
2º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).
Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.
Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
3º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).
Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.
Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
TEMARIO
PARTE COMÚN
Tema 1.-A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos/as españois/ as. A protección da saúde na Constitución.
Tema 2.-Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.
Tema 3.-A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos/as usuarios/as do sistema sanitario público.
Tema 4.-O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do persoal estatutario. distinto
Tema 5.-O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo.Xornada de traballo. Permisos e licenzas.
Tema 6.-A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.
Tema 7.-A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.
Tema 8.-Saúde laboral: concepto. Principais riscos nas institucións sanitarias e medidas de prevención. Principios básicos do Plan xeral de prevención de riscos laborais do Servizo Galego de Saúde.
PARTE ESPECÍFICA
Tema 9.-O personal subalterno: funcións do celador. Funcións de vixilancia. Apertura e peche das instalacións. Comunicación e atención aos usuarios.
Tema 10.-Coñecementos básicos dos utensilios, mobiliario e obxectos das institucións sanitarias: coidados e conservación.
Tema 11.-Técnicas de mobilización de pacientes. Posicións. Traslado e mobilización dos pacientes. Actuación en unidades de críticos.
Tema 12.-Área cirúrxica: actuación e normas de hixiene. Actuación nas unidades de hospitalización, estancias comúns e unidades de saúde mental.
Tema 13.-Actuación do celador en relación cos pacientes falecidos. Actuación nas salas de autopsias e os mortuorios.
Tema14.-As subministracións. Subministracións internas e externas. Recepción e almacenamento de mercadorías. Organización do almacén. Distribución de pedidos.
Tema 15.-A farmacia. O animalario. O traslado de documentos e obxectos. A esterilización. A hixiene dos pacientes.
Tema 16.-A organización das urxencias. A actuación do celador na entrada de urxencias. O transporte de enfermos en ambulancias.
Tema 17.-Nocións básicas de informática: concepto de procesador de textos, base de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.
CONVOCATORIAS
CONVOCATORIA 2011
|
CATEGORIA |
Nº DE PRAZAS |
TITULACIÓN REQUERIDA |
DATAS DE INTERESE |
|
CELADOR |
|
Certificado de Escolaridade |
Abril 2011 |
IMPORTANTE: Os grupos constituiranse por estrita orde de reserva, polo tanto tendo en conta que as prazas son limitadas, en caso de estar interesado/a deberías reservar praza á maior brevidade posible, sobre todo se queres un preparador ou preparadora específico.