Compromiso
Concello de Vigo>AXUDANTE DE OFICIOS

AXUDANTE DE OFICIOS

  • REQUISITOS
  • PROCESOS SELECTIVOS (EXAMES)
  • TEMARIO
  • CONVOCATORIAS

REQUISITOS

a)Ter nacionalidade española ou estar comprendido no eido de aplicación do artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.
b) Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder a idade establecida como máxima para o ingreso nun corpo ou escala, así como non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.
c) Estar en posesión do certificado de escolaridade ou equivalente.
d) Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas, sen prexuízo de que sexan admitidas as persoas con discapacidade en igualdade de condicións ca os demais aspirantes, segundo o disposto na disposición adicional 19ª da Lei 30/1984, na redacción dada pola Lei 53/2003, do 10 de decembro.
e) Non estar separado/a do servizo en ninguna Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin encontrarse inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas.
f) Non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

PROCESO SELECTIVO. PROBAS (quenda libre)

Primeiro exercicio. Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito, no tempo que determine o órgano de selección, un cuestionario tipo test de 20 preguntas como mínimo, con tres respostas alternativas por pregunta, relacionadas coas materias contidas no temario, cuestionario establecido polo órgano de selección inmediatamente antes do inicio do exercicio.
Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada, e non se puntuarán as non contestadas. O órgano de selección, tras a análise, número e nivel de coñecementos dos/das aspirantes presentados, poderá establecer unha puntuación mínima ou nota de corte para superar este exercicio, puntuación que en ningún caso poderá ser inferior a cinco puntos.
 

Segundo exercicio. Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en resolver un suposto práctico ou realizar as tarefas que proporá o órgano de selección, relacionadas coas materias obxecto do temario específico, no prazo que estableza o órgano de selección en función da natureza da proba.
 

Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatorio.

Consistirá na práctica da proba de coñecemento da lingua galega prevista na base décima das xerais.
A cualificación de cada exercicio e a final faranse de conformidade co previsto na base décima das xerais.

TEMARIO (Quenda libre)

Tema 1.- Breve referencia ao significado da Constitución e ao Estatuto de Autonomía de Galicia.
Tema 2.- O Concello: concepto e elementos. Breve referencia á organización e competencias municipais
Tema 3- Dereitos e deberes dos empregados según o Estatuto dos Traballadores. Faltas e sancions, procedimento sancionador do persoal laboral según o Acordo regulador de condicions económicas e sociais dos traballadores ao servizo do Concello de Vigo.
Temario específico.
Tema 4. Ferramentas máis utilizadas polas brigadas de obras, albanelaría, electricidade, carpintaría e fontanaría. Características e aplicacións.
Tema 5. Maquinaria utilizada polas brigadas de obras. Características e aplicacións da formigoneira, compresor, martelo, dumper e compactadora.
Tema 6. Conservación e mantemento de parques e xardíns: ferramentas utilizadas, podas e fertilización.
Tema 7. Os materiais da construción. Clases e aplicación.
Tema 8. Normas elementais de empillamento e almacenaxe dos diversos materiais utilizados.
Tema 9. A misión do axudante en relación cos diversos oficios: especial referencia aos de albanelaría, electricidade, fontanaría, carpintaría e pintura.
Tema 10. Seguridade e saúde laboral: riscos, protección persoais e colectivas de carácter común a diversos oficios.

CONVOCATORIA

CORPO 
Nº DE PRAZAS
PRAZO PRESENTACIÓN INSTANCIAS
AXUDANTE DE OFICIOS (PERSOAL LABORAL) 21 PRAZAS Ingreso Libre DO 12 AO 31 DE MAIO
 

 


Nós Oposicións 2008-2012 Deseño web: Argos-Galaica