Compromiso
Sergas>Aux. Administrativo

Aux. Administrativo

  • REQUISITOS
  • PROCESO SELECTIVO
  • TEMARIO
  • CONVOCATORIAS

REQUISITOS

a) Ser español ou nacional dun país membro da U.E.
b) Ter cumpridos 16 anos de idade e non alcanzar a idade de xubilación forzosa.
c) Estar en posesión ou en condicións de obter o Título de: Graduado en Educación Secundaria, Graduado Escolar, Formación Profesional de Primeiro grao ou equivalente.
d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
e) Non estar separado do servizo de ningunha Administración Pública en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas
 

PROCESO SELECTIVO (PROBAS)

1º Exercicio (eliminatorio)

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, sobre o contido do programa nun prazo máximo de 90 minutos.
O número de preguntas relativas á parte común do temario (temas un a oito, inclusive) será de 10, de cuxa contestación estarán exentos os/as aspirantes de promoción interna.
Este exercicio será valorado de 0 a 25 puntos, excepto para os/as aspirantes de promoción interna para os/as que terá unha puntuación de 20 puntos.
As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.
 

2º Exercicio (eliminatorio)

Consistirá na realización dunha proba de contido práctico co ordenador a través da que se evidencie o coñecemento polos/as aspirantes da materia informática e da súa aplicación práctica, sobre manexo de paquetes ofimáticos (folla de cálculo e procesador de textos) na versión 2007 de microsoft office, no tempo e cos medios que o tribunal estime axeitados.
O tribunal por cuestión de índole organizativa poderá propoñer exercicios distintos de similares características, que serán sorteados ao chou nos correspondentes chamamentos parciais.
Este exercicio será valorado de 0 a 25 puntos.
Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.
Todos aqueles exercicios que non acaden a puntuación mínima exixida para superar a proba, serán cualificados directamente como non apto.
 

3º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio)

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.
Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
 

4º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio)

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.
Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos. As respostas correctas puntuarán positivamente, as
non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
 

TEMARIO

PARTE COMÚN

Tema 1.-A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos/as españois/ as. A protección da saúde na Constitución.
Tema 2.-Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.
Tema 3.-A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos/as usuarios/as do sistema sanitario público.
Tema 4.-O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do persoal estatutario. distinto
Tema 5.-O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo.Xornada de traballo. Permisos e licenzas.
Tema 6.-A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.
Tema 7.-A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.
Tema 8.-Saúde laboral: concepto. Principais riscos nas institucións sanitarias e medidas de prevención. Principios básicos do Plan xeral de prevención de riscos laborais do Servizo Galego de Saúde.
 

PARTE ESPECÍFICA

Tema 9.-Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas en materia a información e documentación clínica: os dereitos da información sanitaria e da intimidade. A Lei 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes, modificada pola Lei 3/2005, do 7 de marzo: historia clínica. 
Tema 10.-A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal: disposicións xerais; protección de datos; dereitos das persoas; ficheiros de titularidade pública.
Tema 11.-Tarxeta sanitaria: características fundamentais, alcance e contido. 
Tema 12.-Réxime xeral da Seguridade Social: campo de aplicación. Afiliación, cotización e redacción. Acción protectora: continxencias protexibles e réxime xeral de prestacións. 
Tema 13.-Estrutura orzamentaria. Pagamentos en firme e a xustificar. A ordenación do gasto e do pagamento; órganos competentes, fases do procedemento e documentos contables que interveñen. Ideas básicas e xerais de contabilidade financeira e orzamentaria. 
Tema 14.-Contratación administrativa. Contrato de obras. Contrato de subministracións. Contratos de servizos. 
Tema 15.-Cadro de persoal orzamentario: concepto. Selección de persoal estatutario temporal. Tipos de nomeamento. Confección de nóminas. 
Tema 16.-O acto administrativo: concepto e clases. A motivación e a forma. O silencio administrativo e os actos presuntos. Eficacia do acto administrativo. A notificación e a publicación. Invalidez dos actos: actos nulos e actos anulables. 
Tema 17.-O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrución e terminación. Revisión dos actos en vía administrativa. Os recursos administrativos: concepto e clases. O recurso contencioso administrativo. Responsabilidade das administracións públicas. 
Tema 18.-Funcionamento das institucións sanitarias. Servizo de documentación clínica hospitalaria. Servizo de Admisión. Servicio de Atención ao Paciente. 
Tema 19.-As subministracións. Subministracións internas e externas. Recepción e almacenamento de mercadorías. Organización do almacén. Distribución de pedidos. 
Tema 20.-A comunicación humana. A linguaxe como medio de comunicación. Diferenza entre información e comunicación. Tipos de comunicación. Atención ao público: acollida e información ao usuario. 
Tema 21.-Clasificación e arquivo de documentos. Ideas xerais sobre o sistema de clasificación. Documentación de uso das institucións sanitarias: administrativa e clínica. Arquivo de documentos: natureza e clases de arquivos. Funcionamento dos arquivos. Entrada en arquivo, saída en arquivo e devolucións. Dereito de acceso a arquivos e rexistros. 
Tema 22.-Informática: o ordenador; dispositivos centrais e periféricos; redes informáticas; o microprocesador; soportes informáticos. 
Tema 23.-Sistemas operativos máis frecuentes. Os seus elementos comúns. Administrador de arquivos. Administrador de impresión. Impresoras. 
Tema 24.-Ofimática: procesador de textos; base de datos; folla electrónica de cálculo; gráficos de oficina; axenda e correo electrónico. Intranet: concepto e utilidade. Internet.
 

CONVOCATORIAS

CONVOCATORIA 2011
CATEGORIA
Nº DE PRAZAS
TITULACIÓN REQUERIDA
DATAS DE INTERESE
Aux. Administrativo

Graduado en Educación Secundaria ou equivalente
Abril 2011

IMPORTANTE: Os grupos constituiranse por estrita orde de reserva, polo tanto tendo en conta que as prazas son limitadas, en caso de estar interesado/a deberías reservar praza á maior brevidade posible, sobre todo se queres un preparador ou preparadora específico.
Nós Oposicións 2008-2012 Deseño web: Argos-Galaica