981.927.420nosoposicions@nosoposicions.com Colabora con NósQuen somos

COMEZO NOVOS GRUPOS ENFERMARÍA. POR QUÉ ELIXIR NÓS OPOSICIÓNS?.

Inicio / Noticias2 / COMEZO NOVOS GRUPOS ENFERMARÍA. POR QUÉ ELIXIR NÓS OPOSICIÓNS?.
I
Publicado por
En Noticias2
No DOG do 4 de maio publicouse unha importante Resolución onde se establecía que a PUBLICACIÓN DE CONVOCATORIAS PENDENTES DA OFERTA DE 2016 sería no  1º SEMESTRE 2017 (ANTES DO 30 DE XUÑO). E dicir, a especialidade de Enfermaría está incluída dentro das convocatorias pendentes, co que antes do 30 de xuño deberiamos ter tido a convocatoria das 140 prazas ofertadas.

A realidade é que isto non aconteceu e non sabemos cando o SERGAS fará dita convocatoria, pero é moi posible que agarde a facer unha nova OFERTA, e que refunda as prazas Ofertadas na OPE de 2016 coas da OPE de 2017.

Consulta aquí a Resolución do 4 de maio íntegra.

Parece claro que por parte da Consellería está prevista unha Oferta para 2017 de máis de 1600 prazas no SERGAS que incluso se podería ver aumentada.

Consulta a nova publicada na prensa informando sobre a convotaria de máis de 1600 prazas para o 2017.(pincha aqui)

Ante todas estas novas:

INICIAMOS NOVOS GRUPOS DE PREPARACIÓN NA:

  • A CORUÑA, 04 SETEMBRO 17
  • LUGO,  24 DE DE MAIO-17. (COMPLETO)
  • LUGO, 1 DE XUÑO-17.
  • SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 DE SETEMBRO-17

 

POR QUE ELIXIR NÓS OPOSICIÓNS?

PORQUE NA ANTERIOR OPE DE ENFERMERÍA MAIS DE 400 ENFERMEIROS/AS DE TODA GALICIA CONFIARON NA NOSA PREPARACIÓN, E MÁIS DO 79% SUPERARON O EXAME.

 

 

POR QUÉ OS OPOSITORES CONFIAN EN NÓS OPOSICIÓNS?

POLO NOSO COMPROMISO, TRABALLO E EXPERIENCIA.

NA ANTERIOR OPE DE ENFERMARÍA MAIS DE 400 ENFERMEIROS/AS DE TODA GALICIA CONFIARON NA NOSA PREPARACIÓN, E MÁIS DO 79% SUPERARON O EXAME.

SE DESEXAS COÑECER ESTA INFORMACIÓN CON MÁIS DETALLE PODES ACHEGARTE POR CALQUERA DOS NOSOS CENTROS E AMOSAREMOSCHA.

QUE CHE OFRECEMOS EN NÓS OPOSICIÓNS?. O NECESARIO PARA PREPARAR A OPOSICIÓN: 

  • TEMARIO ACTUALIZADO,
  • TEST PROPIOS,
  • SIMULACROS DE TEST TANTO PRESENCIAIS COMO ON LINE.

TEMARIOS: Elaboración de temarios propios, con referencias bibliográficas actualizadas.

TEST: Cada semana o alumnado ten un test para realizar ao inicio da clase que posteriormente se corrixirá por parte do docente. Igualmente terá á súa disposición na plataforma un test para realizar on line cando desexe durante a semana.

PROFESORADO: Todos os profesores/as preparadoras son especialistas na materia que imparten e funcionarios en activo e con anos de experiencia na preparación de oposicións SERGAS. Levamos preparando oposicións SERGAS dende o ano 2004.

 

ORGANIZACIÓN DA PREPARACIÓN:

CLASES:  Teñen un carácter intensivo de duración 4.30 horas aproximadamente e son unha vez á semana, ben en horario semanal de tarde ou os sábados en horario de mañá.

TRABALLO CO GRUPO: En cada sesión semanal traballaranse de forma dinámica e participativa: explicación do temario por parte do preparador/a, aclaración de dúbidas, correción de  test

SIMULACROS: Unha vez rematada a explicación de todos o temario, realizarase un simulacro global de todos os temas. Nos posteriores repasos volverase a facer un test global. Igualmente ao rematar cada bloque temático farase un simulacro do mesmo. Para moitos destes simulacros empregaremos a plataforma para darlle maior flexibilidade ao alumnado para poder realizalo.

PLANIFICACIÓN:  A comezo da preparación entregarémos un “planing” no que se detallan data de entrega de todos os temas que compoñen a oposición.

AVALIACIÓN DO RENDEMENTO:  A través das clases e dos distintos simulacros, farase un seguimento personalizado de cada alumno/a obtendo así un maior rendemento de cada opositor.

MATERIAL COMPLEMENTARIO: Entrega de referencias bibliográficas, documentos complementarios que permitan ao opositor unha maior profundización naquelas cuestións que se consideran especialmente relevantes.

 

FORMACIÓN ON LINE

O alumnado terá á súa disposición na plataforma un test para realizar on line cando desexe durante a semana, dotando así á preparación de maior flexibilidade e atención ás distintas necesidades de cada opositor/a.

 

CONDICIÓNS

COMPROMISO: A seguridade no noso traballo e compromiso co alumnado lévanos a que asinemos un “contrato” no momento en que o opositor/a comece a preparación, no que nos comprometemos a levar a cabo o que publicitamos.

CLASES DE PROBA: Todos os centros e academias informan do alto número de aprobados dos seus alumnos, dos seus métodos de preparación innovadores e exclusivos… Nós simplemente che ofrecemos asistir a dúas clases de proba sen ningún compromiso para que sexas ti quen poidas valorar. Se decides que a nosa preparación non te convence non terás nada que aboar por esas clases nin terás ningún tipo de compromiso con Nós, e só se decides quedarte terás que pagar esas dúas clases.

COMEZO DA PREPARACIÓN: O comezo dos distintos grupos, está previso para outubro-novembro de 2016.

MATRÍCULA GRATUÍTA: O alumnado que faga efectiva a súa matrícula antes do 15 de outubro de 2016 terá matrícula gratuíta.

 

DATOS PARA A REFLEXIÓN E A TOMA DE DECISIÓNS:

  • NÓS OPOSICIÓNS PARA O EXAME DE XANEIRO DE 2016 PREPAROU A MÁIS DE 400 ENFERMEIROS/AS DOS CALES UN 79% APROBARON O EXAME.
  • NA ANTERIOR OPE DE 2009 PREPARAMOS A MAIS DE 500 PERSOAS (ENFERMEIROS/AS, AUXILIARES DE ENFERMARIA, HIXIENISTAS DENTAIS, TÉCNICOS DE RAIOS…)
  • A nosa experiencia e os resultados son o maior aval, transmitidos a través do noso alumnado que son a mellor publicidade.

O feito de superar unha oposición e obter unha praza:

  • Asegúrache un futuro laboral estable.
  • Dache a posibilidade de poder conciliar dun xeito satisfactorio a vida laboral e persoal
  • Poderás contribuir co teu traballo e compromiso a que haxa uns servizos públicos máis eficaces e que beneficien a todos.

 

PERO TEN EN CONTA QUE:

“Preparar unha oposición é unha tarefa dificil complexa e longa, para a cal tes que estar comprometido e concienciado e onde en moitas ocasións vaste poñer ao límite das túas posibilidades.

Pero con traballo e esforzo máis tarde ou máis cedo o éxito chega e ese instante permanecerá inexquecible na túa memoria coma unha experiencia vital de loita, superación e satisfacción.”

No DOG do 07 de marzo publicouse a Oferta de Emprego Público do Sergas para o 2016. Nela ofertanse entre outras:

DIPLOMADO SANITARIO E DE FORMACIÓN PROFESIONAL:

  • ENFERMEIRO/A: 140 PRAZAS
  • DOCUMENTACIÓN SANITARIA:    4 PRAZAS

 

PERSOAL DE XESTIÓN E SERVIZOS:

  • CELADOR/A: 168 PRAZAS
  • GRUPO AUX. ADMINISTRATIVO: 85 PRAZAS
  • PERSOAL SERVIZOS XERAIS (PSX): 40 PRAZAS
  • TRABALLADOR SOCIAL: 10 PRAZAS

CONSULTA A OFERTA EMPREGO COMPLETA

Artigos recentes
Contacto

Podes toparnos no teléfono: 981 927 420

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. CERRAR