Compromiso
Concello de Vigo>AUXILIAR ADMINISTRATIVO CONCELLO VIGO

AUXILIAR ADMINISTRATIVO CONCELLO VIGO

  • REQUISITOS
  • PROCESO SELECTIVO (EXERCICIOS)
  • TEMARIO
  • CONVOCATORIA

REQUISITOS

a)Ter nacionalidade española ou estar comprendido no eido de aplicación do artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.
b) Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder a idade establecida como máxima para o ingreso nun corpo ou escala, así como non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.
c) Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria ou equivalente.
d) Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas, sen prexuízo de que sexan admitidas as persoas con discapacidade en igualdade de condicións ca os demais aspirantes, segundo o disposto na disposición adicional 19ª da Lei 30/1984, na redacción dada pola Lei 53/2003, do 10 de decembro.
e) Non estar separado/a do servizo en ninguna Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin encontrarse inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas.
f) Non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.
 

PROCESO SELECTIVO (EXERCICIOS)

Exercicios da oposición para a quenda libre.
 

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito, no tempo que estableza o órgano de selección, un cuestionario tipo test de 30 preguntas, como mínimo, con catro respostas alternativas por pregunta, relacionadas coas materias que integran os programas das bases específicas, que será determinado polo dito órgano inmediatamente antes do inicio do exercicio.
Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada e non se puntuarán as non contestadas. Cualificarase cunha puntuación de cero (0) a dez (10) puntos e é necesario para superalo obter un mínimo de cinco (5) puntos.
 

Segundo exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio

Consistirá en desenvolver por escrito, durante un período máximo de 60 minutos, un tema xeral sinalado polo órgano de selección e que garde relación co contido do programa.
Os aspirantes terán ampla liberdade no tocante á forma de exposición; valoraranse os coñecementos do tema, o nivel de formación xeral e a claridade da exposición. Este exercicio deberá ser lido obrigatoriamente ante o órgano de selección, en sesión pública, puntuarase de cero (0) a dez (10) puntos, e é necesario para aprobar obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.
 

Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio

Consistirá nunha proba de coñecementos de informática a nivel usuario de contornos operativos windows ou similares, manexo de ferramentas de ofimática (open office ou similar) e de utilidades básicas da internet nos ditos contornos (navegación, correo electrónico, etc.), no tempo que estableza o órgano de selección. Cualificarase a velocidade desenvolvida (en atención ao número de pulsacións), a limpeza e exactitude das tarefas realizadas e a corrección que presenten estas, de conformidade cun baremo obxectivo que estableza o dito órgano antes de se iniciar o exercicio, que deberá comunicárselles aos aspirantes no momento de comezar a proba e incluírse na correspondente acta.
A cualificación do exercicio será de cero (0) a dez (10) puntos, e queda eliminado/a o/a aspirante que non obteña un mínimo de cinco (5) puntos.
 

Cuarto exercicio. De carácter igualmente obrigatorio, aínda que o feito de non superalo non impedirá o nomeamento

Consistirá na realización dunha proba escrita de coñecemento da lingua galega, que se realizará conforme o previsto na base décima das xerais, que determinará o órgano de selección co asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística e que se valorará de 0 a 2 puntos.
Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten posuír o título Celga 3 ou equivalente homologado,
 
A  cualificación dos tres primeiros exercicios será de 0 a 10 puntos, e quedará eliminado o/a aspirante que non obteña, polo menos, 5 puntos en cada un deles. A cualificación do cuarto exercicio será de 0 a 2 puntos, de acordo co previsto na base décima das xerais.
 

TEMARIO para a quenda libre

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. Garantía e suspensión.
Tema 2. A Coroa. O poder lexislativo. A elaboración das leis. Os tratados internacionais.
Tema 3. O poder xudicial. O Tribunal Constitucional. O Goberno.
Tema 4. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estrutura.
Tema 5. A Administración pública no ordenamento español. A Administración do Estado. Administracións autonómicas. Administración local. Administración institucional e corporativa.
Tema 6. Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación. Sometemento da Administración á lei e ao dereito. Fontes do dereito público.
Tema 7. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Validez dos actos administrativos. Execución dos actos administrativos.
Tema 8. Nulidade e anulabilidade dos actos administrativos. A revisión de oficio e a declaración de lesividade. Os recursos administrativos.
Tema 9. O procedemento administrativo: principios xerais e fases.
Tema 10. Formas da acción administrativa. Fomento. Policía. Servizo público.
Tema 11. Réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica.
Tema 12. O municipio. O termo municipal. A poboación. O empadroamento. Breve referencia á provincia. A súa organización e competencias.
Tema 13. Organización municipal. Competencias.
Tema 14. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificacións dos acordos.
Tema 15. Outras entidades locais. Mancomunidades. Agrupacións. Entidades locais menores. Relacións entre entes territoriais. Autonomía municipal e tutela.
Tema 16. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.
Tema 17. A función pública local e a súa organización.
Tema 18. Dereitos e deberes dos empregados públicos locais. Faltas e sancións dos funcionarios locais. O procedemento disciplinario.
Tema 19. Facendas locais: clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais. Réxime xurídico do gasto público local. Os orzamentos locais.
Tema 20. Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.
 

CONVOCATORIAS

CORPO 
Nº DE PRAZAS
PRAZO PRESENTACIÓN INSTANCIAS
AUXILIAR DA ADMINISTRACIÓN XERAL
10 PRAZAS Ingreso Libre
DO 12 AO 31 DE MAIO 2011
 
 
Nós Oposicións 2008-2012 Deseño web: Argos-Galaica