ÚLTIMAS NOVAS
COMUNIDAD DE MADRID. CONVOCADAS PRAZAS DE SECUNDARIA
Publicada o 11 de maio no BOCM a Convocatoria de Oposicións Secundaria 2012 na Comunidade de Madrid.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 20 días desde a súa publicación.
Enlace convocatoria
A distribución de prazas convocadas por especialidade é a seguinte:
• Inglés: 100 prazas
• Física e Química: 35 prazas
• Xeografía e Historia: 30 prazas
• Latín: 10 prazas
• Grego: 5 Prazas
• Filosofía: 5 prazas
• Economía: 5 prazas.
A oposición constará de dúas probas. Cada unha delas será eliminatoria. A primeira versará sobre coñecementos...
CONVOCADAS 448 PRAZAS DE ENFERMARÍA ASTURIAS E CONVOCATORIA DE CANARIAS
O SESPAS, Servicio de Salud del Principado de Asturias, acaba de convocar no Boletin Oficial del Principado de Asturias o 15 de marzo, 448 PRAZAS DE ENFERMARIA (224 DE ACCESO LIBRE). O prazo de inscrición está aberto ata o 16 de abril...
+ info: consulta a convocatoria
-
GRUPO EN LUGO XA COMEZADO (MARTES).
-
GRUPO NA CORUÑA. COMEZO 8 DE MAIO.
-
informáte sen compromiso
CONVOCATORIA EN CANARIAS DE PRAZAS DE TÉCNICO DE LABORATORIO E TÉCNICO DE RAIOS. Aberto o prazo de inscrición ata o 17 de maio. + info.
OFERTA DE PRAZAS DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR
O xerente do Consorcio, Roberto Rodríguez, plantexou ás organizacións sindicais a posibilidade de comezar neste ano 2012 a execución da oferta complementaria de emprego público aprobada no ano 2008.
A execución desa oferta complementaria artellaríase en dúas fases, comenzando nun primeiro momento polas 178 prazas das escolas infantís (45 prazas de mestre, 106 de educadores infantís e 27 prazas de persoal de servizos xerais) e as dez prazas de persoal técnico dos servizos centrais do Consorcio...
EDUCACIÓN, ANO 2012, VOLVEMOS AOS TEMARIOS DE 1993
O Ministerio publicou o 7 de febreiro no BOE a Orde/ECD/191/2012 que restablece os temarios antigos, derrogando os aprobados en novembro de 2011.
Ao noso modesto entender esta decisión acarrea importantes consucuencias para todos, especialmente ao alumnado que leva meses traballando arreo nestes novos temas para telos ben preparados.
Ademais non informan de cal vai ser o temario para o 2013, tendo en conta que estamos a aproximademente 1 ano e medio de que sexan esas probas (xuño 2013) e dados os cambios que se supostamente se aveciñan no modelo de acceso, seria necesario que o Ministerio publicase xa como vai a ser o sistema de acceso, temarios, probas... xa que estes meses ata esa data van a ser moi necesarios tanto para nós que queremos facer un traballo serio e rigoroso (iso conleva planificacion e tempo para facer o planificado) como para o alumnado que terá que preparar un novo temario e unhas probas nun tempo relativamente curto (1 ano e poucos meses).
En fin toca estar atentos para ver que camiño segue o Ministerio con respecto ao sistema de acceso para o 2013, data en que a Consellería de C. e Educación de Galicia, se comprometeu a convocar unha oferta de emprego.
Seguiremos informando conforme vaiamos coñecendo mais datos.
APRAZAMENTO DA CONVOCATORIA DE EMPREGO PÚBLICO EN EDUCACIÓN
A Consellería de Cultura e Educación presenta aos sindicatos a proposta de aprazamento da convocatoria de oferta de emprego público.
A Consellería ten previsto consolidar e agregar as prazas deste ano –que non se perden- ás do 2013, previa reclamación ao novo goberno dunha taxa de reposición máis alta o vindeiro ano, que permita convocar un maior número de prazas para infantil, primaria e secundaria.
OPOSICIÓNS EDUCACIÓN E SANIDADE 2012. APROBADA TASA REPOSICIÓN 10%
O Consello de Ministros do 30 de decembro aprobou "No que se refire ao emprego público, conxelar os seus salarios e o número de empregados públicos. A taxa de reposición será cero exceptuando servizos sanitarios, docentes, as forzas armadas, forzas de seguridade e as inspeccións de Facenda e Traballo, onde se permitirá unha taxa do 10%.
No BOE do 31 de decembro regulase do seguinte xeito...
AMOSAMOSCHE OS NOVOS TEMAS DE EDUCACIÓN
Nós Oposicións preséntache un breve estracto dalgún dos novos temas para que comprobes se se axusta aos parámetros de calidade que ti demandas e ás túas necesidades formativas. Igualmente indicámosche que poñemos nos nosos centros a disposición de calquera persoa interesada uns poucos temas destes novos temarios para que os poidades ler e botarlles unha ollada por riba. Todo elo sen ningún tipo de compromiso. Os nosos temas están feitos especificamente para Galicia coa lexislación da nosa Comunidade xa incorporada. Desde o luns 21 de novembro están á vosa disposición.
EDUCACIÓN INFANTIL
EDUCACIÓN PRIMARIA
-
Podes descargar un tema completo en pdf e tamén un suposto práctico.
-
Os nosos temas están dispoñibles tanto en galego como en castelán e cada tema vai acompañado dun anexo para que, quen queira ampliar información poida facelo.
-
Elaboramos un suposto práctico por sesión e facemos 5 exames de supostos en todo o curso.
-
Igualmente ofrecemos a posibilidade de facer a preparación a distancia.
MÚSICA
EDUCACIÓN FÍSICA
-
Podes descargar un tema completo en pdf e tamén un suposto práctico.
-
Os nosos temas van acompañados dun anexo para que, quen queira ampliar información poida facelo.
-
Elaboramos un suposto práctico por sesión e facemos 5 exames de supostos en todo o curso.
-
Igualmente ofrecemos a posibilidade de facer a preparación a distancia.
OPOSICIÓNS EDUCACIÓN 2012. APROBADOS OS NOVOS TEMARIOS
No BOE do venres 18 de novembro aparecen publicados os novos temarios, tanto para o CORPO DE MESTRES, como para o CORPO DE SECUNDARIA e PROFESORES TÉCNICOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL. Estes temarios estarán vixentes para as convocatorias que se fagan con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2012. É de supoñer que ningunha administración educativa autonómica no que queda de 2011 convoque procesos selectivos, pero se así fose os temarios vixentes serian os de 1993. Se sucede como en convocatorias anteriores os procesos selectivos convocaranse en marzo ou abril e os temarios serán os aprobados agora no BOE.
CONVOCATORIA OPOSICIÓNS SERGAS
O SERGAS fixo pública a seguinte nota de prensa:
martes, 18 de outubro 2011
O SERGAS CONVOCARÁ UNHA OPE PARA GARANTIR A REPOSICIÓN DE EFECTIVOS NO COLECTIVO DE LICENCIADOS SANITARIOS
O Servizo Galego de Saúde vai convocar unha oferta pública de emprego (OPE) co obxectivo de estabilizar as plantillas no colectivo de licenciados sanitarios, onde isto é máis necesario.
O sector sanitario constitúe, dentro da Administración Pública, un servizo de carácter esencial, polo que no seu ámbito a reposición de efectivos -por xubilación e outras causas legalmente previstas- debe resultar prioritaria e quedar debidamente garantida.
Nesta OPE convocaranse 176 prazas vacantes ocupadas, axustándose á porcentaxe establecida na Lei de Orzamentos Xerais do Estado do ano 2011 e na Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2011.
A oferta de emprego irá precedida do correspondente concurso de traslados, no que se ofrecerá previamente aos propietarios de prazas no sistema a posibilidade de mellorar o seu destino definitivo.
A celebración deste concurso de traslados ?previo por primeira vez á OPE- permitirá que na oferta se convoquen as prazas estritamente necesarias, é dicir, as que non teñan sido solicitadas por propietarios do Sergas ou doutros servizos de saúde.
Organización dos cadros de persoal do Sergas
A organización e deseño dos cadros de persoal do Sergas efectúase tomando en consideración a estrutura, as características e as necesidades asistenciais da poboación.
A renovación das plantillas coa incorporación de novos titulados garantirá a dispoñibilidade de persoal de cadro para cubrir as necesidades de atención continuada e realización de gardas médicas, favorecendo unha constitución estable dos equipos.
Ademais, está previsto que o próximo ano o Servizo Galego de Saúde prepare unha nova oferta de emprego público para convocar prazas... de enfermería...
O xornal "La Voz de Galicia" recollía o mércores 19 de outubro na súa páxina 12 esta nova: "El Sergas convocará oposiciones para cubrir 176 plazas". El Servizo Galego de Saúde confirmó...
POLICIA. NATRÍCULA GRATUÍTA E 1ª SEMANA DE CLASES GRATIS
-
Comezo dos novos grupos para o mes de decembro.
-
EQUIPO DE PREPARADORES composto por 3 preparadores (INSPECTORES E SUBINSPECTORES do C.N. de Policia).
-
IMPORTANCIA que lle imos a prestar AS PROBAS PSICOTÉCNICAS que as imos a traballar a través de clases específicas.
-
Mes de novembro a matrícula será gratuita
-
1ª SEMANA DE CLASE SERÁ GRATUITA E SEN COMPROMISO DE PERMANENCIA.
CORREOS. COMEZO GRUPO PREPARACIÓN A CORUÑA
-
COMEZO DO GRUPO: 07 de novembro.
-
MATRÍCULA: Ata o 31 de outubro será gratuíta.
-
HORARIO: As clases desenvolveranse os luns de 5 a 8 da tarde
-
PROFESORADO: As clases serán impartidas por un docente cunha ampla experiencia na preparación das oposicións de Correos e que profesionalmente desenvolveu numerosas responsabilidades en Correos.
-
TEMARIO: Contamos cun temario de máxima solvencia e actualizado lexislativamente.
-
+INFO
INSTITUCIÓNS PENITENCIARIAS. PRESENTACIÓNS
Comezamos un curso máis a preparación dos grupos de Institucións Penitenciarias en A Coruña e Santiago.
A presentación dos mesmos será o:
2 CLASES GRATIS ( DÍAS 25 E 27 DE OUTUBRO).
O equipo de preparadores está composto por tres docentes cunha ampla experiencia profesional e docente.
Se queres coñecer as condicións especiais de preparación para estes grupos podes solicitar información en calquera dos nosos centros.
Ver tódalas novas da web