Compromiso
Concello Coruña>Auxiliar de Administración Xeral Concello A Coruña

Auxiliar de Administración Xeral Concello A Coruña

CLASIFICACIÓN DA PRAZA: Escala de administración Xeral, subescala Auxiliar. (Grupo D)

  • REQUISITOS
  • PROCESO SELECTIVO PARA OS/AS DE OPOSICIÓN LIBRE
  • PROCESO SELECTIVO PARA OS/AS DE PROMOCIÓN INTERNA
  • CUALIFICACIÓNS
  • TEMARIO XERAL
  • TEMARIO PARA A PARTE DE INFORMÁTICA
  • NOTAS DE INTERESE

REQUISITOS:

  • Ter a nacionalidade española.
  • Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade de xubilación forzosa.
  • Estar en posesión do Título de Graduado Escolar; Formación Profesional de Primeiro Grao ou equivalente.
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza á que se aspira.
  • Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionarios.

PROCESO SELECTIVO PARA OS/AS DE OPOSICIÓN LIBRE

A oposición constará de 4 exercicios todos de carácter eliminatorio.

PRIMEIRO EXERCICIO:

Cuestionario de 75 preguntas tipo test, con respostas alternativas e sendo só unha correcta, as preguntas serán sobre cultura xeral, actualidade, xeografía, historia, ortografía, gramática, operacións aritméticas e tamén sobre o contido do programa.

A puntuación será de 0 a 10 puntos, sendo necesario un 5 para superalo.

SEGUNDO EXERCICIO:

Consistirá en desenvolver por escrito nun prazo de 2 horas como máximo, 25 cuestións relacionados cos temas do programa. Valorarase neste exercicio a corrección das respostas e a capacidade de redacción e síntese. Será calificado de 0 a 10 puntos sendo necesario obter como mínimo para non ser eliminado 5 puntos.

TERCEIRO EXERCICIO:

Constará de 2 probas de carácter obrigatorio e eliminatorio cada unha delas.

Primeira proba: Contestar por escrito un cuestionario de 40 preguntas tipo test con respostas alternativas e sendo só unha correcta onde os aspirantes deberán mostrar os seus coñecementos do manexo do sistema operativo Windows e Microsoft e das ferramentas ofimáticas MS-OFFICE.(Anexo 2 da convocatoria)

Segunda proba: Consistente na realización de probas prácticas, de contido administrativo correspondentes ás funcións a desenvolver utilizando Word e Excel.

Cada proba será cualificada de 0 a 10, sendo necesaria un 5 para superala, a cualificación global do exercicio será de 0 a 20, sendo necesario obter nela 10 puntos.

CUARTO EXERCICIO:

Coñecemento de galego. Consistirá na tradución directa e /ou inversa dun ou varios textos, en castelán ou en galego, nun tempo máximo de 30 minutos. Será cualificado como "apto" ou "non apto".

Estarán exentos deste todos aqueles aspirantes que acrediten superar os cursos de iniciación e perfeccionamento de galego ou ben a súa validación.

PROCESO SELECTIVO PARA OS/AS DE PROMOCIÓN INTERNA

A oposición constará de tres exercicios, os 2 primeiros de carácter obrigatorio e eliminatorio.

PRIMEIRO EXERCICIO:

Consistirá en desenvolver por escrito nun prazo de 2 horas como máximo, 25 cuestións relacionados cos temas do programa. Valorarase neste exercicio a corrección das respostas e a capacidade de redacción e síntese. Será cualificado de 0 a 10 puntos sendo necesario obter como mínimo para non ser eliminado 5 puntos.

SEGUNDO EXERCICIO:

Constará dunha proba, de carácter obrigatorio e eliminatorio e de carácter práctico consistente na realización de probas prácticas, de contido administrativo, correspondentes ás funcións a desenvolver, con Word e Excel. Será cualificada de 0 a 10 puntos, sendo eliminados os aspirantes que non consigan alcanzar un 5 na proba.

TERCEIRO EXERCICIO:

Coñecemento do galego. Os aspirantes deberán de demostrar o coñecemento da lingua galega, ao fin da cal se efectuará unha tradución ao castelán dun texto en galego facilitado polo Tribunal. Este exercicio será cualificado como "apto" ou " non apto". Quedarán exentos os aspirantes que acrediten superar os cursos de iniciación e perfeccionamento de galego ou ben a súa validación.

CUALIFICACIÓN FINAL

Virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos distintos exercicios da oposición.

TEMARIO

  • Tema 1. - A Constitución Española de 1978. Estrutura. Características xerais. Principios que informan a Constitución Española de 1978. O Titulo Preliminar da Constitución. Os dereitos fundamentais e as liberdades públicas.
  • Tema 2. - A Coroa. As Cortes Xerais: Composición. Atribucións e funcionamento. O Goberno e a Administración. Relacións entre o Goberno e as Cortes Xerais.
  • Tema 3. - A Organización Territorial do Estado na Constitución. As Comunidades Autónomas. Os Estatutos de Autonomía. Réxime de competencias. Relación entre o Estado e as Comunidades Autónomas.
  • Tema 4. - A Comunidade Autónoma de Galicia: O Parlamento,a Xunta e o seu Presidente.
  • Tema 5. - Réxime Local español: Fontes do ordenamento xurídico local. Lexislación estatal e autonómica. A Lei 5/97, do 22 de xullo, de administración local de Galicia. Clases de Entidades Locais.
  • Tema 6. - O Municipio. Elementos: territorio e poboación. Competencias dos municipios.
  • Tema 7. - A organización municipal. Principios fundamentais. Municipios de Gran Poboación e Municipios de réxime común.
  • Tema 8. -Municipios de gran poboación: O Alcalde. Competencias. Forma de elección e cesamento. Os Tenentes de Alcalde. A Xunta de Goberno Local: composición e atribucións.
  • Tema 9. -O Concello Pleno. Composición e competencias. As Comisións Informativas.
  • Tema 10. - Réxime de sesións e acordos dos órganos colexiados locais.
  • Tema 11. - A potestade regulamentaria das Entidades Locais: Ordenanzas, Regulamentos e Bandos.
  • Tema 12. - O persoal ao servizo da Administración Local: Funcionarios propios das Entidades Locais. Integración en Escalas, subescalas e Clases. Dereitos e deberes.
  • Tema 13. - O acto administrativo: concepto e clases. Elementos. Eficacia dos actos. Notificación e Publicación. Nulidade e anuabilidade.
  • Tema 14. - O procedemento administrativo: Iniciación, ordenación, instrución e terminación. Os recursos administrativos. A revisión de oficio.
  • Tema 15. - Finalización do procedemento: a obriga de resolver. O silencio administrativo.
  • Tema 16. - O Presuposto das Corporacións Locais: Elaboración, aprobación e execución.
  • Tema 17. - As Facendas Locais: Recursos das Facendas Locais. Impostos, Taxas e Contribucións Especiais.
  • Tema 18. - Dereitos e deberes dos veciños no ámbito local: Información e participación cidadá.
  • Tema 19. - O Rexistro de documentos: Concepto. O rexistro de entrada e saída: O seu funcionamento nas Corporacións Locais. Presentación de instancias e outros documentos nas oficinas públicas.
  • Tema 20. - A Lei de Prevención de Riscos Laborais: ámbito de aplicación. Dereitos e obrigas. Órganos de representación en materia preventiva: Delegados de Prevención e Comité de Seguridade e Saúde.

TEMARIO PARA A REALIZACIÓN DO TERCEIRO EXERCIÓ)

  • 1. Conceptos Básicos
  • 1.1. Hardware e Software
  • 2. Microsoft Windows
  • 2.1. Elementos e características dunha ventá
  • 2.2. Manexo do rato
  • 2.3. Menú Inicio
  • 3. Explorador de Windows
  • 3.1. Descrición da ventá
  • 3.2. Concepto de carpetas e arquivos
  • 3.3. Manexo de Carpetas e Arquivos
  • 3.3.1. Creación de Carpetas
  • 3.3.2. Movemento e Copia
  • 3.3.3. Eliminación
  • 3.3.4. Cambio de nome
  • 4. Microsoft Word
  • 4.1. Introdución e ingreso a Word
  • 4.2. Creación e modificación de documentos
  • 4.3. Gravar e recuperar documentos
  • 4.4. Formato Fontes
  • 4.5. Manexo de Párrafos4.5.1. Aliñación
  • 4.5.2. Sangrías
  • 4.5.3. Interliñado
  • 4.6. Copia e movemento de texto
  • 4.7. Numeración e Viñetas
  • 4.8. Salto Páxina
  • 4.9. Numeración de Páxinas
  • 4.10. Impresión de documentos
  • 5. Microsoft Excel
  • 5.1. Introdución e ingreso a Excel
  • 5.2. Ingreso e corrección de datos
  • 5.3. Gravar e recuperar arquivos
  • 5.4. Manexo de fórmulas
  • 5.4.1. Referencias relativas
  • 5.4.2. Referencias absolutas
  • 5.4.3. Funcións
  • 5.5. Copia e movemento de celas
  • 5.6. Manexo de filas e columnas
  • 5.7. Formatos
  • 5.7.1. Fontes, Aliñación, Bordos, Trama, Número
  • 5.8. Impresión de documentos
  • 6. Microsoft Access
  • 6.1. Que é un Base de Datos
  • 6.2. Elementos das Bases de Datos
  • 6.3. Táboas
  • 6.4. Consultas
  • 6.5. Informes
  • 7. Internet Explorer
  • 7.1. Sitios web e Uso de links
  • 7.2. Busca de información
  • 7.3. Pegar textos e imaxes en Word

NOTAS DE INTERESE

ÚLTIMA CONVOCATORIA: 2009-2010

OFERTA: BOP 09-06-2009

BASES: BOP 20-04-2010

CONVOCATORIA: BOE 29-05-2010

PRAZAS: 35 prazas de turno libre.

Nós Oposicións 2008-2012 Deseño web: Argos-Galaica