Compromiso
Educación>Secundaria

Secundaria

SECCIONES

  • REFERENTES LEGAIS SOBRE ESTA CUESTIÓN
  • REQUISITOS
  • ACREDITACIÓN DO COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA
  • PROCESO SELECTIVO (PROBAS)
  • CUALIFICACIÓNS
  • TEMARIOS
  • CONVOCATORIAS

REFERENTES LEGAIS SOBRE ESTA CUESTIÓN

ESTADO

Real Decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria decimo sétima da citada lei. (BOE 2 de marzo de 2007)

GALICIA.

Orde do 16 de marzo de 2010 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de música e artes escénicas, e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos anteditos corpos da Comunidade Autónoma de Galicia.(DOG 5 abril 2010)

REQUISITOS QUE HAI QUE REUNIR PARA PODER PRESENTARSE ÁS OPOSICIÓNS DE PROFESOR DE EDUCACIÓN SECUNDARIA (INSTITUTO)

Requisitos específicos

a) Estar en posesión do título de doutor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente para os efectos de docencia.

b) Estar en posesión da formación pedagóxica e didáctica á que se refire o artigo 100.2º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Estarán exceptuados deste requisito os aspirantes que posúan o título de mestre, diplomados en profesorado de educación xeral básica, mestres de ensino primario, licenciados en pedagoxía, en psicopedagoxía e aqueles que estean en posesión da licenciatura de ciencias da actividade física e do deporte.Así mesmo, exceptúanse deste requisito as especialidades de psicoloxía e pedagoxía, tecnoloxía e todas as relativas á formación profesional.

De acordo co previsto na disposición transitoria única.1 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, son equivalentes á formación pedagóxica e didáctica establecida no artigo 100.2º da LOE, os títulos do C.A.P.

Así mesmo, a acreditación dunha experiencia docente previa durante dous cursos académicos completos ou, no seu defecto, durante 12 meses exercidos en períodos descontinuos, en centros públicos ou privados de ensino regrado debidamente autorizados, será igualmente recoñecida como equivalente

ACREDITACIÓN DO COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA

A acreditación do coñecemento da lingua galega realizarase coa presentación do certificado de coñecemento da lingua galega (Celga 4), ou da súa validación, do curso de perfeccionamento en lingua galega ou a súa validación, feita pola secretaría xeral ou órgano competente, o título de licenciado en filoloxía galego-portuguesa, o certificado de ter o curso de especialización en lingua galega ou ter superada a proba na convocatoria no ano 2007 efectuada por esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do galego da forma prevista no punto anterior deberán acreditalo mediante a realización dunha proba.

Esta proba, que se levará a cabo de forma escrita, na data que fixe a Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, consistirá na resposta a varias cuestións sobre o temario de lingua galega que figura como anexo IV e nunha tradución do castelán ao galego.

Os tribunais valorarán esta proba como apto ou non-apto. Quedarán excluídas do procedemento selectivo as persoas cualificadas con non-aptas.

IDIOMAS MODERNOS

Todas as probas correspondentes ás especialidades de idiomas modernos desenvolveranse no idioma correspondente.

PROCESO SELECTIVO

Sistema selectivo.

O sistema de ingreso na función pública docente será o de concurso-oposición.

FASE DE CONCURSO (40% DO CONCURSO OPOSICION)

 Nesta fase, que en ningún caso terá carácter eliminatorio, valoraranse os méritos que concorran nos aspirantes.

Esta valoración será efectuada en nome dos tribunais por unha comisión integrada por funcionarios ou persoal laboral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

FASE DE OPOSICION (PROBA) (60% DO CONCURSO OPOSICION)

 A fase de oposición versará sobre os contidos da especialidade a que se opta, a aptitude pedagóxica e o dominio das técnicas necesarias para o exercicio da docencia.

 A fase de oposición constará de unha única proba estruturada en dúas partes, que non terán carácter eliminatorio. O tribunal só fará pública a nota final e global da proba.

A proba e as súas partes realizaranse pola seguinte orde e axustaranse ao que, así mesmo, se indica:

PARTE A

Terá por obxecto a demostración dos coñecementos específicos necesarios para impartir docencia. Consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema elixido polo aspirante, de entre un número de temas extraídos ao chou polo tribunal, proporcional ao número total de temas do temario de cada especialidade atendo aos seguintes criterios:

-Naquelas especialidades que teñan un número non superior a 25 temas, deberá elixirse entre tres temas.

-Naquelas especialidades que teñan un número superior a 25 temas e inferior a 51, deberá elixirse entre catro temas.

-Naquelas especialidades que teñan un número superior a 50 temas, deberá elixirse entre cinco temas.

Esta primeira parte cualificarase de cero a dez puntos

PARTE B

Parte B.

Terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do aspirante e o seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente. Consistirá na presentación dunha programación didáctica e na preparación e exposición oral dunha unidade didáctica.

B.1) Presentación dunha programación didáctica.

A programación didáctica fará referencia ao currículo dunha materia ou módulo relacionado coa especialidade pola que se participa, na cal deberán especificarse os obxectivos, contidos, criterios de avaliación e metodoloxía, así como a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. No caso do corpo de profesores de música e artes escénicas, a programación fará referencia ao currículo dun curso relacionado coa especialidade pola que se participa.
Esta programación corresponderase cun curso escolar da etapa educativa en que o profesorado da especialidade teña atribuída competencia docente para impartilo, elixido polo candidato, e deberá organizarse en unidades didácticas de tal maneira que cada unha delas se poida desenvolver completamente no tempo asignado para a súa exposición; en calquera caso, unha programación para un curso escolar deberá conter, como mínimo, 15 unidades didácticas que deberán estar enumeradas, e terá, sen incluír anexos, unha extensión máxima de 60 folios, formato DIN-A4, escritos a unha soa cara e dobre espazo interlineal, con letra tipo arial, sen comprimir, tamaño de 12 puntos.
Na extensión máxima de 60 folios non se computará a portada nin a contraportada. Si se computará o índice.
Resultarán excluídos do procedemento selectivo aqueles aspirantes cuxa programación non se axuste ao establecido nos parágrafos anteriores. En ningún caso poderá excluírse o persoal aspirante por deficiencias no contido da programación. As programacións versarán sobre os currículos publicados no Diario Oficial de Galicia no momento da publicación desta orde ou, de ser o caso, os aplicables na comunidade autónoma.
Nas especialidades de idiomas modernos a programación redactarase integramente no idioma correspondente. Na especialidade de psicoloxía e pedagoxía, esta proba terá por obxecto a comprobación da aptitude psico-pedagóxica do aspirante e o seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio da función de asesoramento e orientación educativa e profesional. Consistirá na presentación dun plan de apoio, que consistirá en 6 programas de intervención. Este plan deberá basearse na normativa vixente e nas necesidades do centro e do contexto, e establecer obxectivos, contidos, actividades, estratexias metodolóxicas, recursos materiais, humanos e organizativos, temporalización das accións, avaliación e propostas de mellora continua da calidade.
A programación ou, se é o caso, o plan de apoio, deberá entregarse ao tribunal no acto de presentación, e defenderase ante este no momento en que se convoque o persoal aspirante para tal efecto. A defensa da programación ou o plan de apoio terá unha duración máxima de vinte minutos. O persoal aspirante empregará para a defensa unha copia da programación ou do plan de apoio entregado ao tribunal.

B.2) Preparación, exposición e defensa dunha unidade didáctica.

O persoal aspirante elixirá unha unidade didáctica de entre tres extraídas ao chou, por el mesmo, da súa programación. Na elaboración da unidade didáctica deberán concretarse os obxectivos de aprendizaxe que se perseguen con ela, os seus contidos, as actividades de ensino e aprendizaxe que se van formular na aula, os seus procedementos de avaliación e a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
No suposto da especialidade de Orientacón Educativa do corpo de profesores de ensino secundario, os aspirantes desenvolverán un programa de intervención nun centro escolar ou nun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica de entre tres extraídos ao chou, por el mesmo, do seu plan de apoio.
O persoal aspirante disporá dunha hora para a preparación da unidade didáctica ou do programa de intervención, e poderá empregar o material que considere oportuno.
A exposición da unidade didáctica ou do programa de intervención terá unha duración máxima de 30 minutos. O persoal aspirante poderá empregar o material auxiliar que sirva de apoio e que considere oportuno, así como un guión que non excederá dun folio e que entregará ao tribunal ao rematar aquela.
Informe substitutivo do exercicio B.2): preparación, exposición e defensa da unidade didáctica por un informe.

A preparación, exposición e defensa da unidade didáctica ou programa de intervención (exercicio B.2) poderá ser substituída, por pedimento do interesado ou interesada, por un informe que valore os seus coñecementos sobre a unidade didáctica. No dito informe que, de conformidade coas funcións atribuídas aos órganos de selección, será xulgado, valorado e cualificado polo tribunal correspondente, deberá acreditarse, polo menos, a concreción dos obxectivos de aprendizaxe que se perseguiron na unidade didáctica, os seus contidos, as actividades de ensino e aprendizaxe que se formulan na aula e os procedementos de avaliación.
Poderán optar polo informe aqueles funcionarios e funcionarias interinos/as que reúnan o seguinte requisito:
Atoparse na situación administrativa de servizo activo como persoal interino docente nalgún dos corpos regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Para estes efectos enténdese que están en servizo activo aquelas persoas que prestasen servizos en virtude de nomeamentos realizados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por outras administracións educativas durante, polo menos, 180 días neste curso académico 2009-2010 á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Para estes efectos, entenderase que cumpre este requisito o persoal que non está prestando servizos neste curso académico por acollerse a esta situación por causas que dan lugar á concesión de servizos especiais ou excedencia por coidado de fillo ou familiar aos funcionarios públicos e que lles correspondería un nomeamento de interino por todo o curso académico 2009-2010.

CUALIFICACIÓNS

0 a 10 puntos.

Cada un dos exercicios da parte B valoraranse de 0 a 10 puntos.

A cualificación correspondente á fase de oposición será a media aritmética das puntuacións de todos os membros presentes no tribunal, debendo calculalas con aproximación de ata dez milésimas, para evitar no posible que se produzan empates. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros do tribunal exista unha diferenza de tres ou máis enteiros serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, calculándose a puntuación media entre as cualificacións restantes.

CUALIFICACIÓN FINAL DA PROBA.

Para efectos de obter a cualificación final da proba, o peso de cada un dos exercicios será o seguinte:

Parte A: 4 puntos.

Parte B.1): 3 puntos.

Parte B.2): 3 puntos.

Publicación diaria das puntuacións da proba.

Todos os tribunais publicarán diariamente a cualificación final e global alcanzada polos aspirantes que actuasen ante el ese día realizando a proba B.2)

ACCESO Á FASE DE CONCURSO.

A cualificación final da proba expresarase en números de cero a dez, sendo necesario obter, polo menos, cinco puntos para poder acceder á fase de concurso.

O número de aspirantes que acceda á fase de concurso poderá ser superior ao número de prazas convocadas.

TEMARIOS

É preciso ter en conta que estamos nun momento de tránsito no sistema educativo, e que polo tanto pode haber actualización dos temarios existentes. En todo caso polo momento os temarios vixentes no momento actual son:

Temarios das especialidades

CORPO DE PROFESORES DE ENSINO SECUNDARIO (CÓDIGO 590).

Código da especialidade:

001: Filosofía (BOE do 11 de novembro de 2011).

002: Grego (BOE do 11 de novembro de 2011).

003: Latín (BOE do 11 de novembro de 2011)

004: Lingua castelá e literatura (BOE do 11 de novembro de 2011)

005: Xeografía e historia (BOE do 11 de novembro de 2011)

006: Matemáticas (BOE do 11 de novembro de 2011)

007: Física e química (BOE do 11 de novembro de 2011)

008: Bioloxía (BOE do 11 de novembro de 2011)

009: Debuxo (BOE do 11 de novembro de 2011)

010: Francés (BOE do 11 de novembro de 2011)

011: Inglés (BOE do 11 de novembro de 2011)

016: Música (BOE do 11 de novembro de 2011)

017: Educación física (BOE do 11 de novembro de 2011)

018: Orientación Educativa (BOE do 11 de novembro de 2011)

019: Tecnoloxía (BOE do 11 de novembro de 2011)

053: Lingua e literatura galegas (DOG do 21 de marzo de 1995).

105: Formación e orientación laboral (BOE do 11 de novembro de 2011)

106: Hostalaría e turismo (BOE do 11 de novembro de 2011)

107: Informática (BOE do 11 de novembro de 2011)

108: Intervención sociocomunitaria (BOE do 11 de novembro de 2011)

111: Organización e procesos de mantemento de vehículos (BOE do 11 de novembro de 2011)

117: Procesos de diagnóstico clínico e produtos ortoprotésicos (BOE do 11 de novembro de 2011)

118: Procesos sanitarios (BOE do 11 de novembro de 2011)

CORPO DE PROFESORES TÉCNICOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL (591).

Código da especialidade e especialidade:

201: Cociña y pastelaría (BOE do 11 de novembro de 2011)

208: Laboratorio (BOE do 11 de novembro de 2011)

209: Mantemento de vehículos (BOE do 11 de novembro de 2011)

225: Servizos á comunidade (BOE do 11 de novembro de 2011)

226: Servizos de restauración (BOE do 11 de novembro de 2011)

227: Sistemas e aplicacións informáticas (BOE do 11 de novembro de 2011)

CONVOCATORIAS

As convocatorias soen saír no mes de marzo ou abril, sendo os exames contra o final do mes de xuño e durante o mes de xullo.

Neste ano 2011 a Consellería de Educación non vai a convocar prazas en ningunha especialidade do Corpo de Profesrores de Ensino Secundario (Instituto).

A preparación comeza ao longo do mes de setembro e primeiras semanas do mes de outubro, e tendo en conta que no ano 2012 VAI HABER CAMBIOS NO SISTEMA DE OPOSICIÓN E NOVOS TEMARIOS, compre comezar canto antes.

Nós Oposicións 2008-2012 Deseño web: Argos-Galaica