Correos
COMEZO GRUPO PREPARACIÓN A CORUÑA O 17 DE OUTUBRO
-
MATRÍCULA: Ata o 15 de outubro será gratuíta.
-
HORARIO: As clases desenvolveranse os luns de 5 a 8 da tarde
-
PROFESORADO: As clases serán impartidas por un docente cunha ampla experiencia na preparación das oposicións de Correos e que profesionalmente desenvolveu numerosas responsabilidades en Correos.
-
TEMARIO: Contamos cun temario de máxima solvencia e actualizado lexislativamente.
CONVOCATORIAS
BOLSA CONTRATACIÓN 2011
PRAZO DE INSCRICIÓN: DO 11 AO 29 XULLO
REQUISITOS
Para ingresar en Correos requírense uns requisitos imprescindibles que son:
-
Ter a nacionalidade española
-
Ter máis de 18 anos
-
Tamén poderán presentarse aquelas persoas pertencentes á Unión Europea, así como os cónxuges de persoas con nacionalidade española ou pertencentes a un estado membro da unión europea.
-
Non ter sido separado nin despedido, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas.
-
Non ter sido inhabilitado para o desempeño das funcións públicas, por feitos acaecidos no ámbito de Grupo Correos
-
Non padecer enfermidade, ou limitación física ou psíquica, que sexa incompatible co desempeño das correspondentes función
-
Segundo a oposición, antigüidade no Corpo ou Grupo de procedencia
-
Titulación que se requira en cada convocatoria.
PERFIL PROFESIONAL
Correos é unha das primeiras empresas de España por número de traballadores con máis de 63.000 empregados, cuxa xestión principal é a xestión nas comunicacións entre os cidadáns e empresas, así como, a distribución e entrega de produtos postais, parapostais e telégrafos aos destinatarios nos domicilios que figuren nos envíos. Tamén realizan tarefas de clasificación manual e/ou automática nas oficinas e enlaces rurais, admisión dos produtos postais, telegráficos e financeiros.
Todas estas xestións realízanse utilizando os medios necesarios para o desempeño tales como vehículos, sistemas informáticos, etc..
Por todo isto incorporarse a correos é unha boa opción para aqueles que estean a pensar en facer unha oposición.
PROBAS
-
O exame tipo consistirá en contestar un cuestionario de 100 preguntas, con respostas múltiples, sendo soamente unha delas correcta. As preguntas versarán sobre o contido dos temas do programa.
-
O tempo máximo para a realización deste exercicio será de 90 minutos.
-
As respostas erróneas e en branco non puntuarán negativamente.
TEMARIO
(Temario tipo aleatorio coa finalidade de que se poida dar unha idea xeral sobre as Oposicións a correos para interesados en preparalas)
BLOQUE 0: Ortografía.
BLOQUE I: Lexislación Postal: Directivas Postais. Normativa básica postal española.
Tema 1. - O sector postal: O ámbito europeo. A normativa europea. O marco legal de Correos en España.
Tema 2. - A regulación dos servizos postais. O ámbito de aplicación. Os servizos postais. Clasificación dos servizos postais. Obrigas relativas ao segredo das comunicacións postais. O servizo postal universal. Prestacións do servizo postal universal. Operador público. Servizos reservados a Correos. Condicións esixidas a Correos. Obrigas impostas a Correos. Obrigas de servizo esixidas a Correos.Taxas postais. O fondo de compensación do servizo postal universal. As autorizacións administrativas. A Administración Postal. A responsabilidade administrativa. Garantías dos usuarios. A rede postal pública. Prezos e sistemas de franqueo.
Tema 3. - O regulamento de prestación dos servizos postais: primeira parte. O Real Decreto 1829/1999 1829/1999, do 3 de decembro, servizos postais en xeral.
Tema 4. - O Regulamento de prestación dos servizos postais: segunda parte. Obrigas de servizo público. Normas de calidade para o servizo postal universal. Prazos de expedición. A rede postal pública. Colaboración doutras entidades con Correos. O servizo postal financeiro. Sistemas de pagamento a Correos.
Tema 5. - A Unión Europea. Os tratados orixinarios e modificativos das Comunidades Europeas. As institucións comunitarias europeas. O Dereito Comunitario orixinario e derivado. Os símbolos europeos. España na Unión Europea.
Tema 6. - Directivas 97/67/CEe 2002/39/CEdo Parlamento Europeo e do Consello. Directiva 97/67/CEdo Parlamento Europeo e do Consello do 15 de decembro de 1997 relativa ás normas comúns para o desenvolvemento do mercado interior dos servizos postais da comunidade e a mellora da calidade do servizo. Directiva 21002/39/CEdo Parlamento Europeo e do Consello do 10 de xuño de 2002 pola que se modifica a Directiva 97/67/CEco fin de proseguir a apertura á competencia dos servizos postais da Comunidade.
Tema 7. - Lei 14/1998 de 13 de xullo do serbio postal universal e de liberalización os servizos postais.
BLOQUE II: A Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, a súa organización, funcións e competencias.
Tema 8. - A Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, S.A.: Estatuto e estrutura organizativa.
Tema 9. - Introdución á calidade. Definición de calidade. Calidade total. Modelo europeo de calidade. Obxectivos de calidade do Correo Internacional.
BLOQUE III: Produtos e procedementos postais. Procesos de admisión, clasificación e repartición.
Tema 10. - Os produtos postais tradicionais do Correo Público: cartas, tarxeta postal, sobres prefranqueados-cartas, tarxeta postal prefranqueada e tarxetas de cobramento. Definición, ficha do produto e elementos diferenciadores do produto.
Tema 11. - A liña económica de Correos: publicorreo, publicorreo tempo, publibuzón, libros, periódicos, sacas "m" e cecogramas.Definición, ficha do produto e elementos diferenciadores do produto.
Tema 12. - Servizo de paquetería de Correos. Paquete azul, paquete postal e paquete internacional epg. Definición, ficha do produto e elementos diferenciadores do produto.
Tema 13. - A liña urxente de Correos: Postal Expresa (nacional),EMS(Postal Expresa internacional), prepagado postal expresa (nacional), correo urxente internacional (CUI), carta urxente, valixas e fax público (burofax).
Tema 14. - Os produtos financeiros de Correos: xiro nacional e xiro internacional. Definición, ficha do produto e elementos diferenciadores do produto. Produtos e servizos telegráficos de Correos: telegramas, radiotelegramas, servizo télex, instalación de oficinas temporais de telecomunicación e servizos de telecomunicación telecor. Outros produtos e servizos de Correos: embalaxes, outros, o servizo filatélico e Correos "online".
Tema 15. - A admisión da correspondencia nos envíos ordinarios de liña básica. Insuficiencia de franqueo. A admisión da correspondencia nos envíos certificados de liña básica.
Tema 16. - A admisión de correspondencia con valor declarado. A admisión a domicilio. A admisión de liña económica. A admisión de paquetería.
Tema 17. - A admisión de liña urxente: PoPostal Expréss, correo urxente internacional, a carta urxente nacional.
Tema 18. - A admisión de fax público (burofax). A admisión de xiro. A admisión de envíos contra reembolso internacionais.
Tema 19. - A clasificación e encamiñamento das cartas ordinarias e as cartas certificadas.
Tema 20. - Clasificación e encamiñamento de liña urxente: ems/postal expresa. Clasificación e encamiñamento de liña económica: envíos ordinarios e envíos certificados. Clasificación e encamiñamento de paquete azul. Clasificación e encamiñamento de paquete postal internacional.
A parte común do temario das oposicións a correos sexa cal sexa a praza á que se opta é:
-
Psicotécnicos, ortografía e cultura xeral.
-
Lexislación Postal: Directivas Postais. Normativa básica postal española.
-
A Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, organización, funcións e competencias.
-
Produtos e procedementos postais. Procesos de admisión, clasificación e repartición
A parte específica depende de cada oposición. É aconsellable consultar as bases de cada convocatoria publicada.