981.927.420nosoposicions@nosoposicions.com Colabora con NósQuen somos

GRAZAS, MOITAS GRAZAS DE VERDADE…

Inicio / Noticias / GRAZAS, MOITAS GRAZAS DE VERDADE…
I
Publicado por
En Noticias

Por verbas tan fermosas, este proxecto merece o esforzo e adicación de tantas persoas.
Estimada alumna… moitas, moitas grazas e moita, moita sorte.

Reproducimos a continuación o CORREO QUE RECIBIMOS HOXE DUNHA ALUMNA QUE NOS EMOCIONOU PROFUNDAMENTE…

Rematou a miña vida de opositora! Por fin teño a miña ansiada praza de mestra!
Sei que o pasado ano cando fixen a avaliación sobre a academia, o preparador, a administración… dixen todo o que pensaba pero non quería deixar pasar a oportunidade de recordalo e repetilo agora máis ca nunca.
O meu maior erro foi non descubirvos antes. Estiven en XXXX dous anos e sei ben do que falo.
Facedes que nos sintamos persoas, a min transmitíadesme a sensación de que vos importa que aprobemos e nos vaian ben as cousas.
Na competencia sentinme como clienta onde os cartos estaban no primeiro punto de interese e a miña aprendizaxe no segundo posto.
De novo este ano parabéns por todo:
- Na administración de Santiago non poidestes ser máis atentas.
- A academia como organismo ten normas flexibles onde o importante é a formación do alumando e se para iso hai que facilitar un tema dun mes no que non se estivo faise e iso é algo que se valora moi positivamente.
- Que en xuño non se cobre máis ca metade do mes xa sen preguntar é un gran xesto, xa que noutro sitio che din que se pagas todo o mes podes ter asesoramento durante o propio proceso , e aquí telo igual sen necesidade de pagalo.
De verdade que xa sei que o ano pasado fixen a valoración e que a lestes e que mesmo chegara ós responsables de Nós e que me responderan persoalmente pero este ano non podía pasar sen recordalo de novo,agradecelo e recoñecervos o traballo BEN feito.
Ogallá teñades moito éxito. Eu encargareime de recomendarvos e dicir todo aquilo que facedes ben , que é MOITO!
PARABÉNS A TODOS E TODAS POR TODO!
De Zapata xa non podo escribir nada que non sexa ouro puro. Agora lle escribirei a el para darlle as infinitas grazas por todo. É un PROFESIONAL con todas as súas letras e de non ser por el se cadra eu hoxe non estaría festexando ter a miña praza de mestra.
Pido que lle fagades saber á dirección de NÓS que Zapata traballa a reo, nunca antes me atopara cun preparador tan implicado cos seus alumnos e alumnas, facendo cousas que non son nin competencia súa.
Por favor recoñecédelle a súa implicación e esforzo que só os
opositores que tivemos a sorte de coñecelo sabemos que ten.
É unha XOIA de preparador. Non o perdades porque sería unha gran pérdida!!!
De novo graciñas a todos os membros de nós, dende o máis alto directivo pasando por todos os demais membros do equipo que fixestes que este meu soño se fixese REALIDADE!
GRAZAS GRAZAS E GRAZAS por non vender ilusións se non soños que se cumplen.
Eternamente agradecida. Moi amables por todo de verdade.
Un saúdo agarimoso desta nova mestra.

Así mesmo remitimos unha nota de agradecemento ao alumnado en xeral do noso Xefe de Administración, Alberto López, que entendemos ilustra á perfección o que queremos expresar todas as persoas que formamos parte de NÓS OPOSICIÓNS.

“No medio de esta voráxine de traballo, quero parar cinco minutos para dirixirme a unha xente que ven de rematar algo tan duro como é unha oposición.

Este traballo ten as súas cousas, pero unha das máis gratificantes é pensar que hai xente que o día no que acada o gran obxectivo (funcionarios para toda a vida), unha das primeiras cousas que fan é chamar ou vir para compartir contigo a súa ledicia. Non teño palabras para expresar o agradecemento que teño para eles. Sodes estupendos. E inclúo aquí a xente que non o conseguíu pero amosou un profundo agradecemento.

Quero felicitar a todos os que o conseguichedes, e especialmente aos que me tocades máis de preto, os alumnos de Nós, en moitos casos amigos. Sodes moi grandes, e isto é froito do voso traballo, compromiso e dedicación.

Algúns de vós, amigos xa, espero mantervos preto pese a que finalice de maneira tan positiva a relación comercial. O bo de ser unha empresa pequena é que somos algo máis que empresa e clientes, somos amigos tamén.

Pero tamén isto ten unha parte mala. Xente que traballou a reo, que se esforzou como o que máis, que fixo todo o que tiña que facer, e suspenderonos. Teño algún caso en mente sangrante. É unha magoa que o sistema perda tan grandes docentes en base a criterios caprichosos.

En fin, agardo que todos quedarades o máis satisfeitos posibles, sendo autocríticos e vendo as vosas posibilidades, que a maioría o sodes!”

Artigos recentes
Contacto

Podes toparnos no teléfono: 981 927 420

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. CERRAR