Compromiso
Sergas>Auxiliar de enfermería

Auxiliar de enfermería

  • REQUISITOS
  • PROCESO SELECTIVO (PROBAS)
  • TEMARIO
  • CONVOCATORIAS
Resolución do 18 de febreiro de 2009, da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.


REQUISITOS

a) Ser español ou nacional dun país membro da U.E.
b) Ter cumpridos 16 anos de idade e non alcanzar a idade de xubilación forzosa.
c) Posuir o título de Técnico na correspondente Rama Sanitaria.
d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
e) Non estar separado do servizo de ningunha Administración Pública en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas
 

PROCESO SELECTIVO (PROBAS)

1º Exercicio: (eliminatorio)

Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio con dúas partes diferenciadas, nun prazo máximo de 180 minutos:
  • Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, sobre o contido da parte específica do programa.
  • Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.
Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos.
Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.
 

2º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio)

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.
Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
De conformidade co establecido no artigo 35 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública, este exercicio deberá realizarse exclusivamente en lingua galega.
 

3º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio)

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.
Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
Nota: En cada un dos exercicios as respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erróneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
 

TEMARIO

Parte común

Tema 1.-A Constitución española: principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos
españois. A protección da saúde na Constitución.
Tema 2.-Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.
Tema 3.-A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.
Tema 4.-O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos e licenzas. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.
Tema 5.-O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licenzas.
Tema 6.-A Lei de ordenación sanitaria de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.
Tema 7.-A atención primaria da saúde: concepto e características xerais. A ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.
Tema 8.-Saúde Laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais do Sergas.
 

Parte específica

Tema 9.-Concepto de calidade no sistema sanitario. Avaliación, garantía, mellora continua e calidade total. O ciclo avaliativo. Dimensións da calidade asistencial. Estrutura, proceso e resultado.
Tema 10.-Actividades do auxiliar de enfermaría nas institucións sanitarias. Coordinación entre niveis asistenciais. Concepto: coidados, necesidades básicas e autocoidados. O hospital e os problemas psicosociais e de adaptación do paciente hospitalizado.
Tema 11.-Documentación sanitaria: clínica e non clínica. Sistemas de información: xeneralidades. Servizo de admisión e atención ao usuario: funcionamento. O consentimento informado: concepto. Principios fundamentais da bioética: dilemas éticos. O segredo profesional: concepto e regulación xurídica.
Tema 12.-Prevención e promoción da saúde: concepto. Detección precoz de problemas de saúde: concepto. Prevención de accidentes no paciente. Inmunizacións: concepto. Vacinas: tipos, conservación e almacenamento. Educación para a saúde: concepto e técnicas didácticas.
Tema 13.-Habilidades de comunicación e relación interpersoal. Apoio e axuda ao paciente e familia. Traballo en equipo.
Tema 14.-Nocións básicas de informática: concepto do procesador de textos, bases de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.
Tema 15.-Necesidades de hixiene no neonato e adulto. Concepto. Hixiene xeral e parcial: da pel e capilar. Técnica de hixiene do paciente encamado: total e parcial. Técnica de baño asistido.
Tema 16.-Atención do auxiliar de enfermaría ao paciente encamado: posición anatómica e aliñamento corporal. Procedementos de preparación das camas. Cambios posturais. Drenaxes e catéteres: manipulación e coidado. Técnicas de deambulación. Técnicas de mobilización e traslado.
Tema 17.-Atención do auxiliar de enfermaría na preparación do paciente para a exploración: posicións anatómicas e materiais médico-cirúrxicos de utilización máis común. Atención pre e post operatoria.
Tema 18.-Constantes vitais: concepto. Procedemento de toma de constantes vitais. Gráficas e rexistros. Balance hídrico.
Tema 19.-Atención do auxiliar de enfermaría nas necesidades de eliminación: xeneralidades. Recollida de mostras: tipos, manipulación, características e alteracións. Sondaxes, ostomías, enemas: tipos, manipulación e coidados.
Tema 20.-Procedementos de recollida e conservación para o transporte de mostras biolóxicas. Xestión de residuos sanitarios: clasificación, transporte, eliminación e tratamento.
Tema 21.-Os alimentos: clasificación, hixiene e manipulación. Alimentación do lactante. Dietas terapéuticas: concepto e tipos. Vías de alimentación enteral e parenteral: concepto. Administración de alimentos por sonda nasogástrica.
Tema 22.-Vías de administración dos medicamentos: oral, rectal e tópica. Precaucións para a súa administración. Condicións de almacenamento e conservación. Caducidade. Atención do auxiliar de enfermaría ao paciente con oxixenoterapia: métodos de administración de oxíxeno e precaucións.
Tema 23.-Hixiene nos centros sanitarios: medidas de prevención da infección hospitalaria. Normas de seguridade e hixiene. Concepto de illamento no hospital: procedementos de illamento e prevención de enfermidades transmisibles.
Tema 24.-Concepto: infección, desinfección, asepsia e antisepsia. Desinfectantes e antisépticos: mecanismos de acción dos desinfectantes. Métodos de limpeza e desinfección do material e instrumental sanitario. Cadea epidemiolóxica da infección nosocomial. Barreiras hixiénicas. Consecuencias das infeccións nosocomiais. Esterilización: concepto. Métodos de esterilización segundo os tipos de material. Tipos de controis. Manipulación e conservación do material estéril.
Tema 25.-Atención do auxiliar de enfermaría ao enfermo terminal. Apoio ao coidador principal e familia. Coidados post mortem.
Tema 26.-Úlceras por presión: concepto. Proceso de formación, zonas e factores de risco. Medidas de prevención.
Tema 27.-Primeiros auxilios en situacións críticas: politraumatizados, queimados, shock, intoxicación, feridas, hemorraxias, asfixias. Concepto de urgencias e emerxencias. Reanimación cardiopulmonar básica. Mantemento e reposición do material necesario (carro de parada).
Tema 28.-Atención do auxiliar de enfermaría ao enfermo con problemas de saúde mental e/ou toxicomanías (alcoholismo e drogodependencias). Técnicas de inmobilización.
 

CONVOCATORIAS

CONVOCATORIA 2011
CATEGORIA
Nº DE PRAZAS
TITULACIÓN REQUERIDA
DATAS DE INTERESE
AUXILIAR ADMINISTRATIVO
 
Formación Profesional en Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría
Grupos comezados en Xaneiro e Febreiro 2011
 
IMPORTANTE: Os grupos constituiranse por estrita orde de reserva, polo tanto tendo en conta que as prazas son limitadas, en caso de estar interesado/a deberías reservar praza á maior brevidade posible, sobre todo se queres un preparador ou preparadora específico.

Nós Oposicións 2008-2012 Deseño web: Argos-Galaica