Subalterno da Administración Xeral Concello A Coruña
-
REQUISITOS
-
PROCESO SELECTIVO (OPOSICIÓN)
-
PERIODO DE FORMACIÓN
-
TEMARIO
-
NOTAS DE INTERESE
REQUISITOS
-
Ter a nacionalidade española.
-
Ter cumpridos 16 anos e non exceder a idade de xubilación forzosa.
-
Estar en posesión do certificado de escolaridade.
-
Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza á que se aspira.
-
Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas nin se atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionarios.
PROCESO SELECTIVO (OPOSICIÓN LIBRE)
A oposición constará de 4 exercicios, todos eles eliminatorios.
PRIMEIRO EXERCICIO:
Constará de dúas partes por escrito:
Primeira parte: cuestionario de 50 preguntas de cultura xeral sobre actualidade, xeografía, historia, ortografía e gramática e operacións aritméticas.
Segunda proba: cuestionario de 50 preguntas acerca da parte específica do temario.
Cada unha das partes cualificarase de apto ou non apto, sendo necesario superar as dúas partes. En caso de obter a cualificación de apto nas dúas partes, puntuarase cada unha delas de 2.5 a 5 puntos. A suma destas cualificacións parciais é a puntuación do primeiro exercicio.
SEGUNDO EXERCICIO:
Consistirá en responder, en 2 horas como máximo un cuestionario de 20 preguntas curtas sobre a parte xeral do temario. Cualificarase como "apto" ou " non apto".
TERCEIRO EXERCICIO :
De carácter teórico práctico. Consistirá en realizar as probas de tipo práctico que sinale o tribunal, así como contestar oralmente ás cuestións que se poidan formular sobre a parte específica do temario.
CUARTO EXERCICIO:
Coñecemento do galego. Os aspirantes terán 30 minutos para a tradución directa e/ou inversa dun ou varios textos, en castelán ou en galego, facilitados polo tribunal. Será cualificado como apto ou non apto.
TEMARIO
PARTE XERAL
-
Tema 1. A Constitución española de 1978: A organización territorial do Estado. A Administración local na Constitución.
-
Tema 2. Réxime local: clases de Entidades locais recoñecidas pola Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia.
-
Tema 3. O municipio. Elementos: territorio e poboación. Competencias dos municipios.
-
Tema 4. A organización municipal. Órganos. Composición e competencias.
-
Tema 5. O persoal ao servizo da Administración Local: Clasificación. Funcionarios propios das Entidades Locais: Dereitos e deberes. Retribucións.
-
Parte específica
-
Tema 6. A notificación do acto administrativo. Formas de practicarse. Efectos. A notificación defectuosa. O Rexistro xeral de entrada e saída de documentos. Presentación de instancias e outros documentos nas oficinas públicas. Comunicacións entre órganos.
-
Tema 7. Os dereitos dos cidadáns fronte á Administración. Atención ao público, directa e telefónica. Coñecemento, utilización e atención dun servizo telefónico. Envíos e recibos postais.
-
Tema 8. Máquinas auxiliares de oficina: fotocopiadora, franqueadora, destrutora de documentos, telefax e outras análogas. Utilización e mantemento básico.
-
Tema 9. Dependencias do excelentísimo concello de A Coruña. Situación doutros organismos públicos dentro do termo municipal.
-
Tema 10. O arquivo. Concepto e funcións. Os documentos. O documento de arquivo. Documentos simples e compostos. O expediente. O valor do documentos de arquivo: administrativo, legal, fiscal e histórico. A teoría do ciclo vital dos documentos.
-
Tema 11. O sistema de arquivo: arquivos de oficina, administrativos e históricos. A clasificación de documentos. O cadro de clasificación. A ordenación de documentos e expedientes. Tipos.
NOTAS DE INTERESE
ÚLTIMA CONVOCATORIA: 2009-2010
OFERTA DE EMPREGO: BOP 09-06-2009
BASES: BOP 21-05-2010
CONVOCATORIA: BOE 10-06-2010
PRAZAS: 4 prazas, de turno libre.