Resolución do 18 de febreiro de 2009, da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.
Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio con dúas partes diferenciadas, nun prazo máximo de 180 minutos:
Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, sobre o contido da parte específica do programa.
Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.
Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos.
Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.
Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.
Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
De conformidade co establecido no artigo 35 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública, este exercicio deberá realizarse exclusivamente en lingua galega.
Tema 1.-A Constitución española: principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos
españois. A protección da saúde na Constitución.
Tema 2.-Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.
Tema 3.-A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.
Tema 4.-O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos e licenzas. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.
Tema 5.-O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licenzas.
Tema 6.-A Lei de ordenación sanitaria de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.
Tema 7.-A atención primaria da saúde: concepto e características xerais. A ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.
Tema 8.-Saúde laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais do Sergas.
Tema 9.-Principios fundamentais da bioética: aspectos éticos do traballo do TEAP. O segredo profesional: concepto e regulación xurídica.
Tema 10.-Calidade no Sistema Nacional de Saúde: características da atención sanitaria. Avaliación da calidade: estrutura, proceso e resultado aplicado á unidade. Servizo de Anatomía Patolóxica. Sistemas de control da calidade internos e externos.
Tema 11.-Metodoloxía de investigación. Técnicas cuantitativas e cualitativas. Fontes de datos. Estudos descritivos e analíticos no laboratorio de anatomía patolóxica. Estudos de proceso e resultado. O papel do técnico especialista.
Tema 12.-Epidemioloxía e método epidemiolóxico. Epidemioloxía das enfermidades transmisibles. Infección nosocomial: barreiras hixiénicas. Consecuencias das infeccións nosocomiais. Xestión de residuos sanitarios: clasificación, transporte, eliminación e tratamento.
Tema 13.-Asepsia e esterilización. Concepto de sepse, antisepse, esterilización e desinfección. Manexo de materiais estériles. Tema 14.-Laboratorio de anatomía patolóxica. Risco no uso de substancias químicas. Efectos tóxicos dos disolventes orgánicos.
Tema 15.-Introdución á histotecnoloxía aplicada ao laboratorio de anatomía patolóxica: funcións dos técnicos especialistas en anatomía patolóxica. Concepto e obxecto da histotecnoloxía. Conceptos de biopsia e peza cirúrxica. Conceptos de preparación histolóxica.
Tema 16.-Técnicas xerais de autopsia e estudo macroscópico. As salas de autopsia e macroscopia. Funcións do técnico especialista en anatomía patológica en relación coas autopsias e os estudos macroscópicos.
Tema 17.-Fundamentos xerais sobre procesamento histolóxico dos tecidos. Equipamento xeral dun laboratorio de anatomía patolóxica. Tratamento dos cortes previo e posterior á coloración.
Tema 18.-Fundamentos do proceso de fijación tisular: principios xerais da fixación tisular. Tipos de fixación. Clases de axentes fixadores segundo o seu mecanismo de actuación. Fixación en microscopia electrónica. Regras xerais que se observarán no emprego de líquidos fixadores.
Tema 19.-Descalcificación e rebrandecemento tisular. Solucións descalcificantes máis utilizadas. Aceleración do proceso de descalcificación química mediante ultrasóns. Descalcificación electrolítica.
Tema 20.-Métodos e técnicas de inclusión: deshidratación. Infiltración en parafina. Outros métodos de inclusión (xelatina, celoidina, resinas plásticas). A inclusión en microscopia electrónica.
Tema 21.-Realización dos bloques e orientación dos especimes. Consideracións xerais. Estruturas tubulares. Superficies epiteliais. Fragmentos grandes. Fragmentos múltiples. Estruturas quísticas. Realización dos bloques en microscopia electrónica.
Tema 22.-Micrótomos e técnicas de corte dos tecidos. Concepto e tipos de micrótomos. Técnica de corte sobre bloques de parafina. Técnica de corte no criostato. Técnicas de corte en microscopia electrónica.
Tema 23.-El microscopio óptico simple e composto. Regras xerais para o uso do microscopio. Concepto, descrición e funcionamento do microscopio electrónico de transmisión.
Tema 24.-Fundamentos xerais de coloración. Coloracións nucleares. Colorantes citoplasmáticos. Coloracións de conxunto.
Tema 25.-Coloracións para tecido conxuntivo. Técnicas de impregnación arxéntica.
Tema 26.-Técnicas de coloración para a identificación de distintos tipos de substancias: graxas,
glicóxeno, mucina, fibrina e amiloide.
Tema 27.-Coloracións para ácidos nucleicos. Métodos para a identificación e tinguidura de pigmentos e ións metálicos.
Tema 28.-Métodos para a detección de microorganismos: bacterias, ácido, alcohol resistente, espiroquetas, fungos, virus da hepatite.
Tema 29.-Técnicas inmunohistoquímicas e diagnóstico molecular. Recollida e preparación do
tecido.
Tema 30.-Introdución á citopatoloxía. Equipamento xeral dunha sección de citopatoloxía. Funcións dos citotecnólogos.
Tema 31.-Tipos de mostras en citopatoloxía: exfoliativa, por punción -aspiración con agulla fina
(PAAF), de líquidos e secrecións, etc. Generalidades sobre a obtención, prefixación e envío das ditas mostras.
Tema 32.-Procesamento xeral do material citopatolóxico: extensión de esputos e aspirados bronquiais, líquidos diversos, lavados bronquiais e gástricos, punción aspiración con agulla fina (P.A.A.F.). Fixación.
Tema 33.-Coloracións para estudos citolóxicos. Métodos de coloración máis importantes: coloración de Papanicolaou, de May -Grünwald -Giemsa, de Diff -Quik.
Tema 34.-Aspectos básicos de citodiagnóstico. Estrutura fundamental da célula. Generalidades sobre núcleo e citoplasma. Citodiagnóstico da inflamación tisular. Criterios citolóxicos de malignidade celular.
Tema 35.-Citoloxía do aparello xenital feminino. Citoloxía cervical. Citoloxía da vulva e vaxina. Citología do endometrio.
Tema 36.-Citoloxía clínica: citoloxía exfoliativa do aparello respiratorio, do aparello dixestivo, dos derrames, de urina, doutras localizacións.
Tema 37.-Técnicas especiais en citoloxía. A inmunocitoquímica en citoloxía diagnóstica. Citometría de fluxo. Técnicas de diagnóstico molecular. Métodos de citometría dixital e análises de imaxe.
CONVOCATORIA 2011:
| CATEGORIA | Nº DE PRAZAS | TITULACIÓN REQUERIDA | DATAS DE INTERESE |
|---|---|---|---|
| TÉCNICO DE ANATOMÍA PATOLÓXICA |
|
Técnico Superior na correspondente rama sanitaria | Abril 2011 |
IMPORTANTE: Os grupos constituiranse por estrita orde de reserva, polo tanto tendo en conta que as prazas son limitadas, en caso de estar interesado/a deberías reservar praza á maior brevidade posible, sobre todo se queres un preparador ou preparadora específico.